A Cultura Galega no Exilio: 1936-1976
A Literatura do Exilio (1936-1976)
O ano 1936 marcou unha creba histórica e cultural. O galeguismo refuxiouse na clandestinidade ata 1950, abandonando a política para centrarse na cultura. A literatura foi amordazada ata que a fronte cultural de Galaxia iniciou a recuperación das letras galegas. No exilio, continuouse o labor político e cultural a prol de Galicia.
O Epicentro Cultural no Exilio
O centro da actividade literaria trasladouse a México e Bos Aires. Os exiliados conectaron cos emigrados previos, impulsando revistas, libros e reimpresións para manter a continuidade da cultura galega.
Castelao: Guieiro da Liberdade
O labor de Castelao levouno a ser o guieiro da liberdade de Galicia, con obras como Os vellos non deben namorarse, Sempre en Galiza e As cruces de pedra na Galiza.
Xéneros Literarios no Exilio
No exilio cultiváronse todos os xéneros literarios en galego.
Poesía
A poesía foi o ámbito que máis floreceu na diáspora. Os poemarios abordaron temas vetados polo franquismo e problemáticas do exilio, como a denuncia social, o patriotismo galego e a saudade dos paisaxes natais.
Emilio Pita
- Jacobusland: aborda a traxedia da guerra civil cunha visión nostálxica da natureza.
- Cantigas de nenos, Os relembros. As cantigas e O ronsel verdegal.
A súa obra considérase antecedente da poesía comprometida.
Luís Seoane
- Fardel de exiliado, Na brétema, Sant-Iago, As cicatrices e Maior abondamento: xiran sobre a dimensión social e política.
Lorenzo Varela
- Catro poemas para catro gravados: exalta figuras como María Pita, Roi Xordo, o bispo Adaúlfo e María Balteira.
- Lonxe: dominado pola angustia do desterro cunha visión onírica de Galicia.
Outros poetas do exilio inclúen a Florencio Delgado Gurriarán, Antón Zapata García, Xosé Conde e Blanco Amor.
Narrativa
A narrativa mostrou predilección pola temática da guerra civil, cun enfoque memorialístico e un ton de denuncia e testemuña.
Ramón Valenzuela
- Colaboracións en Galicia emigrante con narracións reunidas en O naranxo.
- Non agardei por ninguén: sobre a guerra civil.
- Era tempo de apandar: sobre a posguerra.
Silvio Santiago
- Vilardevós: pintura de costumes das súas lembranzas no rural.
- O silencio redimido: novela autobiográfica.
Alonso Ríos
- O siñor Afranio e Como me rispei das gadoupas da morte: seguen a temática de Silvio Santiago.
Outros autores son Antonio Fernández Pérez, Xosé Núñez Búa, Bieito Cupeiro e Xerardo Álvarez Gallego.
Teatro
No exilio houbo dúas propostas teatrais:
- Popular, enxebrista e costumista: evocaba a terra lonxana e o orgullo galego, con autores como Varela Buxán, Ricardo Flores e Gayoso Frías.
- Cultivada, con técnicas innovadoras: buscaba a validez universal, con autores como Castelao, Seoane e Blanco Amor.
Manuel Valera Buxán
- Se o sei... non volvo á casa, Pola nosa culpa, Taberna sen dono.
- Tras o seu regreso a Galicia, publicáronse tres tomos do seu teatro: O ferreiro de Satán, Taberna sen dono e O cego de Fornelos e outras comedias curtas, diálogos e monólogos.
O seu teatro é popular, cómico e sentimental, ambientado no mundo rural.
Luís Seoane
- A soldadeira, Esquema de farsa e O irlandés astrólogo.