Cantigas de Burlas: Escarnho, Maldizer e Sátira na Literatura Medieval Galega

Outras linguas estranxeiras2,72 KB

Cantigas de Burlas: Escarnho e Maldizer

Tipoloxía

Sátira Política

Unha serie pouco numerosa de cantigas entra de cheo nos problemas políticos e militares que preocupaban os monarcas do século XIII.

  • Críticas aos cabaleiros que entregaron os seus castelos a Afonso o Bolonhés na guerra portuguesa de 1246, rompendo as obrigas vasaláticas que os unían co rei Sancho II.
  • Críticas de Afonso X aos nobres que o traizoaron e lle negaron a súa axuda na guerra de Granada.

Sátira Literaria

Multitude de cantigas burlescas teñen como motivo a propia literatura e os seus autores. Isto é comprensible se nos situamos no ambiente en que convivían: os enfrontamentos eran unha especie de xogo de enxeño para demostrar as habilidades literarias. Hai tres tipos:

  • Os enfrontamentos entre xograis e trobadores, ao reclamaren os xograis un rol de compositores, privilexio reservado aos nobres. Neste ciclo tamén as burlas a xograis por falta de calidades artísticas.
  • As parodias do código do amor cortés, ridiculizando os motivos temáticos ou a linguaxe.
  • O "ciclo das amas e tecedeiras", alteración do código do amor cortés que provocou a burla dos trobadores.

Sátira de Tipos e Costumes

Estes tres tipos confúndense sempre na sátira persoal, pola tendencia das cantigas de burlas a concretar nun individuo as críticas a grupos. Entre as sátiras de costumes, resaltan as críticas á avaricia e ás crenzas na astroloxía. As críticas a grupos sociais atinxen as máis diversas actividades.

  • Os infanzóns e cabaleiros pobres.
  • Os cregos, frades e monxas.

Sátira Obscena

Os trobadores e xograis mostran en todo momento unha tendencia a procurar o riso fácil. Este elemento pode mesturarse con calquera dos outros temas ou aparecer como único motivo da cantiga. Entre as cantigas obscenas, resaltan polo seu número e escabrosidade as dedicadas ás soldadeiras.

A Forma da Cantiga de Burlas

Servense dos tipos de estrofas e recursos literarios propios da cantiga de amor; hai veces que imitan a cantiga de amigo.

Xéneros Menores

A pastorela, o lai, o pranto, a tenzón, o desacordo, o sirventés moral.

Características da Obra: As Cantigas de Santa María

Conxunto de 427 composicións que poden agruparse en tres grandes bloques:

  • Cantigas narrativas: narran milagres.
  • Cantigas de "loor": loan as calidades da Virxe.
  • Unha serie heteroxénea de cantigas: dous prólogos, a obra "Cinco Festas de Santa María", as "Cinco Festas de Nostro Señor", o "Cantar dos Sete Pesares", un cantar de saúdo á primavera ("Maia") e unha "Petición" final.

Descargar

PDF Word HTML