Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Usos do pronome se, te/che e conxuncións, con dativo de interese e solidariedade

Lingua e literaturaActualizado o 3,74 KB

USO DE SE

-Reflexiva: María lavouse -Recíproca: Juan e Pedro abrazáronse

-Voz Media: A porta pechouse despacio

-Verbos Pronominais: O rapaz abandonouse moito

-Pasiva Reflexa: Alúganse baixos comerciais  -Activa Impersoal

USO DE TE e CHE

Pasar A oración a 3ª persoa:

-Si Usas O/A debes Usar TE-Si Usas LLE Debes usar CHE

Preposición: A, agás, ata, bardante(excepto), cas, con, contra, de , deica, dende ,desde, durante , en ,entre, excepto,fóra, malia, mediante, para, Perante, por, quitando, sacando, salvo, segundo, sen ,senón,sobre, Tras

Locucións Preposicionais: á carón De, a carón de, a diferenza de , a par de , a pesar de, a prol de, a Rente de, a respecto de, acerca de , alén de( o outro lado de), Antes de , ao redor de , cabo de ,...

Seguir lendo "Usos do pronome se, te/che e conxuncións, con dativo de interese e solidariedade" »

Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal: temas, bardismo e lingua

CastelánActualizado o 1,42 KB

Eduardo pondal. Obra:
-a sua primeira obra e `A campana de Anllons´ (album de la caridad,1862)
-en 1866 publica Queixumes dos pinos: ten 91 poemas, no primeiro un bergantiñan escoita os queixumes dos pinos, despois aparece a traducion deses queixumes polo bardo e por ultimo o bergantiñan aclara as mensaxes do bardo
a obra ten duas liñas tematicas: 
 .Poesia civico- patriotica: pretende exaltar Galicia e defender as raices celtas(celtismo). Pondal vese como o bardo que guia ao pobo.Considera o pasado glorioso, o presente de escravitude e o futuro de esperanza.
 .Poesia lirica: falan da natureza( en estado puro e sen presenza humana) e da muller (a veces de forma romantica e outras como presa do home)

lingua. 
- pondal pretende converter o galego
...
Seguir lendo "Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal: temas, bardismo e lingua" »

A Xeración Nós e o nacionalismo galego: preguntas e respostas clave

Lingua e literaturaActualizado o 4,12 KB

1) Cal é o medio polo que os integrantes da Xeración Nós publicaban as súas obras?

Mediante a revista Nós.

2) Que características non comparte Castelao con respecto aos seus compañeiros de xeración?

Extracción social acomodada.

3) Que son as Irmandades da Fala? Cal é o seu obxectivo primordial?

Grupos ou asociacións de persoas que teñen como elemento primordial exaltar e dignificar o mundo galego. Exaltar e dignificar a lingua galega.

4) Enumera os obxectivos do nacionalismo galego:

  • Autonomía para Galicia.
  • A cooficialidade lingüística entre galego e castelán.
  • Ingreso na Sociedade das Nacións.
  • Potenciación da cultura galega.
  • A igualdade de dereitos para a muller.
  • A garantía de que o pobo puidese expresarse libremente nas eleccións.
  • A
...
Seguir lendo "A Xeración Nós e o nacionalismo galego: preguntas e respostas clave" »

Grupo Nós, vangardas e autores clave: Risco, Pedrayo e Castelao

Lingua e literaturaActualizado o 3,99 KB

O Grupo Nós: Características e Membros Fundamentais

  • Membros: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez e Florentino López Cuevillas.
  • Cronoloxía: Naceron entre 1884 e 1890.
  • Orixe e Formación: Ourensáns, de clase media acomodada, con formación universitaria.
  • Afiliacións: Pertencen ás Irmandades da Fala e ao Seminario de Estudos Galegos (SEG).
  • Evolución Ideolóxica: Transición cara ao galeguismo desde o cosmopolitismo e o exotismo.
  • Obxectivos: Interese por modernizar e europeizar a cultura galega dun xeito didáctico e a través dun atlantismo celtista.
  • Actividade: Publicaron na revista Nós e participaron no Partido Galeguista.
  • Legado: Consolidan e modernizan a prosa. Preocupación polo desenvolvemento do estudo.

As Vangardas

...
Seguir lendo "Grupo Nós, vangardas e autores clave: Risco, Pedrayo e Castelao" »

Autores da nova narrativa galega: Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares e María Xosé Queizán

Lingua e literaturaActualizado o 1,65 KB

Autores da nova narrativa:
Xoxe Luis Mendez Ferrin:
E unha figura clave para entender a narrativa da segunda metade do S XX. Publicou o seu primeiro libro de relatos, Percival e outra historias. Tamen se poden encadrar dentron da Nova Narrativa O crepusculo e as formigas e na novela Arrabaldo do norte. Na sua obra combinanse de xeito maxistral a dureza e o lirismo, podemos atopar temas moi diversos, dende relatos realista ate outros de misterio ou de terror, moitas veces tinxindo cun cklaro fondo politico.
Carlos Casares:
Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres, unha novela onde experimenta con diferentes tecnicas vangardistas. Todas as obras de Carlos Casares estan moi traballadas
...
Seguir lendo "Autores da nova narrativa galega: Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares e María Xosé Queizán" »

Redacción técnica: partes da carta formal, parágrafo, abreviacións, siglas, acrónimos e símbolos

MatemáticasActualizado o 3,15 KB

Partes dunha carta formal

Unha carta formal consta das seguintes partes:

  • Membrete: cos datos completos.
  • Destinatario/a: nome, enderezo e posto ou cargo.
  • Lugar e data: en que se escribe.
  • Asunto: sintetizado en moi poucas palabras.
  • Saúdo formal: variará segundo o cargo, posto ou relación co receptor/a.
  • Corpo da carta: non deberá excederse en detalles superfluos.
  • Despedida: seguindo o tratamento comezado no saúdo.
  • Sinatura: do emisor ou emisora da carta.

Estrutura de parágrafo

Defínese como un conxunto de oracións que desenvolven un único tema. Un parágrafo ben estruturado contén:

  • Frase inicial: elemento máis importante. Ao ser o primeiro que lemos, debe introducir o tema central.
  • Frases centrais: desenvolven o tema e poden estar estruturadas
...
Seguir lendo "Redacción técnica: partes da carta formal, parágrafo, abreviacións, siglas, acrónimos e símbolos" »

Guía literaria: Follas Novas e Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

Lingua e literaturaActualizado o 2,68 KB

Introdución

Ola, que tal? Espero que ben. Teño que ir deixando. TQQQ, meu anxel!!

Segundo poemario: Follas Novas (1880)

Trata de asuntos distintos empregando diferentes procedementos expresivos e de perspectiva. A obra salienta pola súa métrica, os seus temas e a súa estrutura.

Características principais

  • Métrica: Metricamente, o libro resulta moi innovador, xa que a autora experimenta con novas combinacións métricas que se anticipan á renovación que, anos máis tarde, levarían a cabo os modernistas.
  • Temas: Adóitase falar de dous grandes temas que se desenvolven no libro: a sociedade galega e o eu existencial da autora. Trátase dunha combinación de poesía social e poesía intimista, mais tamén se podería falar dun pequeno grupo de
...
Seguir lendo "Guía literaria: Follas Novas e Cantares Gallegos de Rosalía de Castro" »

Irmandades da Fala, Castelao e as vangardas en Galicia

Outras linguas estranxeirasActualizado o 2,97 KB

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala naceron por iniciativa dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, os cales, tras unha campaña xornalística en defensa da lingua galega, conseguiron xuntar na Coruña un grupo de persoas preocupadas pola cultura galega e fundar, no ano 1916, a Irmandade de Amigos da Fala da Coruña. O seu obxectivo fundamental foi a dignificación da lingua galega (recuperación, dignificación e normalización). A imitación desta constituíronse outras irmandades por toda Galicia. En 1918 xuntáronse todas en Lugo na I Asemblea Nacionalista e fundaron as Irmandades da Fala como unha organización política unitaria (alí nomeáronse nacionalistas e sentáronse as bases da teoría do nacionalismo de Vicente Risco)....

Seguir lendo "Irmandades da Fala, Castelao e as vangardas en Galicia" »

Conceptos económicos, sectores e residuos: resumo para estudar

Ciencias sociaisActualizado o 3,85 KB

Conceptos Económicos Fundamentais

Economía: É o conxunto de bens, servizos e actividades que constitúen a riqueza dun territorio.

Balanza Comercial: Rexistro das importacións e exportacións dun país durante un período.

Macroeconomía: Rama da teoría baseada no estudo das macromagnitudes económicas.

Microeconomía: Rama da economía que estuda o comportamento das familias e as empresas na toma de decisións sobre a asignación de recursos limitados.

Distribución dos Ocupados por Sectores Económicos

A distribución está dividida en tres sectores: primario, secundario e terciario. Existe un gran desequilibrio, xa que o sector terciario é o que máis ingresos xera en España.

Características da Agricultura, Gandería e Pesca en España

Agricultura

O...

Seguir lendo "Conceptos económicos, sectores e residuos: resumo para estudar" »

Análise do poema de Curros Enríquez dedicado a Rosalía de Castro

Lingua e literaturaActualizado o 3,66 KB

Este poema foi escrito por Curros Enríquez no s. XIX. O poeta naceu en Celanova, Ourense. Tivo unha vida marcada por acontecementos significativos: fuxiu a Madrid escapando dun pai autoritario e violento; foi exiliado a Londres por asinar un artigo xornalístico; e marchou a Cuba fuxindo dunha vida complicada, con persecucións políticas, enfrontamentos coa igrexa e a perda da nai e de tres fillos.

Na Habana, fundou unha sociedade que serviría de modelo para a posterior creación da Real Academia Galega na Coruña, presidida por Manuel Murguía. Curros Enríquez foi homenaxeado en vida e acadou numerosos recoñecementos.

Este poema pertence a Aires da miña Terra, unha obra que xerou un grande escándalo ao ser considerada blasfema e herética....

Seguir lendo "Análise do poema de Curros Enríquez dedicado a Rosalía de Castro" »