Crise, Fascismo e Totalitarismo no Período de Entreguerras
1. Causas do crac da Bolsa de Nova York en 1929
- Superprodución: Durante a Primeira Guerra Mundial, os países centraron a economía na guerra e na produción de bens. Ao finalizar o conflito, a volta á fabricación normal xerou excedentes que non atoparon saída.
- Especulación: Os bancos concederon créditos a empresas e particulares para investir na Bolsa. O valor das accións subía aínda que non se correspondía cos beneficios reais. Cando as empresas, necesitadas de diñeiro, venderon as súas accións, a venda masiva afundiu o seu valor.
2. Factores das ditaduras nos anos 20 e 30
A crise económica e as tensións sociais, sumadas ao temor a unha revolución comunista coma a de Rusia, fixeron que a poboación perdese a confianza na democracia, favorecendo aos partidos extremistas:
- Clases populares: apoio aos partidos comunistas.
- Clases medias e alta burguesía: apoio aos partidos de extrema dereita.
3. Trazos ideolóxicos do fascismo
Benito Mussolini foi o fundador do Partido Nacional Fascista:
- Oposición á democracia e ao comunismo: submisión do individuo ao Estado. Líder todopoderoso e infalible (o Duce).
- Exaltación nacional: valores nacionais e desigualdade entre os pobos.
- Partido único: inexistencia de eleccións.
- Control estatal: economía dirixida e autarquía.
- Militarismo: glorificación da guerra, nacionalismo expansionista e creación dun imperio colonial.
- Propaganda: monopolio dos medios de comunicación, uso de símbolos, mitins e desfiles.
4. Implantación da ditadura fascista en Italia
A estratexia fascista baseouse na violencia contra militantes de esquerda, folguistas e líderes sindicais. Tras a Marcha sobre Roma, o rei Vítor Manuel III ofreceu a formación do goberno a Mussolini.
5. Problemas da República de Weimar
Tras a derrota na Primeira Guerra Mundial e a abdicación do Káiser, proclamouse a república. Enfrontouse a:
- Revoltas comunistas (Revolución espartaquista de Liebknecht e Luxemburgo).
- Oposición da extrema esquerda e grupos conservadores.
- Hiperinflación: provocada pola emisión masiva de moeda para pagar as reparacións de guerra.
6. O Estado totalitario de Hitler en Alemaña
- Incendio do Reichstag: usado como escusa para culpar aos comunistas e ilegalizar o seu partido.
- Noite dos coitelos longos: asasinato dos rivais dentro do NSDAP e da SA.
- Concentración de poder: tras a morte de Hindenburg, Hitler acumulou os cargos de xefe de Estado, xefe de goberno e líder do partido único.
7. Sistema político da URSS
A Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas era un Estado plurinacional:
- Repúblicas: con autonomía en xustiza, ensino e sanidade.
- Soviet Supremo: órgano lexislativo que nomeaba o Presidium e o Consello de Comisarios do Pobo.
- PCUS: o Partido Comunista exercía o poder real a través do Comité Central e o Politburó.
8. Política industrial e resultados na URSS de Stalin
Creouse o Gosplán para executar os plans quinquenais, priorizando a industria pesada e a enerxía baixo control estatal absoluto.
Resultados: A URSS converteuse nunha potencia industrial, pero o exceso de produción de bens de equipo (maquinaria, armamento) provocou o descoido dos bens de consumo e a escaseza de produtos básicos.