Análise da cantiga de amigo: xénero, estrutura e recursos

Lingua e literaturaActualizado o 3,05 KB

Resumo

O texto explica o xénero da cantiga de amigo, unha composición da lírica tradicional galego-portuguesa do século XIII na que unha voz feminina expresa a súa coita amorosa. Describe as súas características formais, como o paralelismo, o leixaprén e o verso de refrán, e a súa estrutura repetitiva axeitada para o canto.

Puntos clave

  • A cantiga de amigo é lírica tradicional galego-portuguesa, documentada a partir da segunda metade do século XIII.
  • Nela, unha voz feminina expresa a coita de amor dirixida ao seu amigo ou amante.
  • As características distintivas son o paralelismo, o leixaprén, o refrán e a voz feminina.
  • O paralelismo repite palabras ou ideas de unha cobra a outra con mínimas modificacións.
  • O leixaprén repite os segundos versos dun par de cobras como primeiros do par seguinte.
  • O verso de refrán é breve, aparece moi adiantado no verso e repítese en todas as cobras.

Ponte á proba

Introdución á Cantiga de Amigo

As seguintes cobras ou versos compoñen unha cantiga de amigo escrita por........... Pertence á lírica tradicional e a súa aparición data a partir da segunda metade do século XIII. Como todas as cantigas de amigo, narra os sucesos amorosos nos que o poeta pon en boca dunha muller as penas (a coita) de amor que esta dirixe ao seu "amigo" ou amante. Encóntrase escrita en galego-portugués.

Características Xerais do Xénero

Ademais, a cantiga de amigo presenta as seguintes características distintivas:

  • O paralelismo.
  • O leixaprén.
  • O refrán.
  • A voz feminina (aínda que a crea o trobador, está, en efecto, en voz dunha muller).
  • A aparición da palabra "amigo" nos versos.....

Tema e Subxénero

Nesta cantiga, o tema trata sobre unha moza..........., e por isto podemos indicar que é unha (bailada, mariñas/barcarola, cantiga de romaría).

Análise da Estrutura e Repetición

Tocante á estrutura, a idea principal....... aparece exposta na ..... estrofa (exemplo). As estrofas restantes repiten este mesmo motivo principal pero con variacións (sen apenas progresións). Esta estrutura repetitiva, idónea para o canto, conséguese a través dunha serie de recursos literarios, propios da lírica medieval galego-portuguesa que cómpre comentar.

Recursos Formais e Métrica

Dende o punto de vista formal, observamos que esta composición se adáptase totalmente á tradición da cantiga de amigo. Aparece composta por .... cobras e en cada unha delas ... versos, pareados máis un refrán, e seguen o paralelismo, que é o trazo máis significativo deste tipo de cantigas.

O Paralelismo

O paralelismo consiste nun procedemento repetitivo polo que as palabras ou ideas dunha cobra volven aparecer na seguinte con mínimas modificacións (Exemplo: A B refrán A´B´ refrán).

O Leixaprén

Ademais de paralelismo, tamén atopamos outros procedementos típicos da cantiga de amigo, como o leixaprén. Este recurso consiste na repetición dos segundos versos dun par de cobras como primeiros do par seguinte.

O Verso de Refrán

Finalmente, na maioría dos poemas, como neste, temos un verso denominado verso de refrán. Este verso presenta un carácter moi breve e aparece nunha posición moito máis adiantada ao resto dos versos, e repítese en todas as cobras do poema, coa fin de que o lector perciba a importancia dese verso, xa que conleva a idea principal do poema.

Conclusión: A Orixinalidade da Cantiga de Amigo

A xeito de conclusión, pódese dicir que esta composición serve de exemplo perfecto para ilustrar en que consiste unha cantiga de amigo, xénero máis significativo da lírica medieval, xa que son poemas característicos da nosa tradición popular anterior ao trobadorismo. Por último, o xénero cantiga de amigo, por ser autóctono, diferénciase dos outros que proveñen da Provenza.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é a cantiga de amigo?

É un xénero da lírica tradicional galego-portuguesa no que unha muller expresa as penas de amor que sente por o seu amigo ou amante. Encóntrase escrita en galego-portugués e aparece a partir da segunda metade do século XIII.

Que é o paralelismo na cantiga de amigo?

É un procedemento repetitivo no que as palabras ou ideas dunha cobra volven aparecer na seguinte con mínimas modificacións. É o trazo máis significativo deste tipo de cantigas.

Que é o leixaprén?

É un recurso que consiste en repetir os segundos versos dun par de cobras como primeiros versos do par seguinte.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que lingua está escrita a cantiga de amigo?
2. Desde cando aparece a cantiga de amigo segundo o texto?
3. Que procedemento repite as palabras ou ideas dunha cobra na seguinte?
4. Cal é a voz que narra a cantiga de amigo?
5. Como se caracteriza o verso de refrán?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.