Historia do Teatro Galego: Movementos, Autores e Obras Clave
Teatro Rexionalista Galego: Orixes e Primeiras Obras
- Creación da Escola Rexional de Declamación coa finalidade de representar as pezas escritas en galego.
- Lugrís Freire puxo en escena tres dramas. Destaca A ponte, a primeira peza teatral en prosa no noso teatro, de carga reivindicativa e denuncia do caciquismo.
- Labor dos coros populares e agrupacións folclóricas: Estrearon espectáculos en diferentes lugares de Galicia, como Toxos e flores e Cantigas da Terra. Case sempre se representaban entre dúas actuacións musicais.
- Destaca San Luís Romero coa obra O Fidalgo, un dos maiores éxitos do teatro da época.
Teatro das Irmandades da Fala: Nacionalismo e Calidade
As Irmandades da Fala eran conscientes de que o teatro era un instrumento ideal para difundir popularmente as ideas nacionalistas. De aí que creasen O Conservatorio Nacional de Arte Galega.
Características das súas obras:
- Representaban obras que se desenvolvían en clases medias e altas.
- Temas que interesaban ás minorías cultas.
- Teatro de boa calidade.
- Obras longas que puidesen competir coas que se representaban en castelán.
- Estética naturalista.
A primeira representación que se fixo no Conservatorio foi A man da Santiña de Ramón Cabanillas. Pero o principal impulsor do Conservatorio foi Antón Vilar Ponte, con varias obras de carácter propagandístico destinadas a difundir a ideoloxía nacionalista, como Os evanxeos da risa absoluta.
Teatro das Vangardas Galegas: Innovación e Arte Total
Os movementos de vangarda europeos chegaron á elite galega grazas a un grupo de autores que, sen formar parte do Grupo Nós, compartían con el a concepción do teatro como arte total e asumían as tendencias das vangardas europeas do momento.
Destacan:
- Xaime Quintanilla con Alén e Doniña.
- Rafael Dieste con A fiestra baldeira.
Teatro do Grupo Nós: Renovación e Autonomía Artística
Os membros deste grupo modernizaron as nosas letras. A renovación no teatro do Grupo Nós desvincúlase da función propagandística, concibindo o teatro como unha arte de seu. Destaca a incorporación das tendencias da dramaturxia europea.
Vicente Risco e o Teatro Simbólico
A súa obra O Bufón de El-Rei está situada nunha corte medieval de tipo artúrico.
Ramón Otero Pedrayo: Recreación de Ambientes
Recrea ambientes, espazos e personaxes. A súa obra A Lagarada é unha farsa tráxica onde se mesturan escenas realistas con fantásticas. Tamén cultivou o teatro de máscaras, con distintas pezas breves.
Castelao: Obras Emblemáticas do Teatro Galego
Os vellos non deben namorarse é o texto teatral máis emblemático na historia da dramaturxia galega. Castelao empezou esta obra antes da Guerra Civil, pero non puido estreala ata o seu exilio en Bos Aires.