Evolución da Poesía e Narrativa Galega: Xeracións 80, 90 e Século XXI

Lingua e literatura2,57 KB

Cambio de rumbo na poesía: Xeración dos 80

En 1975 comezouse a producir un cambio de rumbo estético. Trazos fundamentais:

  • Distanciamento entre o poeta e a sociedade.
  • Síntese entre modernidade e tradición.
  • Gusto pola experimentación e a interdisciplinariedade.
  • Integración de elementos da contracultura urbana e marxinal.
  • Temática intimista e erotismo.
  • Preocupación polos valores lingüísticos, rítmicos e formais.

A Xeración dos 90

Combínanse varios fenómenos que modifican o cadro de relativo declive:

  • Eclosión dunha multitude de escritores novos que amosan actitude activa e dinamizadora desde a pluralidade estética.
  • Proliferación de novos grupos poéticos que promoven unha reaproximación da poesía ao público.
  • Xurdimento de novas canles editoriais.

Trazos específicos da Xeración dos 90

Presentan os seguintes trazos específicos:

  • Temas eternos.
  • Uso esperado da linguaxe.
  • Ton vivencial.
  • Preferencia polo versolibrismo e un afán experimental.
  • Recuperación da poesía comprometida.
  • Relectura da tradición mítica e literaria en chave feminista.

A narrativa nas últimas décadas

A partir de 1985 a narrativa convértese no xénero hexemónico. As súas características son:

  • Consolidación e enorme diversificación temática.
  • Medre no número de obras publicadas.
  • Fundación de novas editoriais.
  • Consolidación dos premios literarios.
  • Desenvolvemento da literatura infantil e xuvenil.
  • Experimentos xenéricos como a narrativa erótica ou policial.

Principais tendencias narrativas

As principais tendencias inclúen:

  • Narrativa de xénero (novela sentimental, erótica, terror...).
  • Narrativa humorística (crítica social e de costumes).
  • Novela histórica.
  • Narrativa memorialística sobre o 36.
  • Narrativa fantástica e narrativa urbana.

Narrativa galega no século XXI

Ningún trazo dos primeiros anos do século XXI resulta tan interesante como a potente eclosión da narrativa de mulleres. Dentro dela existen distintas voces, propósitos, estilos e temas, mais é posible indicar algunhas características comúns:

  • Protagonismo feminino.
  • Cuestionamento dos roles tradicionais.
  • Visibilización da solidariedade feminina.
  • Relacións entre mulleres.
  • Reivindicación de figuras femininas importantes.

Descargar

PDF Word HTML