Pronomes átonos en galego: formas e colocación

Lingua e literaturaActualizado o 4,13 KB

Resumo

O texto explica as formas átonas do pronome persoal en galego, incluíndo as variantes alomórficas das terceiras persoas e o uso de te/che como complemento directo e indirecto. Tamén recolle as regras de colocación do pronome, tanto enclítica (posposta) como proclítica (anteposta), e as súas excepcións. Un estudante aprenderá a identificar cando o pronome vai antes ou despois do verbo.

Puntos clave

  • As formas átonas do pronome persoal son me, te/che, o(s)/a(s), lo(s)/la(s), no(s)/na(s), lle(s), se, nos e vos.
  • Te é complemento directo e che é complemento indirecto; os cheístas usan che para ambas funcións, excepto a reflexiva.
  • Lo/la(s) úsanse tras formas verbais rematadas en -l ou -r e tras o interrogativo u; no/na(s) tras formas rematadas en vogal ou ditongo.
  • Como regra xeral o pronome vai posposto ao verbo (enclítico) en oracións simples, na principal dunha subordinada e nas coordinadas.
  • O pronome átono nunca ocupa a posición inicial absoluta e vai anteposto en negativas, interrogativas, exclamativas e certas subordinadas.
  • Certos adverbios, indefinidos e adverbios en -mente provocan a proclise segundo o seu uso no predicado.

Ponte á proba

Formas Átonas do Pronome Persoal

P1: me // P2: te, che // P3 e P6: o(s), a(s); lo(s), la(s); no(s), na(s); lle(s), se. // P4: nos // P5: vos.

  1. Uso de Te (CD) e Che (CI)

    Te (Complemento Directo) e che (Complemento Indirecto). Os cheístas usan che para ambas funcións, menos para a reflexiva. Os teístas nunca usan che. Para resolver dúbidas faise un paralelismo coa 3ª persoa. Se a el o vin, a ti vinte / Se a el lle vin, a ti vinche.

  2. Variantes Alomórficas (P3 e P6)

    As variantes alomórficas das P3 e P6:

    • Lo/la(s) empréganse tras as formas verbais rematadas en -l e -r (lavalo) e tras o interrogativo u (O xabón, ulo?).
    • No(s)/Na(s) tras as formas verbais rematadas en vogal ou ditongo (lavouno, laveinas).
  3. A forma Lle(s)

    Lle(s) perdeu nunha boa parte de Galicia a forma lles. Exemplos de combinación de pronomes:

    • Merqueille a roupa (CI singular + CD singular) → merqueilla
    • Merqueilles a roupa (CI plural + CD singular) → merqueillela

Colocación do Pronome Átono

Posición Enclítica (Posposto)

Como regra xeral, o pronome aparece posposto ao verbo (enclítico) nas oracións simples, na principal dunha subordinada e nas coordinadas (compórtanse coma simples, excepto as disxuntivas: O tomas ou o deixas?). Exemplos: Véxote feliz, dime que me queres.

Posición Proclítica (Anteposto)

O pronome átono nunca vai en posición inicial absoluta (*me dixo que...).

Determinados elementos (indefinidos/adverbios) e circunstancias como a entoación ou a negación poden causar a proclise do pronome:

  1. Enunciados Negativos

    En enunciados negativos.

  2. Interrogativas e Exclamativas

    Nas oracións interrogativas e exclamativas introducidas por pronomes ou adverbios interrogativos e exclamativos.

  3. Oracións Subordinadas

    Nas oracións subordinadas vai anteposto (se che gusta, dillo / prefiro que o teñas ti), pero hai excepcións:

    • Se a subordinada aparece afastada da principal (Díxome que, se lle compraba unha gravata bonita, poñeríaa / Díxome que a poñería).
    • Nas subordinadas causais introducidas por pois (Vai frío, pois abrígate).
  4. Oracións Desiderativas

    En oracións desiderativas encabezadas polo suxeito (Deus cho pague).

  5. Con Adverbios Específicos

    Con algúns adverbios:

    • Provocan proclise: xa se presentou, mesmo vos alporizades, aínda lle chegou hoxe, axiña cho devolvo, aquí cho deixo, igual te chamo hoxe, seica o coñece, disque morreu, só o sabe ela, velaquí está, ben me gusta.
    • Non provocan proclise con outros: hoxe fareino, onte atopeina...

    Con algúns adverbios a colocación depende do significado:

    • Así che é (desa maneira)
    • Así éche máis fácil (a maneira indicada)
  6. Adverbios en -mente

    Os adverbios en -mente provocan a proclise cando van integrados no predicado, pero non cando funcionan como un inciso. Exemplos: Probablemente te equivoques // Definitivamente equivócaste.

  7. Con Indefinidos

    Con algúns indefinidos: algo lle dixo, todos llo negan, calquera o sabe, abondo te avisei.

  8. Entoación Enfática

    En enunciados con entoación enfática pode aparecer antes do verbo. Exemplo: Cen veces cho dixen!

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cando vai o pronome átono antes do verbo en galego?

Vai anteposto (proclítico) en enunciados negativos, en interrogativas e exclamativas introducidas por pronomes ou adverbios interrogativos, e en certas oracións subordinadas. Tamén o provocan certos adverbios e indefinidos.

Que é a posición enclítica do pronome?

É a posición posposta ao verbo. Como regra xeral, o pronome aparece así nas oracións simples, na principal dunha subordinada e nas coordinadas, por exemplo: Véxote feliz.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Cal é a forma átona correcta de complemento directo de segunda persoa?
2. Que forma se usa tras unha forma verbal rematada en vogal ou ditongo?
3. Onde vai normalmente o pronome en oracións simples?
4. Como se combina lle (CI singular) con a (CD singular) en Merqueille a roupa?
5. Que ocorre con enunciados negativos?
6. Cal é o exemplo de proclise por adverbio?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.