Séculos Escuros da Literatura Galega: Decadencia e Resistencia

Lingua e literatura2,74 KB

Os Séculos Escuros da Literatura Galega (S. XVI-XVIII)

Os séculos escuros son a etapa de decadencia que viviu a literatura galega durante os séculos XVI, XVII e XVIII. Neste período, o idioma galego quedou reducido case exclusivamente á lingua oral, e perdeu boa parte dos usos escritos.

1. Contexto Histórico

A finais do século XV, a loita pola coroa de Castela entre Xoana a Beltranexa e Isabel a Católica dividiu a nobreza en dous bandos (laico e eclesiástico).

Nos séculos XVI e XVII a situación anterior mantívose e reforzouse no século XVIII coa dinastía dos Borbóns. Chegou a producirse a imposición do castelán en todos os eidos da vida oficial.

2. Contexto Cultural

Durante este período, desenvolveronse 3 grandes movementos artísticos:

  • Renacemento: En Italia e estendeuse por Europa nos séculos XV e XVI.
  • Barroco: Desenvolveuse nos séculos XVII e XVIII.
  • Neoclasicismo: Xurdiu a finais do século XVIII.

3. A Lingua Galega

Pasouse agora a unha sociedade en que a maior parte das clases poderosas exprésanse en castelán, e con eles a maioría da poboación.

4. A Literatura Galega

A produción literaria deste período foi moi escasa. As obras que se conservan pódense clasificar en dous grupos: literatura culta e popular.

Literatura Culta

Nos séculos XVI e XVII atópanse manifestacións literarias nos tres xéneros:

Poesía

O cultivo desta foi ocasional e estivo motivado por algún acontecemento social da época (destacan no século XVI e no século XVII).

Prosa

Consérvase o texto histórico Relación da carta executoria.

Teatro

Desta etapa é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño.

O século XVIII é a etapa da Ilustración, que se caracteriza polo cultivo das ciencias e polo triunfo da razón, fronte a outro tipo de crenzas. Xorden voces que reivindican o cultivo e a dignificación do idioma galego.

Literatura Popular

  • A Poesía Popular: Transmitida oralmente de xeración en xeración (trata os temas históricos ou de circunstancias, e o tradicional). Ademais as cantigas de Nadal e as panxoliñas galegas foron moi populares.
  • A Narrativa: Destacan os contos e as lendas. Os contos poden ser marabillosos, exemplares e humorísticos. As lendas poden ser: etiolóxicas, haxiográficas e históricas.
  • O Teatro: Abundan as representacións relixiosas en datas sinaladas (Nadal, Pascua e Corpus) e tamén as profanas (maios, entroido e as regueifas).

Descargar

PDF Word HTML