A diversidade lingüística na Península Ibérica e o caso do galego

MatemáticasActualizado o 3,08 KB

Resumo

O texto describe a situación legal das linguas en España, segundo a Constitución e os Estatutos de Autonomía, e a orixe das linguas faladas na Península Ibérica tras a romanización. Tamén presenta o plurilingüismo no mundo, o número aproximado de linguas e os falantes das máis faladas, e a clasificación das linguas en familias.

Puntos clave

  • A Constitución española establece o castelán como lingua oficial e o deber de coñecela, mentres que o catalán, o éuscaro e o galego son oficiais nos seus territorios segundo os Estatutos de Autonomía.
  • Só o éuscaro, falado ao oeste dos Pirineos, pervive como lingua prerromana na Península.
  • Tras a caída do Imperio romano xurdiron o galego, o portugués, o asturiano, o castelán, o aragonés e o catalán.
  • Calcúlase que existen entre 3.000 e 5.000 linguas no mundo.
  • O plurilingüismo é a convivencia de varias linguas nun mesmo estado; a área de maior diversidade é Papúa Nova Guinea, con aproximadamente 1.000 linguas.
  • As linguas indoeuropeas, descendentes do protoindoeuropeo, forman a familia que agrupa as linguas románicas, xermánicas, eslavas, célticas e bálticas, entre outras.

Ponte á proba

A Diversidade Lingüística na Península Ibérica: Linguas Faladas, Usos e Situación Legal. O Caso Galego:

A Constitución española establece que o castelán é a lingua oficial do estado, e que todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala. Os respectivos Estatutos de Autonomía establecen a oficialidade do catalán, do éuscaro e do galego nos seus territorios. Porén, os cidadáns destas comunidades non teñen o deber de coñecer esas linguas, só o dereito de coñecelas e usalas, o que establece un principio de desigualdade entre o castelán e as demais linguas faladas na Península Ibérica.

Linguas Faladas na Península Ibérica

Despois da conquista romana, só unha pequena zona da Península, situada no oeste dos Pirineos, quedou sen latinizar; actualmente nesta zona fica o éuscaro, a única lingua prerromana que pervive na Península ata os nosos días. Cando desapareceu o Imperio romano, segundo se foron conformando os distintos reinos e cobraron importancia cidades como Santiago de Compostela, Oviedo, León, Toledo, Braga e Coimbra, xurdiron como linguas diferenciadas o galego, o portugués, o asturiano, o castelán, o aragonés e o catalán.

As Linguas no Mundo: Plurilingüismo e Multiculturalidade:

1. Introdución: A facultade humana que denominamos linguaxe plásmase en milleiros de linguas distribuidas por todo o planeta. Calcúlase que existen no mundo entre 3.000 e 5.000 linguas. A realidade multilingüe está presente a escala mundial, condicionando as relacións sociais, económicas e políticas. O crecente dominio dun número reducido de linguas internacionais parece restarlle evidencia ao feito de que a maior parte dos países do mundo se enfrontan actualmente con situacións de conflito natural e linguas en contacto. Non é posible identificar comunidade política con comunidade lingüística. O modelo unitarista que identifica 1 estado = 1 lingua é unha excepción.

Ao lado de estados unilingües como Islandia, temos estados multilingües -a maioría- como España. A área de maior diversidade lingüística é Papúa -Nova Guinea- con aproximadamente 1.000 linguas. Este fenómeno consistente na convivencia de varias linguas nun mesmo estado chámase plurilingüismo.

2. As Linguas Segundo o Número de Falantes: Linguas máis faladas: Chinés (1.000 millóns de falantes), Inglés (350), Español (250), Hindi (250), Árabe (200)...

3. As Familias Lingüísticas: Unha familia de linguas consiste en idiomas intimamente relacionados dado que todos eles proveñen dun mesmo primeiro idioma, sendo eles os derivados. Agruparemos así as linguas segundo criterios xenéticos: Europa (linguas indoeuropeas: románicas, xermánicas, eslavas, albanés, armenio, linguas bálticas e célticas). En definitiva, todas as linguas descendentes doutra anterior, o protoindoeuropeo.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que lingua é a única prerromana que sobrevive na Península Ibérica?

O éuscaro é a única lingua prerromana que pervive na Península ata os nosos días. Fala-se nunha zona situada ao oeste dos Pirineos.

Cantas linguas existen no mundo?

Calcúlase que existen entre 3.000 e 5.000 linguas en todo o planeta. A realidade multilingüe está presente a escala mundial.

Que é o plurilingüismo?

É o fenómeno consistente na convivencia de varias linguas nun mesmo estado. A maioría dos estados do mundo son multilingües, como España.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Segundo a Constitución española, cal é a lingua oficial do estado?
2. Que lingua prerromana pervive na Península Ibérica?
3. Cal é a área de maior diversidade lingüística do mundo segundo o texto?
4. Que se entende por plurilingüismo?
5. Que lingua ten máis falantes segundo o texto?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.