As Vanguardias e a Literatura do Exilio Galego
As vangardas: ruptura e innovación
As vangardas supuxeron unha ruptura coa tradición literaria e a busca de novos camiños expresivos. As súas características principais son:
- Actitude romántica e antisentimental.
- Liberdade creativa e reivindicación da independencia e orixinalidade.
- Defensa da arte pola arte.
- Renovación da linguaxe literaria.
As vangardas galegas centráronse fundamentalmente na poesía e agrupáronse en dúas grandes liñas:
- Hilozoismo e neotrobadorismo: renovan a poesía galega sen romper totalmente coa tradición literaria autóctona.
- Creacionismo: rompe totalmente coa tradición literaria e segue o camiño das vangardas europeas.
Hilozoismo
Ten como elemento principal do poema a natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións. O iniciador e principal cultivador do hilozoismo foi Luis Amado Carballo.
Neotrobadorismo
Nace tras o descubrimento e difusión da poesía medieval galego-portuguesa. Os poetas novos introducen na súa poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval: o tema amoroso, a ambientación espacial, o paralelismo, o refrán... Os seus principais representantes son Fermín Bouza-Brey e Álvaro Cunqueiro.
A literatura do exilio
A literatura galega do exilio é a produción literaria en galego desenvolvida fóra de Galicia despois da Guerra Civil. A ditadura franquista, coa súa estrita censura, supuxo o desmantelamento do sistema literario galego en Galicia. A literatura no exterior foi posible grazas a que figuras importantes da etapa anterior, como Castelao, marcharon ao exilio. Esta literatura ten un marcado contido social.
A poesía no exilio
Será un dos xéneros máis cultivados, retomando o ton cívico e social. As consecuencias da guerra e a experiencia do exilio marcarán a produción dos poetas:
- Luis Seoane: artista polifacético, destaca na poesía con Fardel de exiliado.
- Lorenzo Varela: reflicte a experiencia persoal no exilio e a saudade da terra en Lonxe.
- Emilio Pita: trata a traxedia da Guerra Civil e a nostalxia pola paisaxe galega en Jacobusland.
Narrativa do exilio
Eduardo Blanco Amor é un dos grandes escritores da literatura galega. Naceu en Ourense, emigrou e logo volveu exiliado a Bos Aires, regresando a Galicia a mediados dos anos 60. Entre as súas obras destacan: A esmorga, Xente ao lonxe e Os biosbardos.