Congreso de Viena: Restauración e Santa Alianza en Europa

Historia1,43 KB

A Europa do Congreso de Viena (1815)

Os reinos vencedores de Napoleón, reunidos nun Congreso en Viena en 1815, restableceron as formas políticas do Antigo Réxime e modificaron o trazado das fronteiras europeas, baseándose en tres principios fundamentais:

  • O lexitimismo: establece que só poden reinar as dinastías tradicionais e lexítimas (non as establecidas por Napoleón).
  • O absolutismo: derrogaba as leis e reformas liberais.
  • O equilibrio internacional: para impedir que un reino fose moito máis poderoso que os demais.

Non se tiveron en conta os desexos das poboacións, quedando pobos da mesma lingua divididos en varios reinos, e pobos enfrontados entre si, sometidos a un mesmo rei.

A Santa Alianza e o Intervencionismo

Para asegurar o absolutismo e evitar a posibilidade dunha nova revolución, os reis de Austria, Prusia e Rusia asinaron, en 1815, o Tratado da Santa Alianza. Por este tratado, comprometíanse a prestarse mutua axuda e a realizar unha política de intervencionismo, é dicir, que os monarcas absolutistas podían intervir militarmente a favor dun rei obrigado a reinar baixo os principios liberais recollidos nunha Constitución.

Metternich: Figura Clave da Restauración

Figura clave deste proceso restaurador do Antigo Réxime foi o chanceler austríaco Metternich.

Descargar

PDF Word HTML