Franquismo en España: Golpe de Estado, Guerra Civil y Réxime (1936-1975)

Historia3,16 KB

Golpe de Estado: 17 de xullo de 1936

As tropas de Melilla sublevaronse contra o Goberno, iniciando a Guerra Civil. O día 18 triunfaron nos territorios coloniais. Franco tomou o mando.

Guerra Civil (17/07/1936 - 01/04/1939)

Tras a vitoria dos sublevados, os principais mandos militares elixiron a Franco como xefe de Goberno. Creouse o novo Estado autoritario:

  • Desmantelouse o sistema parlamentario republicano.
  • Anulouse a lei agraria.
  • Prohibiuse os partidos políticos e os sindicatos.
  • Estableceuse un partido único (Falanxe Española).
  • Suprimiuse a liberdade de expresión e impúxose a censura.
  • Derrogáronse os estatutos de autonomía.

Consecuencias da guerra

Demográficas: 400.000 mortos, dos cales 210.000 foron execucións (150.000 polos sublevados e 60.000 polos republicanos).

Económicas: o PIB descendeu un 30%, reduciuse a produción agrícola e industrial e as comunicacións quedaron gravemente danadas.

Sociais: exilio de moitos bos profesionais, fame e depuracións de funcionarios.

Réxime Franquista (1939 - 20/11/1975)

Fundamentos ideolóxicos do novo réxime

  • Partido único: idea tomada do fascismo.
  • Anticomunismo: por ser de extrema dereita.
  • Catolicismo: Franco propuña ao Vaticano os nomes dos bispos a cambio de que a Igrexa controlase o ensino e recibise fondos.

O réxime político entre 1949 e 1959

Rematada a Segunda Guerra Mundial, o réxime foi illado internacionalmente por ser considerado unha ditadura afín aos derrotados. Quedou excluído do Plan Marshall e non foi admitido na ONU, que condenou o réxime.

En 1953 chegaron os acordos militares-económicos cos EE.UU.: España permitiu a instalación de 4 bases militares a cambio de axuda. Así se rompeu o illamento internacional e, en 1955, España foi admitida na ONU.

Política económica autárquica

Con esta política pretendíase o autoabastecemento. O Estado interviu fortemente na economía, reducindo as importacións, racionando os produtos de primeira necesidade e creando o INI (Instituto Nacional de Industria), un holding estatal de empresas públicas (SEAT, entre outras).

Foron anos de pobreza, miseria e escaseza, con venda legal de alimentos mediante cartillas de racionamento.

Plan de Estabilización

Medidas para abandonar a autarquía

  • Desvalorizouse a peseta para facilitar as exportacións.
  • Limitouse o gasto público e conxeláronse os salarios.
  • Aumentáronse os impostos.
  • Facilitouse a entrada de capital estranxeiro.

Factores do desenvolvemento económico español

  • Conxuntura económica internacional favorable.
  • Fortes investimentos de multinacionais (Ford, IBM, Chrysler, etc.), que buscaban man de obra barata.
  • Ingresos procedentes do turismo.
  • Remesas de capital enviadas polos emigrantes europeos.
  • Salarios baixos.
  • Investimentos do Estado en obras públicas.

Descargar

PDF Word HTML