Historia do Teatro Galego: Xeracións e Evolución

Lingua e literatura2,49 KB

Teatro Galego desde 1975: Novas Compañías

A finais dos 70, o teatro padece unha falta de público consolidado e escaseza de medios, debido ao alto custo das montaxes ou ás insuficientes axudas institucionais. Na década dos 80, o teatro experimenta un crecemento e unha crecente profesionalización, o que propicia a aparición de novas compañías e numerosos premios, como o Premio Álvaro Cunqueiro.

En 1984 nace o Centro Dramático Galego, a primeira compañía estable e institucional. Con el saen adiante moitos proxectos, os mellores en coprodución con compañías profesionais, aínda que a súa andaina é irregular. Apostan polos novos dramaturgos, a recuperación dos clásicos e o labor editorial.

Nos 80, existen outras compañías teatrais como Teatro de Ningures, Teatro do Noroeste ou Teatro do Morcego. Nos primeiros textos, aparece un interese pola simboloxía; o diálogo entre discurso e discurso espectacular faise vivo; a posta en escena é cada vez máis elaborada e conceptualmente máis complexa.

A semana de actuacións é considerada unha festa do pobo ao levar numerosos espectáculos á rúa. As obras son levadas ás parroquias; as rúas, prazas e lugares emblemáticos das vilas forman parte do feito teatral. Combínase a vangarda teatral coa súa popularización, e as mostras prepáranse durante un ano enteiro.

O Teatro de Autor: A Xeración dos 80

Incorpórase un novo grupo de dramaturgos. Cómpre salientar o abandono da denuncia política, o interese pola intimidade e a subxectividade, o culturalismo e a descuberta do humor, así como do onírico e do inconsciente.

  • Miguel Anxo Fernán Vello escribe un teatro culturalista e intimista: A tertulia das máscaras.
  • Inma Souto enfronta as súas obras desde unha perspectiva feminina a través do simbolismo: Os cárceres do esquecemento.
  • Xesús Pisón pon en escena a conflitiva intimidade do individuo: O pauto.

A Xeración dos 90 e o Teatro Actual

Aparece a figura do autor-director-dramaturgo.

  • Cándido Pazó: un teatro intertextualizado, con obras moito máis lúdicas e libres, como O merlo branco e Raíñas de pedra.
  • Miguel Anxo Murado aproveita vellas historias para a súa obra dramática: Historias peregrinas.
  • Raúl Dans: Lugar.

Descargar

PDF Word HTML