Resumo da literatura galega no exilio: teatro, narrativa e ensaio de Castelao, Blanco Amor, Valenzuela, Santiago e Seoane
Resumo
O documento repasa a produción dramática, narrativa e ensaística da literatura galega no exilio, con autores como Castelao, Blanco Amor, Ramón de Valenzuela, Silvio Santiago e Luis Seoane. Explica as características do teatro de Castelao e as farsas e pezas de Blanco Amor, así como as novelas memorialísticas e o ensaio galego feito desde a diáspora.
Puntos clave
- Castelao culmina a renovación da dramaturxia galega iniciada polas Irmandades e o Grupo Nós, con obras como Os vellos non deben namorarse.
- Blanco Amor escribiu as farsas para títeres, imaxinarias e satíricas, e o volume Teatro para xente, de realismo costumista e recreación do rural galego.
- Valenzuela publicou en Bos Aires as novelas Non agardei por ninguén e Era tempo de apondar, centradas na guerrilla e no exilio.
- Silvio Santiago escribiu novelas memorialísticas como Villardevós e O silencio redimido, sobre a súa infancia e a súa fuga da España de Franco.
- Castelao publicou en Arxentina Sempre en Galiza, obra fundamental do ensaio galego que reflexiona sobre a historia, a nación e a defensa do idioma.
CASTELAO :
Os Vellos non deben namorarse : e a obra coa que Castelao culmina o esforzó de renovación da Dramaturxia galega, levado a cabo polas Irmandades e o Grupo Nos. Caracterizase Polo gusto pola simetría estructural, expresión concentrada, o expresionismo, Simbolismo…
Castelao Inclinase a un teatro de protagonismo popular, e finalmente, a idea do teatro Como un espectáculo estilizado e integral.
BLANCO AMOR
Ademais De ser director de diversas compañías en Bos Aires, e autor de varios textos Dramaticos orixinais, reunidos en dous volumes:
·As farsas para títeres
·Teatro para xente
As Farsas para títeres son obras imaxinarias, de ritmo rápido e gran forza Expresiva, cheos de elementos fantásticos e satiricos. O volumen teatro para Xente consta de 4 pezas e tres contos escénicos. Todas elas encadranse no Realismo costumista. Caracterizase pola calidade dos diálogos a recreación de Personaxes do rural galego.
Destaca : O cantar dos cantares e Fas e nefas.
Realismo Costumiusta, menos orixinais que as farsas. Calidade dos diálogos e personaxes Recreados do rural galego.
A NARRATIVA E ENSAIO NA DIASPORA
Ramón de Valenzuela Otero
Publicou En Bos Aires Non agardei por ninguen, novelas que se centran nas Peripecias de Gonzalo Azores, como guerrileiros nos montes de Galiza. A segunda Novela Era tempo de apondar, complementa a primeira, un eu protagonista Relata a sua vida no exilio francés, a repatriación forzosa.
Silvio Santiago
Despois De estar preso durante a Guerra Civil, logra fuxir e exiliarse, onde desenvolve Unha gran labor cultural galeguista. É autor das novelas memorialisticas.
Villardevós sobre a sua infancia e aldea Natal.O silencio redimido, en que relata a sua aventura para fuxir da España de Franco.
O ENSAIO
Castelao Publico una Arxentina, contribuindo decisivamente a consolidación do xenero Ensaistico galego, unha obra fundamental : Sempre en Galicia nesta obra Hai valoracions sobre a historia de Galiza ( aclaracions conceptuais sobre Termos como nación, estado…) exposicions de reivindicacions básicas do galleguismo, Reflexions, defensa do idioma galego. O libro iniciase cunha especie de Prologo, titulado Adro, que reproduce artigos escritos no desterró en Extremadura nos anos do `` Bienio Negro``
Luis SEOANE
Escribiu Varios estudos e artigos sobre figuras da pintura e das ordes galegas, tamen se Ocupou de artistas non galegos. Moitos deses ensaios están recollidos nos Volumes Textos en col da arte galega e Textos sobre a arte galega e deseño.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Que obra culmina a renovación da dramaturxia galega segundo Castelao?
A obra Os vellos non deben namorarse, coa que Castelao culmina o esforzo de renovación da dramaturxia galega levado a cabo polas Irmandades e o Grupo Nós.
Cales son os dous volumes teatrais de Blanco Amor?
Blanco Amor publicou dous volumes: As farsas para títeres, de ritmo rápido e tono satírico, e Teatro para xente, que reúne catro pezas e tres contos escénicos de realismo costumista.
Que é Sempre en Galiza de Castelao?
É unha obra ensaística publicada en Arxentina que contribuíu á consolidación do ensaio galego, con valoracións sobre a historia de Galiza, aclaracións conceptuais sobre termos como nación e estado, e defensa do idioma galego.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.