Crise política e guerras na España do século XIX: do absolutismo ao sexenio revolucionario

Historia6,37 KB

A crise política do Antigo Réxime

1.1 O reinado de Carlos IV (1788-1808)

A crise política do Antigo Réxime iniciouse no reinado de Carlos IV. No ano seguinte ao seu acceso ao trono estalou a Revolución Francesa. España levou a cabo unha política flutuante e puxo fin ás reformas ilustradas, por considerar que as súas ideas orixinaran a revolución en Francia. Tras a execución de Luís XVI, España declarou a guerra á Francia revolucionaria, pero este invadiu o País Vasco e Navarra, e tivo que pedir a paz (Paz de Basilea, 1795).

O primeiro ministro do rei, Manuel Godoy, aliouse con Francia e asinou con Napoleón o Tratado de Fontainebleau (1807) para repartirse Portugal. Co pretexto de invadir Portugal, as tropas francesas entraron en España e ocuparon os puntos estratéxicos da península, quedando clara a súa intención de invadir tamén España. Este feito provocou unha sublevación popular contra a política de Godoy: o Motín de Aranjuez. Napoleón ofreceuse entón como mediador do conflito entre pai e fillo, atraeunos a Baiona (Francia), onde logrou que ambos abdicasen, e cedeu o trono de España ao seu irmán, José I Bonaparte. Este implantou algunhas reformas liberalizadoras en España, que contaron co apoio dalgúns españois, coñecidos como afrancesados.

1.2 A Guerra da Independencia (1808-1814)

Foi á vez unha loita de liberación contra a invasión francesa e o inicio da revolución liberal contra o absolutismo. A oposición aos invasores levouse a cabo mediante guerrillas, ou ataques por sorpresa ao inimigo no campo, e mediante a resistencia e o levantamento das cidades contra os franceses. Ao principio freouse o avance francés e, coa vitoria na batalla de Bailén (1808), Napoleón acudiu a España á fronte de 250.000 soldados e recuperou case todo o territorio. Pero os españois derrotaron os franceses en Arapiles. En 1813 retiráronse e Napoleón recoñeceu a Fernando VII como rei.

1.3 As Cortes de Cádiz e a revolución liberal

Ante o baleiro de poder pola ausencia dos reis, crearonse xuntas provinciais de defensa para dirixir a guerra, e unha Xunta Suprema Central para coordinala. Esta asumiu o poder e convocou Cortes en Cádiz para reformar o antigo réxime. As Cortes proclamaron a Constitución de 1812 e levaron a cabo unha obra revolucionaria:

  • A Constitución de 1812: recoñecía dereitos individuais, como a igualdade ante a lei, e establecía a soberanía nacional e a división de poderes.
  • As leis dadas polas Cortes: estableceron a liberdade de imprenta (1810) e aboliron os señoríos (1811), os gremios (1813) e a Inquisición (1813).

O reinado de Isabel II (1833-1868)

Durante a minoría de idade de Isabel II (1833-1843), o problema sucesorio desencadeou unha guerra civil: a Primeira Guerra Carlista (1833-1839), na que se enfrontaron os liberais, partidarios de Isabel II, e os absolutistas, defensores de don Carlos.

Derrotados os carlistas, implantouse en España un sistema político liberal. En 1843 proclamouse a maioría de idade de Isabel II. O seu reinado caracterizouse pola inestabilidade política e polo enfrontamento entre os liberais: o moderado, que agrupou a alta burguesía e algúns sectores das clases medias; e o progresista, onde se integraron as clases medias e artesás das cidades.

Períodos

  • A década moderada (1844-1854): rexeuse pola Constitución moderada de 1845.
  • O bienio progresista (1854-1856): redactouse a Constitución de 1856, que non chegou a publicarse.
  • O derrubamento da monarquía isabelina (1856-1868): nestes anos produciuse a alternancia no poder dos liberais moderados e da Unión Liberal, un novo partido de centro, cos demócratas, defensores do sufraxio universal masculino.

O restablecemento do absolutismo: Fernando VII

  • Ao inicio do seu reinado (1814-1820), Fernando VII restableceu o absolutismo, aboliu a obra das Cortes de Cádiz e perseguiu os liberais.
  • Entre 1820 e 1823, o triunfo dun dos pronunciamentos, dirixido por Rafael del Riego en 1820, deu lugar ao Trienio Liberal. Os gobernos liberais restableceron a Constitución e a obra das Cortes de Cádiz. Fernando VII buscou o apoio das potencias absolutistas europeas integradas na Santa Alianza.
  • Os dez últimos anos do reinado, coñecidos como a Década Ominosa (1823-1833), estiveron marcados polo goberno absolutista, a independencia da América española e o problema sucesorio. Este presentouse cando naceu a súa filla Isabel (1830): Fernando VII derrogou a Lei Sálica, que impedía reinar ás mulleres. A esposa de Fernando VII, María Cristina, asumiu a rexencia nos últimos meses da vida do rei; deste xeito iniciouse a aproximación entre estes e a monarquía.

O sexenio revolucionario (1868-1874)

En 1866, os demócratas e os liberais progresistas e de centro asinaron o Pacto de Ostende. Acordouse derrocar a raíña e convocar Cortes Constituíntes por sufraxio universal masculino para decidir o réxime político. Pouco despois triunfou a revolución de 1868, o que provocou o exilio da raíña, e promulgouse a Constitución de 1869. Establecía unha ampla declaración de dereitos, nos que se incluían os de expresión, o sufraxio universal masculino, a monarquía democrática, entre outros.

Entre 1869 e 1873 houbo dous períodos caracterizados polas súas distintas formas de estado:

  • A monarquía democrática (1871-1873): elixido rei o italiano Amadeo de Saboia, tivo que enfrontarse á oposición política dos republicanos e dos partidarios dos Borbón, e con distintas insurreccións militares. Ante tan difícil situación, Amadeo abdicou en 1873 e proclamouse a República.
  • A Primeira República (1873-1874): elaborouse a Constitución de 1873, que non chegou a promulgarse. Nela establecíase un Estado federal e descentralizado, repartindo o poder entre o Estado central e quince estados federais con autonomía. O goberno republicano tivo que enfrontarse a unha nova guerra carlista, á guerra de Cuba e á insurrección de algúns municipios. Estes problemas favoreceron a restauración da monarquía borbónica.

Descargar

PDF Word HTML