Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

A reconstrución monetaria no período de entreguerras

Historia2,69 KB

A difícil reconstrución monetaria do período de entreguerras

Unha vez rematada a Primeira Guerra Mundial, aínda que non había unanimidade, predominaba a idea de que conviña recuperar o patrón ouro como forma de volver impulsar a economía internacional e contribuír á recuperación económica.

Porén, a situación económica era moi distinta á de antes da guerra e, ademais, as diferenzas entre países aumentaran. Os diferentes graos de destrución e a forma en que se financiou a guerra en cada país explican parte dese aumento das desigualdades. Entre os problemas de carácter xeral destacan os seguintes:

  • Escaseza de reservas: Os países tiñan menos reservas de metais.
  • Inflación: Había unha situación inflacionaria que, nalgúns países,
...
Seguir lendo "A reconstrución monetaria no período de entreguerras" »

Linguas Minorizadas: O Caso do Galego e a súa Normalización

Lingua e literatura2,56 KB

Linguas Minoritarias e Minorizadas

Hai máis de 6.500 linguas faladas no mundo que gozan de diferente estatus e de distinto grao de vitalidade. Unhas son protexidas e promocionadas polo estado, e outras sofren restricións nos seus usos.

A lingua minoritaria é aquela que conta cun reducido número de falantes. As linguas minoritarias poden presentar diferentes niveis de vitalidade, e algunhas están en perigo de extinción. A lingua minorizada é aquela á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con plena normalidade dentro da súa propia comunidade. Está nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos.

Tipos de Linguas Minorizadas

Existen varios tipos de linguas minorizadas segundo o seu estado:

  • As
...
Seguir lendo "Linguas Minorizadas: O Caso do Galego e a súa Normalización" »

Guía de Acceso á FP, Requisitos e Conceptos Laborais Esenciais

Formación e orientación laboral4,12 KB

Aspectos Xerais da Formación Profesional (FP)

Módulos Comúns e Prácticas

Módulos Comúns a Todos os Ciclos

Formación e Orientación Laboral (FOL).

Módulo Profesional do Proxecto

Só nos Ciclos Formativos de Grao Superior.

FCT: Onde se Pode Cursar?

En calquera país de Europa.

Exencións da FCT (Formación en Centros de Traballo)

Sempre que se acredite un ano de experiencia laboral relacionada.

Obtención do Título de FP

O título de FP obtense acudindo ás clases presenciais e superando todos os módulos.

Requisitos para Probas Libres de Técnico (Grao Medio)

Ter 18 anos cumpridos.

Vías de Acceso aos Ciclos Formativos

Acceso a CF de Grao Medio

Os requisitos de acceso son:

  • Ter o título da ESO.
  • Ter superada a proba de acceso a Grao Medio.

Opcións tras

...
Seguir lendo "Guía de Acceso á FP, Requisitos e Conceptos Laborais Esenciais" »

A Poesía de Vangarda en Galicia: Movementos, Autores e Obras

Lingua e literatura2,47 KB

A Poesía de Vangarda en Galicia

Definición e Características Xerais

  • As Vangardas son iniciativas artísticas que promoven unha profunda renovación estética e unha redefinición do concepto da arte.
  • Características principais: antisentimentalismo, deshumanización, uso de novos modelos e non pretender ser un reflexo da realidade.

Grupos e Xeracións Clave

  • Grupo Nós: Asenta os alicerces nacionalistas.
  • Xeración do 25: Tamén coñecida como vangardista ou novecentista, caracterízase por unha literatura anovadora.

Movementos Poéticos de Vangarda en Galicia

Neotrobadorismo

  • Proxecto nacionalista de recuperación da nosa historia.
  • Recuperación de procedementos formais medievais.
  • Ambientes e temas característicos das cantigas.
  • Cultivadores destacados:
...
Seguir lendo "A Poesía de Vangarda en Galicia: Movementos, Autores e Obras" »

Cultura Galega no Exilio e Xeracións Literarias

Lingua e literatura3,39 KB

Traballo Cultural dos Exiliados

  • Creación de revistas culturais (Galicia, Galicia Emigrante...).
  • Créanse canles para a distribución da literatura galega (coleccións, editoriais...).
  • Consolidación do teatro galego: novas compañías de teatro galegas.
  • Extenso labor de divulgación da cultura galega entre os emigrantes.

Luis Seoane

  • Fillo de emigrantes, naceu en Bos Aires.
  • Coa Guerra Civil, emigrou a Bos Aires, onde funda editoriais e publica libros.
  • Publica os poemas Fardel de Eisiliado, Na Bretama de Santiago, e As Cicatrices.
  • Tras 27 anos, volve a Galicia e funda Sargadelos con Díaz Pardo.
  • Os temas centrais son a emigración e o exilio.

Blanco Amor

  • Escribe Os Biosbardos, Xente ao Lonxe e A Esmorga.
  • A Esmorga está ambientada en Ourense, onde un rapaz
...
Seguir lendo "Cultura Galega no Exilio e Xeracións Literarias" »

Glosario de Termos Arquitectónicos: Gótico e Románico

Arte e humanidades2,75 KB

Glosario de Termos Arquitectónicos

Arcobotante

Arco que transmite o empuxe das bóvedas a un contraforte situado no exterior do edificio. É un elemento típico da arquitectura gótica.

Arco Apuntado

Arco moi utilizado no período gótico, formado por dous segmentos de círculo de igual radio e inferiores a un cuarto de circunferencia. Trátase dun arco de dous centros, co intradorso formando ángulo na clave.

Arco de Faixa

Arco que, sobresaíndo do intradorso da bóveda, corta esta en sentido transversal ao eixe, e serve para reforzala.

Arco Formeiro

Arco que é paralelo ao eixe lonxitudinal da nave e que serve, conxuntamente coa columna ou piar sobre o que apoia, para unir e, á súa vez, separar naves contiguas.

Arquivolta

Cada unha das molduras...

Seguir lendo "Glosario de Termos Arquitectónicos: Gótico e Románico" »

A Mente e o Corpo: Problemas Filosóficos da Conciencia

Psicoloxía e socioloxía2,62 KB

O Problema Mente-Corpo: Filosofía e Neurociencia

As relacións entre o corpo e a mente constitúen un antigo problema para a filosofía. Actualmente, esta cuestión equivale a analizar a relación que existe entre a mente e o cerebro.

Principais Respostas ao Problema Mente-Corpo

  • Monismo: Desde este punto de vista, afírmase que a mente e o corpo non son realidades separadas, senón aspectos distintos dunha mesma realidade.
  • Dualismo: Remóntase a Platón e a Descartes. Esta resposta establece que a mente e o cerebro son dúas realidades diferentes, cada unha delas coas súas regras propias.
  • Fisicalismo: Desde este grupo de posturas sostense que a actividade mental depende do cerebro e que pode explicarse mediante causas físicas. Non admite separación
...
Seguir lendo "A Mente e o Corpo: Problemas Filosóficos da Conciencia" »

A Nova Narrativa Galega: Autores, Características e Obras Clave

Outras linguas estranxeiras2,8 KB

A Nova Narrativa Galega: Contexto e Emerxencia

Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, un grupo de mozos incorporan á nosa narrativa novas técnicas. Estes son os integrantes da Nova Narrativa Galega, que se influencian sobre todo por escritores do século XX.

Características da Nova Narrativa Galega

No relativo ao argumento e ao tema:

  • Abandono do antropocentrismo.
  • Localización espacial imprecisa, sen identificación física.
  • Ambientes urbanos.
  • Ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país.
  • Mestura da realidade e do mundo fantástico, onírico.
  • Exploración de situacións estrañas e opresivas, nos límites do absurdo.
  • Presenza do sexo e da violencia, que frecuentemente están emparellados á morte.

Aspectos

...
Seguir lendo "A Nova Narrativa Galega: Autores, Características e Obras Clave" »

Cantares Gallegos: Análise e Significado da Obra de Rosalía de Castro

Outras linguas estranxeiras3,76 KB

O 17 de Maio de 1863: Nacemento de Cantares Gallegos

O 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro asina a dedicatoria do seu primeiro libro de poesía galega: Cantares Gallegos. A data desta publicación supuxo un pulo decisivo do Rexurdimento.

Inspiración e Composición da Obra

No seu prólogo, a autora confesa que se inspirou no Libro de los Cantares de Antonio de Trueba. Seguindo o seu exemplo, Rosalía vai facendo glosas de cantares, refráns ou ditos populares ata compoñer 32 cantares na procura de reproducir o verdadeiro espírito do noso pobo. Esta obra organízase como un volume de poesía folk.

Significado e Intencionalidade Sociopolítica

Desde o comezo da obra, a historia vai máis alá dun simple afán revitalizador da cultura popular....

Seguir lendo "Cantares Gallegos: Análise e Significado da Obra de Rosalía de Castro" »

Castelao: vida e obra do escritor e artista galego

Outras linguas estranxeiras2,76 KB

Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un escritor e artista nacido en 1886 en Rianxo. Á hora de comprender a peculiaridade da súa labor intelectual cómpre ter en conta que se sentía próximo ás clases populares, puxo un pensamento social e laico e non compartía o culturalismo. Ademais, era profundamente progresista: para el a solución dos problemas do país non está en regresar a un pasado, senón en construír un futuro por nós mesmos.

Castelao, escritor e artista

Obra plástica

A obra plástica de Castelao está composta por títulos como:

  • Álbum Nós
  • Cousas da vida
  • Galicia Mártir
  • Milicianos
  • Debuxos de Negros
  • As cruces de pedra na Bretaña
  • As cruces de pedra na Galicia

Narrativa

Destacamos Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto....

Seguir lendo "Castelao: vida e obra do escritor e artista galego" »