Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Outros cursos

Os vellos non deben namorarse: análise do teatro galego no primeiro terzo do século XX

Lingua e literaturaActualizado o 3,34 KB

O difícil camiño cara á normalización cultural de Galicia e cara á adquisición dun teatro de calidade, que se desenvolve a medida que avanza o século XIX, presentará problemas como a inexistencia fun público específico, a falta de profesionalización así como a incidencia no carácter didáctico dos textos dramáticos e a persistencia no tempo de certos modelos do teatro rexionalista,sen esquecernos do predominio da dramática escrita en verso. En 1882 iníciase o teatro rexionalista coa obra “A fonte do xuramento” de Francisco María de la Iglesia. Aparecen outras obras como “O fidalgo” de San Luís Romero, “A Ponte” de Lugrís Freire e ensaios como ¡Filla…! De Galo Salinas. En fin, o labor  da dramaturxia rexionalista...

Seguir lendo "Os vellos non deben namorarse: análise do teatro galego no primeiro terzo do século XX" »

Historia e Cultura Galega: Nós, Irmandades, Vangardas e Existencialismo

Lingua e literatura4,08 KB

O Grupo Nós: Pilar do Rexurdimento Cultural Galego

O Grupo Nós foi unha importante agrupación cultural galega fundada en Ourense en 1920. O seu obxectivo principal era dignificar a lingua galega, renovar a cultura do país e poñela en contacto co pensamento europeo. A través dunha revista e dunha editorial, difundiron obras propias, traducións e estudos históricos e lingüísticos.

Membros Destacados e as Súas Contribucións

  • Vicente Risco: Na súa obra Teoría do nacionalismo galego (1920), defende unha Galicia con identidade propia e aposta pola súa recuperación cultural.
  • Otero Pedrayo: Publicou Os camiños da vida (1928), onde retrata a evolución da sociedade galega cun estilo culto e elaborado.
  • Castelao: En Sempre en Galiza (1944),
...
Seguir lendo "Historia e Cultura Galega: Nós, Irmandades, Vangardas e Existencialismo" »

Glosario de termos administrativos e xurídicos en galego

EconomíaActualizado o 1,87 KB

Definicións clave para a xestión pública e privada

A continuación, preséntase un glosario dos termos máis comúns no ámbito administrativo e legal, ordenados alfabeticamente:

  • Aboar

    Pagar.

  • Adiar

    Atrasar ou aprazar no tempo.

  • Actas / Rexistros

    Arquivos, rexistros ou libros de actas.

  • Certificado

    Documento expedido por un/unha funcionario/a público/a ou por unha persoa autorizada legalmente que dá fe do contido dese escrito ou das circunstancias que constan nel.

  • Cláusula

    Disposición dun contrato, testamento ou documento similar.

  • Compulsar

    Certificar que unha copia é igual que un orixinal.

  • Cotexar

    Comparar dous documentos.

  • Escritura

    Representación gráfica da lingua falada.

  • Excedencia

    Suspensión das túas funcións nun traballo de xeito voluntario.

  • Expediente

    Investigación

...
Seguir lendo "Glosario de termos administrativos e xurídicos en galego" »

Normativización e normalización do galego: conceptos, tendencias e situación

Lingua e literaturaActualizado o 4,99 KB

A Normativización do Galego

A variante estándar ou normativa é a que goza de maior prestixio social, empregada nos usos escritos e formais. No caso do galego, o proceso de construción desta variante comezou no século XIX, máis tarde que en linguas veciñas como o portugués ou o castelán (séculos XV e XVI).

A Normativización

A normativización implica a creación dun código formal, común e válido para toda a comunidade lingüística, que se concreta nunha ortografía, gramática e dicionario. É importante diferenciar:

  • Normativa: Fixación dun código lingüístico por expertos e aprobado por organismos competentes.
  • Estándar: Variedade resultante da aplicación da normativa. Non se limita á lingua escrita; existe un estándar
...
Seguir lendo "Normativización e normalización do galego: conceptos, tendencias e situación" »

O galego no século XXI: historia, normalización e retos sociolingüísticos

Lingua e literaturaActualizado o 2,64 KB

O galego a finais do XX e comezos do XXI

Entre os trazos máis salientables da evolución da lingua galega no período que vai dende 1975 ata os nosos días, salienta o establecemento dunhas condicións políticas e legais favorables á normalización da lingua. Non obstante, persisten na sociedade galega indicadores negativos que escurecen o presente do idioma e ameazan o seu porvir.

Marco legal e normalización

O inicio da democracia fixo posible para o galego unha consideración xurídica diferente. Os fitos principais neste proceso foron:

  • Constitución de 1978: Declárase o galego como lingua cooficial.
  • Estatuto de Autonomía de Galicia (1981): Recoñécese como lingua propia de Galicia, establecendo que os poderes garantirán o seu uso normal
...
Seguir lendo "O galego no século XXI: historia, normalización e retos sociolingüísticos" »

Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro: resumo e contexto da obra

Lingua e literaturaActualizado o 3,93 KB

Álvaro Cunqueiro: Naceu no 1911 en Mondoñedo. Estudou en Santiago. Escribiu 3 libros de poesia: Mar ó norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama riveira. Durante a guerra, dedicouse ó xornalimo en Donosti e Madrid. En 1947 volve a casa. Como obra narrativas destacamos Merlín e familina, As crónicas do sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas. Nos 60 instalouse en Vigo traballando en Faro de Vigo como director. Despois publica Escola de menciñeiros, Xente de aqui e de acolá e Os outros feirantes. Morre en Vigo no 1981 e 10 anos máis tarde dedícaselle o Dia das Letras Galegas. Os mundos narrativos: Atopamos unha mestura da realidade e de fantasia. O autor utiliza tecnicas da narracion realista, isto...

Seguir lendo "Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro: resumo e contexto da obra" »

Planos, eixes e movementos do corpo humano en Educación Física

Lingua e literaturaActualizado o 4,86 KB


ANEXO I: ELEMENTOS ESTRUCTURAIS DO MOVEMENTO

Para o estudo do movemento, dentro da dimensión mecánica, faise referencia a continuación, a unha serie de eixes e planos corporais.
En E.F., enténdese coma plano a representación dunha superficie plana (bidimensional) imaxinaria que pasa a través do corpo na súa posición anatómica (en bipedestación coas palmas das mans cara adiante). Os planos pódense clasificar en:

- Plano saxital: divide o corpo en sentido anteroposterior ó longo da liña media en 2 partes iguais, dereita e esquerda.
- Plano frontal: divide o corpo en sentido lateral en 2 partes, a anterior ou facial e a posterior ou dorsal.
- Plano transversal ou horizontal: divide o corpo en 2 metades, superior ou cefálica e inferior
...
Seguir lendo "Planos, eixes e movementos do corpo humano en Educación Física" »

Teatro galego entre 1936 e 1976: autores e obras

Lingua e literaturaActualizado o 4,68 KB

O teatro galego entre 1936 e 1976

O teatro acusou o silencio literario da posguerra dun xeito moi especial, pois este é un espectáculo social que implica a posta en escena nun espazo público. Estas dificultades atrasaron a súa recuperación.

Na década dos cincuenta conflúen en Galicia tres liñas temáticas:

  1. Pezas que proseguen o teatro costumista ou de comedia urbana desenvolvidos na preguerra por un sector das Irmandades da Fala (Carre Alvarellos: Meiguerías, Brétemas e raiolas; Cabanillas: O romance do cristiano e do mouro na Franqueira…).
  2. Pezas que continúan as liñas modernizadoras do teatro de preguerra (simbolismo, expresionismo, teatro alegórico...) (Otero Pedrayo: O desengano do Prioiro, Rosalía; Jenaro Mariñas: A serpe;
...
Seguir lendo "Teatro galego entre 1936 e 1976: autores e obras" »

Análise da Economía, a Industria e a Empresa: Guía de Estratexia Empresarial

Castelán3,79 KB

Paso 1: Análise das Condicións Económicas, da Industria e da Empresa

Consiste en identificar as condicións xerais da economía, as características e as dinámicas competitivas da industria na que opera a empresa, así como a situación e as características da propia empresa.

Este paso é importante porque:

  • A avaliación das estratexias da empresa debe basearse en:
    • As dinámicas competitivas da industria onde opera.
    • A situación e as características propias da empresa.
  • É unha das bases para:
    • A adecuada avaliación da calidade da información contable e financeira.
    • A comprensión de cales son os impulsores de rendibilidade, risco e valor da empresa, así como para o seu análise.
  • Ten diferentes aplicacións para os pasos 5 e 6.

Estudo e análise

...
Seguir lendo "Análise da Economía, a Industria e a Empresa: Guía de Estratexia Empresarial" »

Aristóteles: Metafísica, Física e as Catro Causas

Filosofía e ética3,24 KB

Glosario de Filosofía Aristotélica

Aristóteles: pensador macedonio do século IV a.C., discípulo de Platón e crítico coa súa Teoría das ideas. Desenvolveu un pensamento realista sobre a physis, a ética e a política. Fundou o Liceo.

  • Liceo: centro de estudos fundado por Aristóteles en Atenas no 335 a.C. Estaba destinado ao estudo científico de diversas disciplinas, e as clases impartíanse mentres se camiñaba, por iso se coñece como escola peripatética.

  • Peripatéticos: filósofos do Liceo chamados así porque reflexionaban paseando en círculos.

Obras principais

  • Física: obra de Aristóteles na que estuda a natureza e o cambio desde un punto de vista realista e científico, que o afasta do seu mestre Platón.

  • Metafísica: obra de Aristóteles

...
Seguir lendo "Aristóteles: Metafísica, Física e as Catro Causas" »