Estrutura Política de España e a UE: Poderes e Institucións

Historia6,24 KB

Organización Política e Territorial do Estado

Definicións Clave da Estrutura Territorial

Estado: Organización política independente que exerce o seu poder sobre un territorio delimitado por unhas fronteiras e habitada por unha poboación determinada.

Comunidade Autónoma: Entidade territorial formada por provincias ou territorios insulares.

Provincia: Entidade territorial formada por unha agrupación de municipios.

Municipio: Entidade territorial básica do Estado español.

Parroquia: División administrativa menor que os municipios.

Estrutura de Goberno Local

Concello: Está integrado polos concelleiros, elixidos polos veciños do municipio.

Deputación Provincial: Integrada por deputados escollidos entre os concelleiros.

O Estado e a Separación de Poderes

Cales son os tres poderes nos que se organiza o Estado?

  • Poder Lexislativo: Elabora e aproba leis e controla o Goberno.
  • Poder Executivo: Goberna a través dos seus ministros, que se encargan de diversas materias.
  • Poder Xudicial: Resolve os incumprimentos das leis ou os conflitos provocados pola interpretación ou aplicación destas.

O Funcionamento da Democracia

Como funciona o sistema democrático?

  1. A cidadanía elixe aos seus representantes entre os partidos políticos mediante eleccións.
  2. Os deputados elixen ao Presidente.
  3. O Presidente elixe aos seus ministros e forman o Goberno.
  4. O Tribunal de Xustiza garante o cumprimento da lei.

A Constitución Española de 1978

Que establece a Constitución de 1978?

  • Establece os símbolos que diferencian a España doutros estados, como a bandeira.
  • Recóllense os dereitos fundamentais da cidadanía.
  • Regulamenta a organización política do Estado e o funcionamento das súas institucións.

Características Fundamentais do Estado Español

O Estado español defínese como:

  • Social: Porque priman os intereses sociais sobre os individuais.
  • Democrático: Porque garante a participación política da cidadanía e o pluralismo político.
  • De Dereito: Porque o poder do Estado e do Goberno están limitados polas leis.

Comparativa de Sistemas Políticos

Democrático vs. Autoritario

Compara nun cadro as características dos sistemas políticos democráticos e autoritarios:

DemocráticoAutoritario
Límites do EstadoLimitados polas leisNon teñen límites nin controis
SoberaníaParticipa no Goberno, delegando a súa soberaníaReside nunha soa persoa ou nun grupo reducido de persoas
Pluralismo PolíticoSupón a existencia e a legalidade dos partidos políticosSó hai un partido, o do Goberno
ElecciónsEleccións libres e pluraisEleccións non libres
División de PoderesO Lexislativo reside no Parlamento, o Executivo no Goberno e o Xudicial nos tribunais de xustizaNon se respecta na maioría dos casos; os tres concéntranse nunha persoa

Institucións de Goberno en España

Nomea as institucións españolas e a súa composición

InstituciónComposiciónPoder que exerce
Cortes XeraisCongreso dos Deputados e SenadoPoder Lexislativo
GobernoPresidente, Vicepresidentes e MinistrosPoder Executivo
Tribunais de XustizaMaxistrados e xuíces independentesPoder Xudicial

Funcións das Institucións Españolas

  • Cortes Xerais: Desempeñan o poder lexislativo. Están formadas por dúas cámaras: Congreso e Senado.
  • Goberno: Desempeña o poder executivo. Componse do Presidente, un ou máis Vicepresidentes e varios Ministros ou Ministras.
  • Tribunais de Xustiza: Exercen o poder xudicial. Están formados por maxistrados e xuíces independentes.

A Unión Europea (UE)

Institucións da UE e as súas Funcións

InstituciónComposiciónFuncións Principais
Consello EuropeoXefes de Estado ou de GobernoEstablece as prioridades xerais da UE cada 4 anos.
Comisión EuropeaComisarios (un por cada país da UE)Representa os intereses da UE, propón e aplica as leis e xestiona o orzamento común.
Consello da UEUn ministro de cada Estado membroRepresenta os Estados membros e aproba leis e o orzamento europeo xunto ao Parlamento Europeo.
Parlamento EuropeoParlamentarios, elixidos mediante votación polos cidadáns europeosRepresenta a cidadanía da UE, aproba leis e o orzamento xunto ao Consello da UE.
Tribunal de XustizaXuíces independentesGarante o cumprimento das leis europeas e xulga as disputas entre os Estados.

Obxectivos da UE

Cales son os obxectivos actuais da UE?

  • Os seus obxectivos están baseados na Axenda 2030 da ONU: lograr unha Europa máis intelixente mediante a innovación e a dixitalización.

Descargar

PDF Word HTML