A Restauración e as Revolucións Liberais do Século XIX
A Restauración (1815)
Despois da derrota de Napoleón, inténtase restaurar o absolutismo, é dicir, volver ó Antigo Réxime. Esta época coñécese co nome de Restauración e está caracterizada por:
Lexitimismo monárquico
Considerouse que a paz só era posible cun monarca lexítimo á fronte dos estados. Os monarcas do Antigo Réxime volveron ao poder como se a Revolución Francesa non sucedese.
Responsabilidade internacional
Estableceuse que as grandes potencias poderían intervir noutro país se unha monarquía lexítima estaba ameazada.
Sistema de Congresos
Organizáronse reunións das grandes potencias para resolver os problemas internacionais.
O Congreso de Viena (1815)
No que se reúnen as potencias vencedoras de Napoleón (Reino Unido, Austria, Prusia e Rusia) impulsado por Metternich (primeiro ministro austríaco) foi realizado co obxectivo de garantir unha paz duradeira e evitar novas revolucións.
Nel ten lugar unha remodelación do mapa de Europa:
Francia
Estados tapón: Reino de Países Baixos, Piamonte e Sardeña. Frear a Francia por se pasaba o mesmo co de Napoleón.
Rusia, Austria e Prusia (Alemaña)
Problemas que quedan sen resolver: as peticións de Italia non se teñen en conta.
Tamén no ano 1815 creáronse dous grupos de alianzas para garantir a orde establecida:
A Santa Alianza
Prusia, Rusia e Austria. Tiña un fin diferente ás alianzas estratéxicas que xurdiron do Congreso de Viena. De carácter antiliberal, recoñecía a orixe divina do poder dos reis.
A Cuádrupla Alianza
Reino Unido, Austria, Prusia, Rusia. En 1818 incorporouse Francia, converténdose así na Quíntupla Alianza. Tiña un carácter militar e os países que a asinaron comprometéronse a manter no trono a Francia.
O Liberalismo
Ideoloxía que xurde a finais do século XVIII, influenciada polas ideas ilustradas. Constitúe a base das revolucións burguesas que afectarán a Europa a finais do século XVIII e XIX.
Principios fundamentais:
- Exercicio de dereitos e deberes individuais
- Propiedade individual
- Igualdade xurídica
- Participación política dos cidadáns
- Soberanía nacional
- Separación de poderes
- Existencia de Constitución
- Estado de Dereito
- Liberdade de mercado
As Revolucións Liberais do Século XIX
Cinco anos despois do Congreso de Viena a expansión do liberalismo en Europa deu lugar a unha serie de ondas revolucionarias: 1820, 1830 e 1848.
1820
Unha serie de liberais liderados por militares, tentaron acabar co absolutismo, pero a Santa Alianza puido con eles. Só triunfarán en Grecia e nas colonias de América Latina. En España a revolución de 1820 provocada polo levantamento do coronel Riego, intentou establecer unha monarquía constitucional.
1830
Producíronse en Europa central e occidental. Tiveron apoio popular, e aínda que triunfaron, eran dun liberalismo conservador. Triunfaron en Francia, Bélxica e Polonia.
1848
Apareceron os ideais democráticos: sufraxio universal, soberanía popular, igualdade social, e xurdiron os traballadores como forza política. En tódolos países nos que se produciu (Francia, Prusia, Austria, Hungría) os revolucionarios levantaron barricadas nas rúas e esixiron máis dereitos: soberanía popular, sufraxio universal masculino e igualdade social. Estas esixencias asustaron á burguesía que reprimiu as revolucións e implantou un liberalismo conservador.