Movementos Sociais e Obrerismo en España no Século XIX

Historia3,65 KB

Sociedade e movementos sociais no XIX

Primeiros movementos sociais

Todos estes movementos xurdiron por mor das inxustizas sociais e da pobreza. O ludismo foi a primeira expresión de rebeldía obreira contra a introdución de novas máquinas ás que se responsabilizaba da perda de postos de traballo e do aumento dos días laborais.

Máis tarde, os traballadores empezaron a loitar polos seus dereitos e fundáronse as asociacións para defender os intereses dos obreiros. Así creouse a Sociedade de Socorros Mutuos. Esta defensa dos dereitos provocou moitos levantamentos da xente nos diferentes lugares de España e empezáronse a utilizar as folgas. E as asociacións crearon as caixas de resistencia para axudar as persoas en folga. A primeira folga xeral foi en 1855.

Logo, estas revolucións foron apoiadas polo socialismo utópico e o republicanismo. A primeira delas foi o chamado socialismo utópico e pretendía crear sociedades igualitarias. Logo chegou o socialismo e espallouse pouco a pouco por España e xurdiron diferentes núcleos en Madrid, Barcelona e Andalucía. E varios escritores, sobre todo republicanos, expandiron o socialismo.

A época da Internacional

Chegou proclamando a liberdade de expresión, así como de asociación; tamén daba pé á expansión das organizacións obreiras. A chegada a España das ideas da AIT foi en 1868 da man de Bakunin, que difundiu ideas anarquistas coma se fosen da AIT.

Co espallamento das asociacións obreiras, en 1870 ten lugar o primeiro congreso da Federación Rexional Española da AIT. Durante a Primeira Internacional prodúcese un enfrontamento entre anarquistas e marxistas. Foi debido a que os métodos para acadar os seus obxectivos eran diferentes, aínda que os obxectivos duns e os dos outros eran semellantes.

Pero tiveron un gran momento álxido e de expansión durante a Primeira República e en 1873 participaron no movemento cantonalista de Cartaxena.

Marxismo e Anarquismo

Os socialistas ou marxistas fundan o PSOE en 1879 co dirixente Pablo Iglesias e o seu primeiro xornal foi El Socialista. Era un partido netamente obreirista e partidario da revolución social.

O partido foi medrando por toda España e o seu programa incluía:

  • O dereito de asociación, reunión e manifestación.
  • O sufraxio universal.
  • A redución de horas de traballo.
  • A prohibición do traballo infantil.
  • Outras medidas de carácter social.

Tiña gran influencia en Madrid, País Vasco e Asturias. En 1888 funda a UGT, que deixaba liberdade de militancia política. A mentalidade dos seus dirixentes fixo que cada vez máis se fose introducindo no marxismo.

E os anarquistas tiñan un grande arraigo en Cataluña e Andalucía. Dentro do propio grupo había dúas correntes: as partidarias dunha acción directa, como o terrorismo, ou dunha acción sindical, como o anarcosindicalismo.

Nos seguintes catro anos a 1893 prodúcense diferentes actos terroristas, como a bomba no Liceo de Barcelona. Pero é en 1910 cando se funda a CNT, que xurdiu por mor do terrorismo, xa que parte do grupo non estaba de acordo con esta postura.

Descargar

PDF Word HTML