A Segunda República Española: Historia e Reformas (1931-1933)
A Segunda República Española: Contexto e Proclamación
O resultado das eleccións do 12 de abril de 1931 deulle a vitoria ás forzas republicanas na maioría das grandes cidades e adquiriu deste xeito un carácter de plebiscito contra a monarquía. Ante esta situación, o rei Afonso XIII renunciou á coroa, abandonou España e o 14 de abril proclamouse a República. O novo réxime amosábase aos ollos da poboación como unha oportunidade para democratizar e modernizar o Estado español mediante un amplo programa de reformas económicas e sociais.
Así e todo, a República naceu en circunstancias difíciles. No ámbito internacional, o mundo debía facerlle fronte á crise máis grave do capitalismo logo do crac bolsista de 1929. Ademais, en...