Biografía e análise literaria de Castelao
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950
Naceu nunha familia mariñeira enriquecida na emigración. O seu pai tiña un negocio chamado pulpería (porque tiña de todo) situado na Pampa arxentina, onde viviu Castelao entre os dez e os catorce anos, un período que deixou unha fonda pegada nel.
Estudou a carreira de Medicina en Santiago e empezou a ser coñecido polas súas caricaturas. De volta en Rianxo, exerceu a medicina pouco tempo. Pasou a traballar no Instituto Xeográfico en Pontevedra e tamén exerceu de profesor de debuxo no instituto.
En 1916 incorporouse ás Irmandades da Fala e comezou así o seu compromiso co galeguismo. Militou no Partido Galeguista e, na Segunda República, foi elixido deputado por Pontevedra....