Rexurdimento Galego: Rosalía de Castro e Eduardo Pondal

Lingua e literatura3,15 KB

Corrección de Termos Iniciais

Hemiciclo, hipermercado, hectogramo, hidromasaxe.

O Galego no Século XIX: Recuperación e Dignificación

Galicia no s. XIX: O galego segue sendo unha lingua falada pola maior parte da poboación. O galego recupérase como lingua escrita. Aparición da prensa galega (1876). Nacen as primeiras editoriais (1885). Dignificación social da lingua galega.

O Rexurdimento da Literatura Galega

O Rexurdimento iníciase no ano 1863 coa publicación de Cantares Gallegos e finaliza cara a 1916 coa creación das Irmandades da Fala. En 1880 publícanse obras importantes: Follas Novas, Aires da Miña Terra...

Rosalía de Castro (1837-1885)

Rosalía de Castro: Santiago, 1837 - Padrón, 1885

  • Era filla dunha fidalga galega e dun crego de Iria Flavia.
  • Con 15 anos foi vivir a Santiago coa súa nai, e alí estudou.
  • Con 19 anos marchou a Madrid, onde publicou o seu primeiro libro de poemas, «La Flor».
  • Coñeceu a Manuel Murguía, e casaron.
  • Escribiu Cantares Gallegos, Follas Novas e a maioría das súas novelas en castelán.
  • Regresou a Galicia no ano 1871, residiu na Coruña, Santiago e Padrón. Finalmente ocupou coa súa familia a chamada «Casa da Matanza», en Padrón.
  • Na súa casa en Padrón escribiu «En las orillas de Sar», xa enferma de cancro.
  • Morreu o 15 de xullo de 1885.

Análise de Obras de Rosalía de Castro

Cantares Gallegos: Publicouse o 17 de maio de 1863. Ten 36 poemas e unha estrutura circular; os poemas son glosas de cantares populares.

Obxectivos principais:
  • Defensa do galego.
  • Denuncia das inxustizas e da marxinación que padece.
  • Dignificación e exaltación de Galicia.
Temática:

Costumista, amorosa, intimista, social-patriótica.

Follas Novas: Publicouse en 1880, pero os poemas foron escritos 20 anos antes. Temática: Intimista e social.

Eduardo Pondal (1835-1917)

Eduardo Pondal: Ponteceso, 1835 - A Coruña, 1917

  • Naceu en Ponteceso no seo dunha familia fidalga.
  • Estudou bacharelato en Santiago.
  • En 1860 rematou a carreira de medicina e marchou a Ferrol para exercer a súa profesión, que abandonou pronto para volver á súa casa natal e dedicarse á literatura.
  • Viviu longas tempadas na Coruña, onde é considerado un Bardo.

A súa primeira obra publicada é o poema A Campana de Allóns (1862, creo). En 1886 publica Queixumes dos Pinos. Ao longo da súa vida traballou nun longo poema épico, Os Eoas, que conta o descubrimento de América por Colón.

Queixume dos Pinos

A súa obra máis coñecida, con 91 poemas, con temáticas: poesía cívico-patriótica e poesía lírica.

- Tamén pretendeu converter o galego nunha lingua literaria culta.

Descargar

PDF Word HTML