Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

O Rexurdimento Galego: orixe, contexto e autores clave

Lingua e literaturaActualizado o 2,99 KB

O Rexurdimento: Orixe e Contexto Histórico

Orixe do Movemento

Este movemento, entre finais do século XIX e principios do XX, impulsou a recuperación da nosa cultura. En 1863 publicouse Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra que marca o inicio deste período. Esta publicación supuxo a demostración do galego como lingua apta para chegar aos máis altos graos de expresión artística.

Factores que Impulsaron o Rexurdimento

O Rexurdimento prodúcese pola combinación dos seguintes factores:

  • A influencia das ideas da Ilustración (S. XVIII) en personaxes como o Padre Sarmiento.
  • A repercusión da Guerra da Independencia, que xerou a conciencia dun pobo que precisaba un autogoberno.
  • A ideoloxía romántica, que exaltaba a liberdade e a defensa
...
Seguir lendo "O Rexurdimento Galego: orixe, contexto e autores clave" »

Galicia no século XIX: Rexurdimento, galeguismo e lingua galega

Lingua e literaturaActualizado o 2,75 KB

Galicia no século XIX

O século XIX foi unha época de cambios importantes en Galicia, que afectaron ao ámbito político e social, pero tamén ao cultural e lingüístico. Estes cambios déronse dun xeito continuo ao longo de todo o século, mesmo na literatura.

O Rexurdimento

O 17 de maio de 1863 é a data que marca simbolicamente o comezo do noso pleno Rexurdimento literario, coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

No seo desta cidade fóronse producindo enfrontamentos entre dous bloques ideolóxicos: os conservadores (partidarios do absolutismo) e os liberais (herdeiros dos ilustrados do XVIII). A partir da ideoloxía liberal e da romántica aparece o galeguismo. Este movemento político tivo tres etapas:

  • Provincialismo:
...
Seguir lendo "Galicia no século XIX: Rexurdimento, galeguismo e lingua galega" »

Os biosbardos de Eduardo Blanco Amor: resumo

Lingua e literaturaActualizado o 1,41 KB

outros poetas vangardistas: Álvaro Cunqueiro pàrticipou tamén dos outros movementos de vangardas, sobre todo do Cubismo e do Surrealismo.--Eduardo Blanco Amor: publica Romances galegos de liña popularista, próxima á poesia de Xeracion dos 27 castelá, e Poema en catro tempos.--ManuelLuís Acuña. Publicou fírgoras fundamentalmente creacionista.-- Luís pimentel: Triscos.  A prosa de vangasrdas: Rafael Dieste é o máis importante prosista desta xeración, escribiu Dos arquivos do trasno, un conxunto de relatos de misterio no que retrata a psicoloxia da xente galega,a obra de teatro A fiestra valdeira.

Cantigas de amigo galegas: análise, símbolos e recursos

Lingua e literaturaActualizado o 3,81 KB

Vaiamos irmana, vaiamos durmir

Resumo: a moza pide á irmá que a acompañe a durmir na beira do lago onde está cazando aves o seu amigo. As que cantan ben non as mata (lectura literal)

Lectura simbólica: a moza pide á irmá que a acompañe na beira do lago onde ten unha cita co seu namorado. O mozo anda conquistando chicas na beira do lago e queda coas máis guapas.

Símbolos:

  • As aves: que simbolizan as mozas.
  • Cazar aves: conquistar a moza.
  • As aves que cantan ben: son as mozas guapas.

Lugar:

Na beira do lago.

A que se dirixe a moza?

Diríxese á irmá que actúa como confidente.

Recursos:

  • Paralelismo (o primeiro verso de cada estrofa de dous a dous)
  • Leixaprén
  • Refrán: último verso de cada estrofa.

Ainas Nunes

Resumo: a protagonista pide ás amigas que...

Seguir lendo "Cantigas de amigo galegas: análise, símbolos e recursos" »

A diversidade lingüística na Península Ibérica e o caso do galego

MatemáticasActualizado o 3,08 KB

A Diversidade Lingüística na Península Ibérica: Linguas Faladas, Usos e Situación Legal. O Caso Galego:

A Constitución española establece que o castelán é a lingua oficial do estado, e que todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala. Os respectivos Estatutos de Autonomía establecen a oficialidade do catalán, do éuscaro e do galego nos seus territorios. Porén, os cidadáns destas comunidades non teñen o deber de coñecer esas linguas, só o dereito de coñecelas e usalas, o que establece un principio de desigualdade entre o castelán e as demais linguas faladas na Península Ibérica.

Linguas Faladas na Península Ibérica

Despois da conquista romana, só unha pequena zona da Península, situada no oeste dos...

Seguir lendo "A diversidade lingüística na Península Ibérica e o caso do galego" »

O Grupo Nós: fundadores, revista Nós e legado cultural galego

Lingua e literaturaActualizado o 3,62 KB

O Grupo Nós: Fundadores e Legado Cultural

Orixe e Composición do Grupo Nós

O Grupo Nós estaba formado por figuras senlleiras da cultura galega como:

  • Vicente Risco
  • Florentino Cuevillas
  • Ramón Otero Pedrayo
  • Antón Losada Diéguez

Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á xeración das Irmandades da Fala. Caracterizábanse pola súa procedencia social acomodada e a súa evolución cara ao galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo. A eles uniuse posteriormente Castelao.

A Revista Nós: Un Faro Cultural

O nome do grupo procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920. Ata a súa desaparición en 1936, publicáronse un total de 144 números. Foi a publicación máis importante de Galicia da preguerra...

Seguir lendo "O Grupo Nós: fundadores, revista Nós e legado cultural galego" »

Lírica medieval galego-portuguesa: historia, cantigas e características

Lingua e literaturaActualizado o 4,47 KB

Lírica Medieval Galego-Portuguesa

O galego-portugués convértese nunha lingua lírica por excelencia. Os poetas de Galicia, Portugal e o resto de Hispania escriben en galego-portugués.

Idade de Ouro da Lírica Medieval

Causas:

  • Independencia política.
  • Auxe económico e tranquilidade social durante a Reconquista.
  • Esplendor cultural da cidade de Santiago.
  • Existencia de cantigas de tradición oral nas que a muller é fundamental.
  • Influencia da lírica provenzal introducida no Camiño de Santiago e polos nobres provenzais.

A Canción Provenzal

Máxima expresión da teoría do amor cortés.

Características da Canción Provenzal:

  • Sumisión total do namorado ante a dama.
  • A amada é perfecta física e moralmente.
  • Os namorados son aristócratas.
  • O amor é un sentimento
...
Seguir lendo "Lírica medieval galego-portuguesa: historia, cantigas e características" »

Demografía e migracións en España e Galicia: estrutura da poboación

XeografíaActualizado o 3,04 KB

Estrutura e Dinámica da Poboación Mundial

Poboación Nova vs. Poboación Envellecida

A poboación nova é propia de países atrasados de África, Asia e América Latina. Esta estrutura demográfica vai acompañada de graves problemas:

  • Desnutrición
  • Analfabetismo
  • Altas taxas de paro

A poboación envellecida é propia dos países ricos de Europa, Estados Unidos, Canadá e Xapón. Esta situación provoca escaseza de traballadores e elevados gastos en pensións, sanidade e atencións sociais para os maiores.

A Poboación en España e Galicia (Datos de 2009)

Distribución e Densidade en España

En 2009, a poboación absoluta de España era de 46,7 millóns de persoas. A densidade media era de 92,6 hab/km².

Comunidades Autónomas máis e menos poboadas

As...

Seguir lendo "Demografía e migracións en España e Galicia: estrutura da poboación" »

Comentario de texto sobre o hilozoísmo e a poesía imaxinista de Luís Amado Carballo

Lingua e literaturaActualizado o 1,35 KB

O hilozoísmo,animismo ou imaxinismo ten como tema principal do poema a natureza , que aparece humanizada mediante constantes de personificacións.

Está estética combina a tradición paisaxística dos séculos XIX coa riqueza das imaxes e metáforas características da poesía de vangarda.A poesía imaxinista amosa así unha gran sensualidade;a súa meta é a creación de imaxes nas que se reunén elementos visuais e auditivos,con predominio das cores fortes e vivas.A métrica e sinxela,fundamentalmente versos curtos de rima asoante.
O iniciador e principal cultivador desta tendencia foi Luís Amado Carballo.
Publicoudous libros de poemas : Proel,O Galo...E publicou,unha novela e uns relatos.

Etapas da dixestión humana e absorción de nutrientes

BioloxíaActualizado o 3,35 KB

O Proceso Dixestivo: Etapas Fundamentais

1. A Boca e a Formación do Bolo Alimentario

Na boca, o alimento mestúrase coa saliva, formando o bolo alimentario.

Función das Glándulas Salivares

A saliva, fabricada polas glándulas salivares, contén, entre outras substancias, unha enzima dixestiva chamada amilase que inicia a dixestión do amidón.

2. O Esófago e os Movementos Peristálticos

Mediante os movementos peristálticos, que son contraccións e dilatacións dos músculos da parede do esófago, o bolo alimentario é amasado, mesturado e impulsado cara ao estómago.

3. O Estómago e o Zume Gástrico

Na súa parede interna hai glándulas secretoras de zume gástrico, que contén:

  • Proteases (enzimas que actúan sobre as proteínas).
  • HCl (ácido clorhídrico)
...
Seguir lendo "Etapas da dixestión humana e absorción de nutrientes" »