Causas da Revolución das Colonias Británicas Norteamericanas
As causas foron o descontento das colonias por razóns políticas, xa que carecían de representantes no parlamento británico; económicas, pola súa dependencia comercial de Gran Bretaña; e territoriais, porque a ocupación dos extensos territorios situados ao oeste das colonias estaba reservada aos británicos. A chispa que ocasionou a revolución foi o intento da monarquía británica en implantar novos impostos. Os colonos negáronse a aceptalos, alegando que non foran votados por eles ao carecer de representantes no parlamento. Así, en 1773, en protesta polo establecemento dun novo imposto sobre a exportación de té, organizouse en Boston o chamado motín do té, no que un grupo de colonos disfrazados de peles roxas verteron no mar a carga de té de tres buques británicos. A dura represión das autoridades británicas desencadeou a guerra da independencia.
Nomea 13 colonias da independencia das colonias británicas
- New Hampshire
- Nova York
- Pennsylvania
- Virginia
- Xeorxia
- Massachusetts
- Rhode Island
- Connecticut
- New Jersey
- Delaware
- Maryland
- Carolina do Norte
- Carolina do Sur
Declaración da Independencia
O 4 de xullo de 1776, representantes das 13 colonias, reunidos en Filadelfia, proclamaron a súa unión e a declaración de independencia dos Estados Unidos de América. Recoñécese a igualdade de todas as persoas, os dereitos á vida, á liberdade e á busca da felicidade, así como a soberanía nacional para garantilos.
Que pasou en 1781 e 1783
En 1781, o apoio francés e español permitiu a derrota dos británicos en Yorktown. En 1783 asinouse a paz de Versalles na que Gran Bretaña recoñecía a independencia dos Estados Unidos.
Constitución de América de 1787
A constitución escrita da historia establece a soberanía nacional, a división de poderes e a república federal como forma do estado:
- O estado federal dirixe a política exterior e ten competencias limitadas en política interior;
- O poder lexislativo reside no Congreso;
- O executivo no presidente;
- O xudicial no tribunal supremo.
Os estados teñen competencias internas e cada un posúe goberno, cámara lexislativa e tribunais de xustiza.
Que garante a protección dos dereitos do home?
Garante o dereito á vida, á liberdade e á propiedade, así como as liberdades de expresión, de pensamento e de relixión.
Causas sociais da Revolución Francesa
- Os nobres e o clero perderon o poder e moitos tiñan dificultades económicas debido aos seus elevados gastos.
- A burguesía carecía de influencia política.
- O campesinado atopábase en situación de subsistencia polo pagamento de impostos.
- Os grupos populares urbanos vivían en condicións miserables.
Causas económicas da Revolución
Debeu-se a unha crise de subsistencia debida ás malas colleitas dos anos anteriores e a unha crise financeira motivada polo endebedamento do estado ante os elevados gastos militares e cortesáns. A única solución era unha reforma fiscal que obrigase a pagar aos privilexiados. Ante a súa negativa, Luis XVI convocou os Estados Xerais, institucións con competencias para aprobar novos impostos, integrada por representantes dos tres estamentos. A súa convocatoria desencadeou o inicio da revolución.
Nomea as etapas da Revolución
- Estados Xerais (1789)
- Asamblea Constituínte (1791-1792)
- A Convención (1792-1795)
- O Directorio e o Consulado (1795-1799)
Estados Xerais: problemas de votación e solución
As primeiras discusións centraronse na forma de votación. O terceiro estado esixiu deliberacións conxuntas e o voto por cabeza, e non por estamentos. Ao ser rexeitada a súa petición, os seus deputados trasladáronse á sala próxima de xogo de pelota, proclamáronse representantes de toda a nación, constituíndose en asamblea nacional, e xuraron non disolverse ata ter aprobado unha constitución.
Asalto á Bastilla
Ante o temor de que o exército real disolvese a asamblea, o pobo de París amotinouse e asaltou a Bastilla para facerse coas súas armas.
A Asamblea Constituínte
Aboliu o feudalismo, nacionalizou os bens da Igrexa; redactou unha declaración de dereitos do home e do cidadán que recoñecía os dereitos de liberdade, propiedade e igualdade, e elaborou a constitución de 1791 que establecía a soberanía nacional, a división de poderes e o sufraxio censitario aos varóns que posuían certas propiedades.
Problemas da Asamblea Lexislativa
Os enfrontamentos políticos entre os revolucionarios moderados (xirondinos) e radicais (xacobinos) promovían a agitación dos grupos populares ou sans-culottes.