Conflito lingüístico e diglosia en Galicia: causas históricas e desviacións da norma
Resumo
O texto explica o conflito lingüístico como consecuencia das desigualdades políticas, culturais e económicas entre comunidades idiomáticas. Describe a diglosia en Galicia ata a democracia, as súas causas históricas desde a Idade Media e os tres tipos de desviacións da norma: dialectalismos, vulgarismos e hiperenxebrismos. Ao final, o estudante coñecerá a diferenza entre conflito e diglosia e como identificar estas desviacións.
Puntos clave
- O conflito lingüístico nace das relacións asimétricas de poder entre comunidades idiomáticas.
- A diglosia distribúe as linguas por funcións, non pola diferenza lingüística en si.
- En Galicia, ata a democracia da década de 1970, o castelán ocupaba os usos formais e o galego os familiares.
- A diglosia galega ten a súa orixe na chegada da nobreza castelá a finais da Idade Media, coa instalación definitiva no reinado dos Reis Católicos.
- Os dialectalismos son formas propias de cada variedade xeográfica, usuais na fala pero non recomendables na escrita.
- Os vulgarismos afectan sobre todo á fonética e os hiperenxebrismos son formas creadas para diferenciarse do castelán.
Conflito e Diglosia
A existencia de máis dunha comunidade idiomática no seo dos Estados a miúdo presenta situacións de desequilibrio e desigualdade. Esta desigualdade, causada por unhas relacións asimétricas no político, cultural e económico, cristaliza nun conflito lingüístico; o uso do idioma propio ou do idioma oficial constitúe por si mesmo un signo de estratificación social, pois vai unido a cotas de renda, acceso á cultura ou manexo de poder diferentes en cada caso.
A tensión lingüística é, por natureza, un proceso dinámico no que se producen constantes desprazamentos e transicións. O devalar sociolingüístico en Galicia constitúe un exemplo inmellorable das mudanzas funcionais e valorativas ás que se vén sometidas as linguas. Ata a chegada da democracia a finais da década de 1970, Galicia vivía unha situación de bilingüísmo diglósico. No noso país coexistían dúas linguas repartidas de xeito desigual na sociedade: o castelán, falado polas clases dominantes e empregado para os usos formais públicos (lingua escrita, ensino, política, alta cultura) e o galego, falado polas clases populares e empregado nas situacións familiares.
O conflito lingüístico no que unha lingua ocupa a esfera de poder e a outra se converte na lingua dos subordinados a ese poder, trae como consecuencia necesariamente unha situación de diglosia. Non se fundamenta na diferenza lingüística, senón na diferenza de funcións. É dicir, unha das linguas goza de estima social e serve para todas as comunicacións posibles; a outra queda pechada no eido familiar e precisa da primeira para as comunicacións socialmente máis valoradas.
A Diglosia en Galicia
En Galicia a diglosia vén condicionada por factores históricos que se remontan a finais da Idade Media coa chegada dunha clase dirixente foránea (nobreza castelá), portadora dun idioma alleo ao conxunto da poboación galega, que se instala definitivamente no reinado dos Reis Católicos. A partir deste momento asociouse o castelán coa lingua da cidade, da cultura, da riqueza e do progreso e o galego como lingua de aldea, incultura e pobreza.
Ademais, ao non gozar dos privilexios do castelán, o galego dialectalizouse, vulgarizouse e, sobre todo, castelanizouse durante cinco longos séculos.
En Galicia a diglosia está caracterizada polo emprego de códigos diferentes segundo os ámbitos sociais de uso, os contextos ou as situacións e os interlocutores.
Desviacións da Norma
Todas aquelas formas que non coinciden coa norma chámanse desviacións e poden clasificarse en tres grupos:
- Dialectalismos: son as formas propias de cada variedade xeográfica, usuais na fala, pero que non deberían empregarse na escrita. De entre elas destacan as terminacións -ao /-á, en palabras como irmán, curmá...; os pronomes tu/ il; os plurais en -s;-is como camiós, pantalonis...
- Vulgarismos: afectan case sempre á fonética e son propios do galego oral. Consisten na alteración do vocalismo ou do consonantismo das palabras por cambio dun fonema por outro (polígono, murmurar, semellar...); adición ou supresión de fonemas (admirar, esperanza...); cambio de posición entre os fonemas ( probe...).
- Hiperenxebrismos ou hipergaleguismos: son formas creadas cun afán diferencialista con respecto ao castelán. Aparecen nas palabras nas que o galego coincide co castelán; ambente por ambiente; gasoliña por gasolina; brilar por brillar...
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cal é a diferenza entre conflito lingüístico e diglosia?
O conflito lingüístico é o resultado das desigualdades de poder entre comunidades idiomáticas. A diglosia é a situación na que unha lingua se usa para os ámbitos formais e a outra para os familiares, e non se basea na diferenza lingüística senón na diferenza de funcións.
Que son os hiperenxebrismos?
Son formas creadas cun afán diferencialista con respecto ao castelán, que aparecen en palabras nas que o galego coincide co castelán, como ambente por ambiente ou gasoliña por gasolina.
Por que se castelanizou o galego durante séculos?
Ao non gozar dos privilexios do castelán, o galego dialectalizouse, vulgarizouse e, sobre todo, castelanizouse durante cinco longos séculos.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.