A lingua galega no século XX: castelanización, funcionalidade e revalorización

Lingua e literaturaActualizado o 2,83 KB

Resumo

O texto analiza a evolución do galego no século XX a partir de tres eixes: a continuidade da castelanización, a funcionalidade lingüística (diglosia entre oral e escrito) e o proceso de revalorización en tres fases. Tamén recolle a contradición entre os avances culturais e a práctica cotiá entre 1975 e 2000.

Puntos clave

  • A castelanización continuou sobre todo nas cidades e nas clases con mellor situación económica, mentres o galego se conservaba no rural e semirural.
  • Mantívose unha actitude diglósica: o galego como lingua oral e informal e o castelán como lingua escrita e formal.
  • No ámbito laboral, o galego dominaba nos oficios tradicionais e manuais e o castelán nos relacionados co mundo moderno.
  • A revalorización do galego, iniciada no século XIX, pasou por tres fases: avance no primeiro terzo do século XX, involución e lenta recuperación durante a ditadura e avance significativo na democracia.
  • Entre 1975 e 2000 o galego seguiu sendo a lingua de identidade e da relación familiar e local, pero o castelán avanzou nas cidades e entre as clases medias.

Ponte á proba

Características Sociolingüísticas da Lingua Galega no Século XX

Neste período, abórdanse tres puntos clave na evolución da lingua galega:

  • A continuidade do proceso de castelanización.
  • A funcionalidade lingüística.
  • A continuación do proceso de revalorización.

A Continuidade do Proceso de Castelanización

O proceso de castelanización continuou nos ámbitos urbanos e nas clases sociais con mellor situación económica, mentres que o galego se conservaba nas zonas rurais e semi-rurais. Esta situación débese a varios factores:

  • O crecemento urbano e a extensión das clases medias.
  • A progresiva xeneralización do ensino.
  • A extensión dos grandes medios de comunicación de masas.
  • Os factores de prestixio e valorización lingüística, que continuaron marcando o galego como negativo e contrario ao ascenso social.

A Funcionalidade Lingüística do Galego

En canto á funcionalidade lingüística, os progresos do galego dependían dos ámbitos aos que nos refiramos. Polo xeral, mantívose unha actitude diglósica, caracterizada por:

  • O uso do galego como lingua oral propia dos contextos informais e para as relacións entre iguais.
  • O asentamento do castelán como lingua escrita, propia dos ámbitos máis formais e con persoas de clase ou posición superior.

No ámbito laboral, nos oficios tradicionais ou manuais dominaba o galego, mentres que nos relacionados co mundo moderno predominaba o castelán.

A Revalorización da Lingua Galega

O proceso de revalorización do galego, iniciado no século XIX, desenvolveuse en tres fases principais:

  1. Primeiro Terzo do Século XX: Avance Vertixinoso

    Neste período, produciuse un avance vertixinoso no uso literario e político do galego.

  2. Anos da Ditadura: Involución e Lenta Recuperación

    Tras os primeiros anos da Ditadura, marcados por unha gran involución, comezou unha lenta recuperación a nivel literario e político.

  3. Democracia: Avance Significativo e Desafíos

    Finalmente, na democracia, iniciouse un avance significativo. Malia iso, o galego segue a ter que loitar cos estigmas do ruralismo e da incultura, pero grazas á aplicación de varias leis, permitiuse a súa presenza na Administración e no ensino.

Conclusión: Contradicións e Evolución (1975-2000)

En conclusión, obsérvase unha gran contradición entre os avances no ámbito da cultura e os que se producen na percepción dos usos cotiáns. Entre 1975 e 2000, o galego seguiu a ser a lingua de identidade da maioría da poboación e a lingua da relación familiar e local, pero o castelán avanzou rapidamente nos ámbitos urbanos e entre as clases medias.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cales son os factores que favoreceron a castelanización do galego no século XX?

Entre os factores citados están o crecemento urbano e a extensión das clases medias, a xeneralización do ensino, a extensión dos grandes medios de comunicación de masas e o prestixio social do castelán frente ao galego.

Que é a diglosia que describe o texto?

É a situación en que o galego se usa como lingua oral propia dos contextos informais e entre iguais, mentres o castelán se asenta como lingua escrita dos ámbitos máis formais.

En que fases se desenvolveu a revalorización do galego?

Desenvolveuse en tres fases: avance vertixinoso no primeiro terzo do século XX, involución seguida de lenta recuperación nos anos da ditadura e avance significativo na democracia.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Onde se conservou máis o galego durante o século XX segundo o texto?
2. Que caracteriza a actitude diglósica descrita no texto?
3. En que tipo de traballos dominaba o galego?
4. Como describe o texto o período inicial do primeiro terzo do século XX na revalorización?
5. Que contradición se observa entre 1975 e 2000 segundo a conclusión?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.