Historia da Normalización da Lingua Galega: Exilio e Institucionalización

Lingua e literatura4,06 KB

A Permanencia do Galego no Exilio

O labor dos intelectuais a prol da normalización

  • Reorganización da actividade cultural.
  • Apoio das asociacións de galegos en América aos exiliados.
  • Mantemento do uso formal do galego por outras sociedades de emigrantes.
  • Publicación de revistas e xornais.
  • Creación de editoriais: destaca o labor de Luís Seoane á fronte das coleccións Dorna e Hórreo.
  • Reivindicación do galego ante a comunidade internacional.

Características do galego no exilio

  • Fonética: Nas vogais átonas.
  • Morfosintaxe: Mestura de formas dialectais.
  • Léxico: Aparición de hiperenxebrismos, arcaísmos e lusismos.

A Recuperación da Lingua Galega na Posguerra

Novas editoriais galegas (1949-1950)

  • Fundadas en 1949: Editorial Xistral, Colección de poesía Benito Soto e Editorial Bibliófilos Galegos.
  • Nacemento de Galaxia (1950): Pretende recuperar o galego da época Nós. Concede importancia á prosa (especialmente ao ensaio) e potenciará o galego en todos os xéneros.
  • Labor de Monterrey: Creación de literatura popular en galego de tiraxes amplas para encher o mercado de libros a prezos baratos.

Presenza nos medios e na ciencia

  • Prensa: O xornal La Noche (a través dun suplemento).
  • Radio: A BBC emite programas en catalán, éuscaro e galego.
  • Ciencia: Presenza nas áreas humanísticas.

Normalización e Normativización na Época Galaxia

Inténtase recuperar os autores da época Irmandades-Nós, potenciando o uso do galego e establecendo unhas formas ortográficas mínimas.

Temas desenvolvidos por Ramón Piñeiro

Piñeiro desenvolve a relación entre lingua e cultura, onde a lingua converte o saber individual en colectivo.

Prexuízos sobre a lingua galega

  • Prexuízo ideolóxico: Considérase que o progreso supón a unidade lingüística e que refuga a pluralidade.
  • Prexuízo sociolóxico: A lingua foi reducida durante séculos a lingua oral, propia de labregos e mariñeiros.
  • Prexuízo lingüístico: Os galegos consideran que a súa lingua non é apta para o mundo moderno.

O Galego Protoestándar

O galego protoestándar é continuador das normas do SEG (Seminario de Estudos Galegos).

Características do protoestándar

  • Fonética: Vulgarismos diferencialistas e evolución artificial.
  • Morfosintaxe: Variación dialectal na morfoloxía ou nos sufixos.
  • Léxico: Seguen presentes os arcaísmos, hiperenxebrismos ou xeneralizacións.

As Transformacións Sociais dos Anos 60 e 70

Continúa a emigración dos anos anteriores e comeza o éxodo do agro á cidade.

Iniciativas culturais e sociais

  • Asociacionismo cultural: Posta en marcha de iniciativas como a impartición de clases de lingua e literatura galegas.
  • Creación do Día das Letras Galegas.
  • Organizacións democráticas e movemento estudantil.
  • Medios de comunicación: O galego entra nas radios galegas, TVE emite en galego, créase o cine de Lupa e penetra no cómic.

Institucionalización do Uso do Galego

  • No Ensino: A Lei Xeral de Educación e o Decreto do 30 de maio de 1975 autorizan aos centros de educación preescolar e xeral básica a incluír as linguas nativas como materia voluntaria.
  • Na Administración: O Decreto do 31 de outubro regula o uso das linguas na Administración do Estado.
  • Na Universidade: O galego entra nos plans de estudo universitario e nace o Instituto da Lingua Galega (ILGa).

Descargar

PDF Word HTML