Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Liberalismo.Un novo sistema politico

Historia2,75 KB

As prácticas ditatoriais do xeneral Narváez e de González Bravo nos últimos gobernos moderados, estenderon a impopularidade do réxime, entregado ao servizo dunha oligarquía sen escrúpulos, e da raíña Isabel II, firme apoio do moderantismo. Así, no ano 1868, a revolución coñecida como Gloriosa ou Setembrina, protagonizada por todas as forzas opositoras a Isabel II, expulsou os Borbóns do trono de España e abriu a posibilidade de configurar un novo sistema político baseado nos principios do liberalismo democrático e nos intereses das clases medias.


O contexto no que se produce a revolución é de profundo malestar social provocado polas malas colleitas, as dificultades económicas na industria e nas finanzas e o descontento da...

Seguir lendo "Liberalismo.Un novo sistema politico" »

Ludismo e Sindicatos: A Loita dos Traballadores

Historia2,49 KB

Ludismo e sindicatos

O movemento obreiro é o conxunto de iniciativas colectivas levadas a cabo polos traballadores asalariados para mellorar as súas condicións.

As primeiras reaccións foron destruir as máquinas, xa que pensaban que eran as culpables da súa situación. Este movemento coñécese como ludismo, porque os obreiros actuaban en nome dun personaxe ficticio chamado Nedd Ludd.

O primeiro movemento organizado con fins laborais e políticos foi o cartismo. Entre 1838 e 1848 logrou unha gran mobilización en Gran Bretaña, ao presentar ao Parlamento a Carta do Pobo (documento no que se reclamaban dereitos laborais e o sufraxio universal).

Os obreiros só podían participar en sociedades de socorro mutuo. O dereito de asociación recoñeceuse...

Seguir lendo "Ludismo e Sindicatos: A Loita dos Traballadores" »

O Reinado de Fernando VII e as Rexencias (1814-1843)

Historia2,51 KB

O reinado de Fernando VII

Fernando VII aboliu a Constitución e reinstaurou a monarquía absoluta, o que provocou diversos pronunciamentos. Os liberais gobernaron durante o Trienio Liberal (1820-1823), período no que se instaurou unha monarquía constitucional. Posteriormente, iniciouse un novo período absolutista coñecido como a Década Ominosa (1823-1833).

A independencia das colonias americanas

As causas principais foron a marxinación dos crioulos nos cargos políticos, o que desencadeou un movemento de liberación dividido en dúas etapas:

  • 1810-1814: Creáronse xuntas de defensa nas colonias que se declararon independentes. Cando Fernando VII recuperou o trono, enviou tropas españolas para sufocar as revoltas.
  • 1815-1825: Estendeuse o movemento
...
Seguir lendo "O Reinado de Fernando VII e as Rexencias (1814-1843)" »

Cunqueiro e Ángel Fole: relatos, poesía, teatro e técnica narrativa

Deseño e enxeñaría2,67 KB

b) Libros de relatos

Os tres libros de relatos (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes) forman unha especie de triloxía, xa que teñen a mesma temática e estrutura. Son retratos breves de personaxes populares vinculados coa tradición oral nos que, mediante o humor e a fantasía, se presenta a psicoloxía do home galego e as circunstancias do seu vivir.
  • Poesía: Cunqueiro comeza o seu labor poético na preguerra, no tempo da vangarda, e continúao despois da guerra coa publicación de Dona do corpo delgado e Herba aquí ou acolá.
  • Teatro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca e A Noite vai coma un río.
  • Ensaio: Tesouros novos e vellos é o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Nel achégase
...
Seguir lendo "Cunqueiro e Ángel Fole: relatos, poesía, teatro e técnica narrativa" »

''o coñecemento teorico''

Filosofía e ética3,59 KB

-Percepción: facultade de coñecmento que nos pon en contacto coa realidade e permítenos construír representacións desta a partir dos datos que nos proporcionan os nosos sentidos.

-Memoria: facultade de coñecemento que nos permite reter e recordar nun futuro as imaxes que a percepción nos proporciona posibilitando o aprendizaxe e a construción da nosa propia identidade.

-Imaxinación: capacidade de representar mentalmente situacións que non existen. Hai dous tipos:

·Reprodutora: representa a realidade.

·Creadora: recrea un mundo diferente ao real.

-Intelixencia: é a capacidade que nos permite procesar a información e comprendela.

-Abstración: proceso que nos permite pasar do coñecemento dos obxectos concretos que nos proporciona a percepción...

Seguir lendo "''o coñecemento teorico''" »

Resumo e análise da novela Morning Star

Outras linguas estranxeiras2,42 KB

Sinopse de Morning Star

Morning Star é unha novela de aventuras na que un rapaz chamado Lourenzo Tasende comeza, á idade de trece anos, unha serie de peripecias entre bandoleiros e roubos que o levarán a pasar os peores momentos da súa vida.

Lourenzo vivía cos seus pais nunha disputa (posada) preto de Pontevedra. A súa vida era tranquila ata que chegou á taberna un home chamado Lázaro Rivadulla, quen trouxo consigo todos os problemas. A súa nai enferma e morre, mentres que o seu pai vólvese unir a unha gavela de bandoleiros á que pertencera anos atrás. Pouco a pouco, Lourenzo vaise involucrando nos roubos da banda ata que decide fuxir para salvar a Helena Rouco, a rapaza da que se namora. Os dous encamíñanse cara a Lugo, onde Helena...

Seguir lendo "Resumo e análise da novela Morning Star" »

Compoñentes celulares comúns en células animais e vexetais

Bioloxía3,85 KB

Membrana plasmática

Membrana plasmática: delimita a célula do medio externo; está formada pola bicapa lipídica.

Citoplasma

Citoplasma: fluido acuoso que ocupa todo o interior da célula. No citoplasma atópanse os orgánulos celulares.

Núcleo

Núcleo: estrutura rodeada por unha dobre membrana; no seu interior está a cromatina, que é o material xenético formado polas moléculas de ADN. É o centro de control da célula.

Cromosomas

Cromosomas: durante a división celular, a cromatina condénsase e dá lugar aos cromosomas, que se reparten en partes iguais entre as células fillas. As nosas células teñen 46 cromosomas.

Outros compoñentes celulares

  • Mitocondria: realiza a respiración celular.
  • Cloroplasto (células vexetais): ten sacos amontoados
...
Seguir lendo "Compoñentes celulares comúns en células animais e vexetais" »

Bases do Réxime Franquista e a Crise da Posguerra (1939-1959)

Historia7,37 KB

Bases do Réxime Franquista

Ditadura Militar

Tras a vitoria de Franco na Guerra Civil, impúxose unha ditadura militar que suprimía as liberdades democráticas.

Supresión de liberdades e institucións

  • A Constitución de 1931 foi anulada.
  • Os partidos e sindicatos obreiros foron prohibidos.
  • As eleccións foron suprimidas.
  • As institucións republicanas foron desmanteladas.

Tamén se aboliron os Estatutos de Autonomía e se prohibiu calquera manifestación nacionalista catalá, vasca ou galega.

O Partido Único e o Sindicato Vertical

Franco asumía a xefatura do partido único: *Falange Española Tradicionalista y de las JONS* (**FET y de las JONS**), no que se agruparon os vencedores da Guerra Civil. Do partido dependía a Central Nacional Sindicalista...

Seguir lendo "Bases do Réxime Franquista e a Crise da Posguerra (1939-1959)" »

Compoñentes e Adaptacións dos Ecosistemas

Bioloxía2,74 KB

1. Compoñentes dun ecosistema

Todo ecosistema está constituído por dous compoñentes:

  • Biotopo: compoñente abiótico. É o lugar ou medio físico dun ecosistema e as súas propiedades fisicoquímicas. Estas propiedades dependen de factores ambientais como: a luz, a temperatura, a salinidade...
  • Biocenose: compoñente biótico dun ecosistema. É o conxunto de seres vivos que habitan nun lugar determinado e as relacións que se establecen entre eles.

2. Definicións: biotopo, biocenose e ecosfera

  • Biotopo: compoñente abiótico. É o lugar ou medio físico dun ecosistema e as súas propiedades fisicoquímicas. Estas propiedades dependen de factores ambientais como: a luz, a temperatura, a salinidade...
  • Biocenose: compoñente biótico dun ecosistema.
...
Seguir lendo "Compoñentes e Adaptacións dos Ecosistemas" »

Autores Salientables da Xeración dos 50 en Galicia

Lingua e literatura2,56 KB

Autores Salientables da Xeración dos 50

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra escribiu poemas paisaxísticos, onde se expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza agreste da súa bisbarra natal do Courel, á que pertencen obras como Os eidos ou Elexias do Courel e outros poemas (1985); e poesía social, de carácter político e reivindicativo, recollida nos libros Poemas caligráficos (1978) ou Do Courel a Compostela (1988). Tamén escribiu poesía amorosa, reunida no libro Muller pra lonxe (1986). Os poemas de Novoneyra son case sempre composicións breves, de grande intensidade. Formalmente, salienta a utilización do fonosimbolismo e a preocupación pola disposición espacial e tipográfica dos versos.

Antón Avilés de Taramancos

Antón

...
Seguir lendo "Autores Salientables da Xeración dos 50 en Galicia" »