Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Estructuras de mercado: características, roles, ventajas y ejemplos

Castelán9,9 KB

Mercado de libre competencia

Mercado de libre competencia: es el sistema en el que el precio de los bienes es acordado por el convenio entre los vendedores y los compradores, mediante las leyes de la oferta y la demanda.

Características

  • Muchos compradores y vendedores: cuando se determina el precio de equilibrio, es un precio aceptado tanto por los vendedores como por los compradores.
  • Los compradores y vendedores deben ser indiferentes respecto a a quién comprar y a quién vender, ya que el precio es lo decisivo.
  • Los compradores y vendedores tienen un conocimiento de las condiciones del mercado: el precio debe ser conocido tanto por compradores como por vendedores.
  • Libre movilidad de los recursos productivos: es un mercado en el que no existe ninguna
...
Seguir lendo "Estructuras de mercado: características, roles, ventajas y ejemplos" »

Ciencias Sociais: Conceptos, Entorno e Teoría das 3 Velocidades

Informática5,72 KB

Ciencias sociais

Conxunto de coñecementos organizados en base a teorías que son comprobables mediante un método. Son sociais porque o centro deste conxunto de saberes son as relacións humanas.

Obxectivo

Dotar aos nenos de capacidades que lles permitan reproducir esas estruturas de convivencia baixo dous conceptos:

  • Autonomía: reproducilas con liberdade para escoller.
  • Igualdade: igualdade de oportunidades, entendida polo respecto á diversidade.

Contorno

Definición

Conxunto de elementos que compoñen a realidade social, que se relacionan entre si nun sistema aberto e que tenden ao equilibrio.

Factores

Existen dous tipos de factores:

Os factores humanos

Están constituídos por elementos sociais (familia, traballo, amizade), elementos políticos (escola,...

Seguir lendo "Ciencias Sociais: Conceptos, Entorno e Teoría das 3 Velocidades" »

A Prosa e Poesía Galega de Posguerra: NNG e Xeracións

Lingua e literatura4,23 KB

Novos Narradores Galegos (1954-1970)

Están protagonizados por autores/as novos e con formación universitaria. Rachan coa forma de narrar tradicional, optan por múltiples formas narrativas: 1ª persoa, narración epistolar, corrente de conciencia. Renuncian á liña de tempo e localización concreta. Espazos urbanos, dan entrada ao mundo dos soños. Tratan o ser humano como un obxecto máis, degradado. Renegan do eixebrismo, teñen universalidade nos textos. Introducen temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial. Influencias do Nouveau Roman francés, Proust, Joyce, Kafka...

Autores destacados

  • Neira Vilas: Non pertence aos NNG pero escribe neste tempo: Memorias dun neno labrego / Cartas a Lelo / Aqueles anos do Moncho.
  • Méndez Ferrín:
...
Seguir lendo "A Prosa e Poesía Galega de Posguerra: NNG e Xeracións" »

A evolución do teatro e da prosa en galegal desde finais do século XX

Outras linguas estranxeiras8,37 KB

O teatro galego desde finais do século XX

A finais do século XX, o teatro galego experimentou unha gran evolución grazas á labor crucial dos grupos de teatro independente e dos autores que participaron nas mostras de obras dramáticas dos 70. A partir dos 80, o apoio institucional democrouse na consolidación da dramaturxia galega. Na década dos 80 o teatro profesionalizouse e fundouse a asociación profesional de teatro galego en Sada. Neses momentos comezaron a aparecer salas estables. A comezos do 84 naceu o Centro Dramático Galego, símbolo do teatro institucional, co obxectivo de recuperar a profesión e representar obras que ata o momento non foran levadas a escena por falta de apoios.

Durante a etapa do teatro independente van aparecer...

Seguir lendo "A evolución do teatro e da prosa en galegal desde finais do século XX" »

Historia do galego de 1900 a 1975: substitución lingüística e normalización

Lingua e literatura4,58 KB

Historia do galego de 1900 a 1975

De 1900 a 1936 o galego continúa o proceso de substitución polo castelán, e o carácter e a inclinación da maioría da poboación contribúen a reforzar os prexuízos lingüísticos cara á lingua. As Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos reivindican o valor do galego, utilizándoo en todos os ámbitos e empregándoo en textos escritos literarios e non literarios, o que supón un importante salto cualitativo. Neste período o galego é a lingua maioritaria da poboación, pero segue afastada dos ámbitos de prestixio, reservados ao castelán.

Durante a ditadura

No período da ditadura, o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán acentúase desde o punto de vista...

Seguir lendo "Historia do galego de 1900 a 1975: substitución lingüística e normalización" »

A cultura galega na posguerra e no exilio

Lingua e literatura3,34 KB

A cultura galega na posguerra

Na posguerra prodúcense importantes cambios culturais e políticos en Galicia:

  • Desaparecen as organizacións políticas autóctonas.
  • Desaparece a prensa e a edición en galego.
  • O Seminario de Estudos Galegos é substituído polo Instituto Padre Sarmiento en castelán, aínda que se tolerou que se continuase a usar o galego na vida cotiá.

A supervivencia da lingua e a literatura no exilio

É fundamental o labor realizado por Galicia no exterior. A influencia galega do exilio vén marcada pola guerra, pola nostalxia da terra deixada e polo tema social.

O exilio en América

  • Na Arxentina: Bos Aires salva a dimensión cultural nos anos da posguerra. Alí concordan a emigración e os intelectuais da República. Luís Seoane
...
Seguir lendo "A cultura galega na posguerra e no exilio" »

A Prehistoria en Galicia: Paleolítico, Neolítico e Castros

Ciencias sociais3,74 KB

A Prehistoria: Etapas e Orixe

A prehistoria é a etapa máis longa da historia que vai desde a aparición do home ata a aparición da escritura. O Paleolítico abrangue dende 12000/1000 a.C. e o Neolítico dende o 8000/IV m.

A orixe do home e a homonización

A teoría da evolución de Darwin sinala que o home ten orixe animal (o paso de animal a home chámase homonización). Este paso é froito do bipedismo (animais de 2 patas) e as súas consecuencias son:

  • As mans quedan libres.
  • Cámbia a alimentación e a estrutura dentaria.
  • Aumenta a capacidade cerebral.
  • O home pode fabricar útils e empeza a falar.

O Paleolítico

O Paleolítico é a etapa máis antiga e larga da Idade de Pedra (prehistoria). É a era cuaternaria con grandes alternancias climáticas....

Seguir lendo "A Prehistoria en Galicia: Paleolítico, Neolítico e Castros" »

Bloques e áreas dialectais do galego: trazos fonéticos, morfolóxicos e léxicos

Outras linguas estranxeiras7,12 KB

Bloque occidental

  • Seseo implosivo (luz → lus)
  • Gheada (amigo → amigho)
  • Metafonía nominal e alteracións do timbre das vogais tónicas
  • Plural en -ns (canción/cancións, can/cans)
  • Terminación -án masculina e feminina (o/a irmán)
  • Ti como pronome suxeito de 2.ª persoa
  • Formas de P2 do pretérito indicativo (colleches, vendeches, foches; colliches, vendiches, fuches)

Áreas

Área de Fisterra

  • Seseo explosivo (sapato, cosiña → zapato, cociña)
  • Cheísmo (invítoche a comer → invítote a comer)

Zona norte: emprego do ditongo -ui- (muito → moito), presenza de -i- velar tónica nas formas verbais de P3 do pretérito indicativo dos verbos da 2.ª e 3.ª conxugación (colliu, partiu → colleu, partiu).

Zona sur: aparecen formas do ditongo -oi- (moito)...

Seguir lendo "Bloques e áreas dialectais do galego: trazos fonéticos, morfolóxicos e léxicos" »

Sistema circulatorio e vías urinarias: guía completa

Bioloxía3,79 KB

Medio interno, sangue e linfa

O líquido intersticial baña directamente as células. O sangue e a linfa realizan a tarefa de recoller, repartir e eliminar o que as células necesitan ou refugan, a través dos sistemas que forman parte do aparello circulatorio.

Sistema circulatorio sanguíneo

O sangue transporta nutrientes e osíxeno a todo o organismo, así como recolle os refugallos procedentes do metabolismo celular para levalos aos órganos encargados da excreción e expulsión.

Sistema circulatorio linfático

O sistema linfático recolle o exceso de líquido intersticial que rodea as células para devolvelo ao sangue. Tamén transporta graxas absorbidas no intestino e forma parte do sistema de defensa do noso organismo.

Vasos sanguíneos

Arterias

As...

Seguir lendo "Sistema circulatorio e vías urinarias: guía completa" »

Reino Plantas: Estrutura, Nutrición e Reprodución

Bioloxía4,03 KB

Reino Plantas

O reino das plantas está formado por organismos pluricelulares eucariotas, cuxa célula contén cloroplastos e parede celular. As plantas máis sinxelas non teñen órganos; as máis complexas sí, e posúen raíz, talo, follas e producen flores.

Órganos das plantas

RAÍZ: fixa a planta ao terreo, crece cara ao interior, absorbe auga e substancias minerais.

TALO: mantén a planta erguida, sostén as follas, os froitos e as flores. Contén condutos polos que circulan as substancias desde a raíz, as follas, etc.

FOLLAS: órganos onde a planta elabora nutrientes, poden ter distintas formas. Teñen dúas partes: limbo, parte ensanchada e plana, e pecíolo, parte que une o limbo co talo. A cara inferior do limbo é o envés e a superior...

Seguir lendo "Reino Plantas: Estrutura, Nutrición e Reprodución" »