A poesía de vangarda en Galicia: autores e características
A poesía de vangarda: características e autores
A principios do século XX atopamos unha modernización da economía e o esmorecemento da sociedade agraria anterior. Malia os avances, a emigración continuou, sobre todo a América.
Aquí xorde a vangarda, movemento de renovación no pensamento e nas artes nado en Europa. Déronse varias correntes (cubismo, dadaísmo...) con trazos comúns: antirromanticismo, antisentimentalismo, deshumanización, busca da arte pura e innovación da lingua figurada.
A vangarda en Galicia
En Galicia, difundíronse grazas a revistas como Alfar ou Ronsel e xurdiron movementos propios (hilozoísmo, neotrobadorismo, creacionismo) marcados polo nacionalismo e a relación co saudosismo portugués (actitude de culto ao...