A Literatura Galega do Rexurdimento e as Irmandades da Fala
As Irmandades da Fala e o Contexto Literario
As Irmandades da Fala, fundadas en 1916 por Antón Vilar Ponte, son asociacións culturais e políticas que definían Galicia como unha nación con raza, lingua, territorio, historia, institucións e cultura propios. En 1922, nas Irmandades, déronse dúas correntes: unha política, liderada polos irmáns Vilar Ponte, e unha culturalista, que tiña como líder a Vicente Risco, quen consideraba que a cultura galega debería ser a tarefa prioritaria.
Cando en 1931 se fundou o Partido Galeguista, as Irmandades integráronse nel.
Pódese dicir que o Rexurdimento acabou en 1917 coa morte de Pondal. Os autores posteriores continuaron, sen ningunha achega fundamental, a obra dos mestres do século posterior....