A banda deseñada: definición, tipos de planos, encadramentos e recursos iconográficos

Outras materiasActualizado o 2,6 KB

Resumo

Este documento define a banda deseñada ou cómic como unha narración que combina imaxes e texto. Explica os distintos tipos de planos segundo a proximidade dos personaxes, os encadramentos segundo o ángulo de visión e os recursos extralingüísticos ou iconográficos habituais, como globos, onomatopeas e liñas de movemento.

Puntos clave

  • A banda deseñada combina linguaxe icónica e linguaxe verbal para narrar unha historia mediante viñetas.
  • Os planos clasifícanse segundo a proximidade dos personaxes: xeral, enteiro, americano, medio, primeiro plano e detalle.
  • Os encadramentos son normal, picado (vista desde arriba) e contrapicado (vista desde abaixo).
  • Os globos ou bocadillos expresan palabras ou pensamentos dos personaxes.
  • As onomatopeas representan ruídos e as liñas cinéticas suxiren movemento.
  • As metáforas visuais ou ideogramas expresan sensacións ou estados de ánimo, como ver estrelas para indicar dor.

Ponte á proba

A Banda Deseñada

A banda deseñada ou cómic é unha narración ilustrada na que se combinan imaxes e texto, é dicir, mestúrase a linguaxe icónica coa linguaxe verbal ou literaria. As imaxes representan as accións dos personaxes e levan a cabo a principal función narrativa. O texto está formado por breves diálogos entre os personaxes e os textos de apoio que dan voz ao narrador. A historia represéntase mediante unha sucesión de viñetas, entre as que pode haber elipse, é dicir, saltos de tempo que omiten sucesos intermedios. A linguaxe do cómic é moi parecida á doutros medios audiovisuais como, por exemplo, o cine ou a TV.

Tipos de Planos na Banda Deseñada

Segundo a proximidade na que se representen os personaxes e os escenarios, existen diferentes tipos de planos:

  • Plano xeral: represéntanse os personaxes e o espazo no que se sitúan.
  • Plano enteiro: represéntanse os personaxes de corpo enteiro.
  • Plano americano: represéntanse os personaxes cortados pola altura dos xeonllos.
  • Plano medio: os personaxes aparecen cortados pola cintura, co obxectivo de centrar a ollada do lector na súa expresión.
  • Primeiro plano: represéntase o rostro dos personaxes.
  • Plano detalle: aparece unha parte dun corpo ou obxecto, co obxecto de centrar nel a atención do lector.

Encadramentos na Banda Deseñada

Segundo o ángulo de visión do debuxante, existen diferentes encadramentos:

  • Normal: acción vista horizontalmente, á altura dos ollos.
  • Picado: a escena vese desde arriba.
  • Contrapicado: a escena vese desde abaixo.

Recursos Extralingüísticos ou Iconográficos

No cómic, empréganse unha serie de recursos extralingüísticos ou iconográficos como:

  • Globos ou bocadillos: expresan as palabras que di un personaxe ou os seus pensamentos.
  • Onomatopeas: representan os ruídos que se escoitan durante o transcurso da acción.
  • Sinais cinéticas ou liñas de movemento: que nos expresan a traxectoria dunha persoa ou obxecto e dan sensación de movemento.
  • Metáforas visuais ou ideogramas: que nos expresan as sensacións ou estado de ánimo dunha personaxe (ver as estrelas=sentir dor).
  • Xestos: reflicten sentimentos ou actitudes dos personaxes (ollos desorbitados=terror).

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é a banda deseñada?

A banda deseñada ou cómic é unha narración ilustrada que combina imaxes e texto. As imaxes levan a principal función narrativa e o texto inclúe diálogos e textos de apoio do narrador.

Que é unha elipse na banda deseñada?

A elipse é un salto de tempo entre viñetas que omite sucesos intermedios da historia.

Que son as onomatopeas?

As onomatopeas son representacións gráficas dos ruídos que se escoitan durante a acción.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que combina a banda deseñada?
2. Como se chama o plano que corta os personaxes pola cintura?
3. Que encadramento mostra a escena vista desde abaixo?
4. Para que se usan os globos ou bocadillos?
5. Que recurso representa os ruídos da acción?
6. Que se entende por elipse?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.