Celso Emilio Ferreiro: Biografía, Obra e Liñas Temáticas da Poesía

Lingua e literatura3,14 KB

Celso Emilio Ferreiro: Vida e Contexto

Nos anos de xuventude, Celso Emilio Ferreiro comeza a sentirse atraído pola poesía e a política, chegando a fundar con Xosé Velo as Mocidades Galeguistas en Celanova.

Na Guerra Civil é recrutado forzoso e ten que loitar no bando franquista, onde coñece a súa esposa. Durante un permiso, foi acusado e encarcerado. De aí saíu a súa obra máis emblemática, Longa noite de pedra. Con esta obra acadou gran sona e conseguiu espertar ansias de liberdade na xuventude. Co movemento da Nova Canción Galega, a poesía de Celso Emilio consegue chegar a un amplo sector público.

En 1966 marchou a Venezuela como director da Irmandade de Caracas. O poeta tiña unha visión idealizada da Galiza emigrante. Na súa poesía queda patente a carraxe e a decepción que sofre o poeta, e nace así Viaxe ao País dos Ananos, onde satiriza aqueles galegos que utilizan a colectividade galega para o seu beneficio.

A Súa Obra Poética

A súa obra bebe dunha sólida tradición de poesía cívica de Enríquez e Cabanillas. Hai que entendela nun contexto de politización do discurso poético que tenta conxugar a mensaxe comprometida co mantemento do rigor formal.

Temas e Estilo

A súa poesía afronta diversos temas:

  • Nostalxia e desarraigo existencial.
  • A recuperación infantil.
  • A terra.
  • A denuncia social.

Celso pensaba que a misión do poeta era reflectir a época que lle tocou vivir, denunciando a sociedade do seu momento.

Lingua e Métrica

No que se refire á lingua, predomina o ton coloquial en consonancia co contido directo e claro. Mais nunca demostrou unha preocupación na depuración da lingua, polo que se poden atopar castelanismos e vulgarismos. Na métrica é moi variada e predomina o verso libre.

Liñas Temáticas da Poesía de Celso Emilio

Liña Social

Solidaria cos oprimidos de calquera latitude, é unha poesía que se erixe en protesta contra a inxustiza e incluso se fai revolucionaria porque pretende conseguir a transformación da sociedade.

Liña Intimista

Manifesta o seu inconformismo e desacougo existencial. O poeta evoca un tempo pasado e feliz, relembrando así unha sorte de paraíso perdido.

Liña Irónica e Satírica

Fortemente corrosiva, como en Cantigas de escarnio e maldicir e en Antipoemas. Celso denuncia a maldade humana. É unha poesía universal que canta as traxedias do ser humano en xeral.

Principais Obras Publicadas

  • Cartafol de poesía
  • O soño sulagado
  • Longa noite de pedra (Obra clave)
  • Viaxe ao País dos Ananos
  • Cantigas de escarnio e maldicir
  • Terra de ningures
  • Antipoemas
  • Cemiterio privado
  • Onde o mundo se chama Celanova
  • Libro das homenaxes

Descargar

PDF Word HTML