Grandes Autores da Literatura Galega: Neira Vilas, Ferrín e Casares

Lingua e literatura3,04 KB

Xosé Neira Vilas

Naceu en Gres. Tivo unha infancia humilde. En Cuba creou e dirixiu unha institución orientada a investigar todo o referido á intensa presenza dos galegos en Cuba. A obra narrativa de Neira é amplísima. A súa primeira novela foi Memorias dun neno labrego. O protagonista cóntanos como é a súa vida e os conflitos que lle toca vivir, ás veces cargados de dramatismo. A través del, nunha prosa sinxela e vibrante, obtemos un retrato fiel da Galicia campesiña. Anos despois publicou Cartas a Lelo e Aqueloutros anos no Moncho, tamén con protagonista infantil e cunha liña semellante. Pero a súa narrativa ten moitas máis facetas noutros dos seus libros: Camiño bretemoso, Historia de emigrantes, Remuíño de sombras, A muller de ferro... Tamén é autor de numerosos contos infantís e de diversos libros de investigación como O home de pau e Relatos mariñeiros.

Xosé Luís Méndez Ferrín (Avilés de Taramancos)

Naceu en Taramancos. Aos 18 anos marchou para A Coruña, onde tratou con outros autores mozos e onde publicou os seus primeiros libros. En 1960 trasladouse a Colombia, país do que non regresaría ata vinte anos máis tarde. De volta a Galicia publicou O tempo no espello (1982), onde se recollían os poemas da súa etapa americana. Logo virían Contos caucanos (1985), As torres no ar (1989) e A última fuxida a Harar, publicado en 1992, pouco despois da súa morte. A súa poesía é vitalista, chea de imaxes que remiten á unión do poeta coa natureza. Nos libros publicados tras a súa volta é salientable o alento épico, ás veces con resonancias mitolóxicas, aínda que tamén atopamos poemas de amor ou de reflexión sobre a vida e o paso do tempo. A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas.

Carlos Casares

Naceu en Ourense. Estudou Filoloxía Románica en Santiago, cidade na que entrou en contacto co movemento estudantil e representantes do galeguismo. Durante moitos anos exerceu a docencia, labor que compaxinou coa dirección da Editorial Galaxia e a revista Grial. En 1995 foi nomeado presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que desempeñou ata a súa morte. Aínda que é autor de importantes obras de investigación, o labor literario de Casares desenvolveuse sobre todo no eido da narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres, unha novela onde experimentou con diferentes técnicas vangardistas. En 1975 aparece Xoguetes para un tempo prohibido, novela que tivo grande importancia no seu momento, onde fai un retrato da súa xeración. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clio e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. Todas as súas obras están traballadas tecnicamente e escritas cunha linguaxe que pretende chegar ao maior número de lectores.

Descargar

PDF Word HTML