A fiestra valdeira e o teatro galego na época Nós
4.-Teatro:As tendencias teatrais desta etapa son fundamentalmente tres: 1.- O teatro costumista-ruralista, dominante no conxunto de produción.
2,. O teatro de tese e propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala, que viron no teatro un instrumento eficaz para galeguizar a sociedade, estender as ideas nacionalistas e dignificar a lingua e a cultura popular. É un teatro de ambiente e tema máis urbano cá anterior tendencia.
3.- O teatro renovador, que concilia a temática popular galega coas técnicas da vangarda artística.
As dificultades iniciais: O teatro precisa para o seu desenvolvemento dunhas estruturas económicas e institucionais e dun público asiduo e formado, entón non se poderá falar dun teatro
...