A Segunda Guerra Mundial: Estratexias, Invasións e Consecuencias

Historia2,76 KB

En que consistiu a guerra do lóstrego (Blitzkrieg)?

Trátase dunha táctica de guerra alemá adaptada á xeografía europea, que consistía en atacar de forma rápida e coordinada con aviación, artillaría e tropas lanzadas na retagarda inimiga, provocando o caos. Isto permitía avanzar moitos quilómetros nun só día. Os inimigos esperaban unha guerra como a da Primeira Guerra Mundial, baseada en ataques lentos de infantería.

Motivos que impulsaron a Hitler a invadir a URSS

A pesar de que Hitler e Stalin tiñan un pacto de non agresión, en xuño de 1941 Hitler decidiu invadir a URSS por tres motivos:

  • Consideraba ao exército soviético incapaz tras o seu fracaso na guerra de Finlandia.
  • Hitler coñecía as purgas stalinistas no exército soviético e era consciente de que non tiña mandos con experiencia na batalla.
  • Consideraba inferiores aos pobos eslavos por razóns ideolóxicas.

En xuño de 1941, Hitler iniciou a Operación Barbarroxa, unha gran invasión da URSS con millóns de soldados para conquistar os países bálticos e Leningrado. Os alemáns avanzaron rapidamente e chegaron preto de Moscova, sorprendendo aos soviéticos, pero o inverno e as condicións extremas obrigáronos a retirarse. A finais de 1941 estabilizouse a fronte de Moscova e Hitler cambiou o obxectivo cara a Stalingrado, buscando petróleo e cereais para manter a guerra.

Conferencias de paz e a nova orde europea

Dirixentes e negociacións

As condicións impostas aos países derrotados, especialmente a Alemaña, foron negociadas polos aliados en varias conferencias políticas mesmo antes de rematar a guerra. Os principais líderes do Reino Unido, Estados Unidos e a URSS reuníronse en conferencias como a de Ialta (febreiro de 1945), Potsdam (verán de 1945) e París (1946).

Importancia dos acordos

Na Conferencia de Ialta acordouse o desarme de Alemaña e a súa división en catro zonas ocupadas polos aliados, unha delas para a URSS. Tamén se decidiron cambios territoriais en Europa do Leste, sobre todo en Polonia, que quedou baixo influencia soviética. Ademais, a URSS comprometeuse a entrar en guerra contra Xapón tres meses despois da derrota de Alemaña.

Por que a 2GM foi a maior catástrofe da humanidade?

Ademais das arredor de 60 millóns de vítimas, as perdas materiais foron enormes: os países europeos quedaron moi destruídos e arruinados, sen capacidade para reconstruír infraestruturas, fábricas e cidades. Ante isto, Estados Unidos converteuse no principal apoio económico da Europa de posguerra a través do Plan Marshall, para axudar á súa recuperación.

Descargar

PDF Word HTML