A Segunda Guerra Mundial e o Mundo Dividido en Bloques (1939-1991)

Historia6,33 KB

O panorama internacional entre 1939 e 1991

-Segunda Guerra Mundial: estalou debido as tensións políticas, económicas e sociais de entreguerras. Ao finalizar a guerra desaparecen os fascismos e abriuse unha nova situación internacional, caracterizada pola Guerra Fría e a descolonización.

-A división do mundo en bloques: occidental ou capitalista, liderado por EE.UU., e oriental ou comunista, dirixido pola Unión Soviética. As relacións estiveron marcadas por unha gran tensión ideolóxica e militar, que marcou as relacións internacionais ata a caída do bloque comunista en 1990.

-A descolonización: supuxo o acceso á independencia das antigas colonias localizadas en Asia e África. Os novos países, pobres e atrasados, constituíron maioritariamente o chamado Terceiro Mundo.

2. A Segunda Guerra Mundial (1939-1945)

2.1 As causas da guerra

-A causa de fondo: da guerra foi a inestabilidade internacional. Viña motivada polo desexo de desquite alemán pola humillación sufrida no Tratado de Versalles, a depresión económica de 1929 e o auxe das ideoloxías totalitarias.

-Causa inmediata: foi a política exterior agresiva dos Estados totalitarios, que constituían o eixe Roma-Berlín-Tokio. Non foi contida a tempo pola Sociedade de Nacións, nin polas democracias occidentais, que optaron por unha política de apaciguamento para tratar de evitar a guerra.

-Expansión das potencias totalitarias: nos anos anteriores á guerra, Xapón ocupou Manchuria (1932), Italia invadiu Abisinia (1935) e Albania (1939), e Alemaña, coa escusa de incorporar ao seu imperio os territorios ocupados por poboación xermana, anexionou Austria (1938), a rexión checa dos Sudetes (1938) e case toda Checoslovaquia (1939). Cando invadiu Polonia, en setembro de 1939, tras a sinatura dun pacto xermano-soviético de non agresión coa URSS, Reino Unido e Francia declararon a guerra a Alemaña. Comezou a Segunda Guerra Mundial.

2.2 Os bloques contendentes

O conflito durou seis anos e nel os contendentes loitaron en dous bloques:

  • As potencias occidentais ou Aliados, liderados por Reino Unido e Francia.
  • As potencias do Eixe, lideradas por Alemaña e Italia.

En 1941, a incorporación da URSS, EE.UU. e Xapón converteu o conflito nunha verdadeira guerra mundial.

2.3 As características da guerra

  • A guerra alcanzou unha grande extensión territorial, afectando a uns 60 países de todos os continentes. Adquiriu tamén unha crueldade descoñecida ata entón, manifestada nas torturas, deportacións, etc., ocorridas durante ela.
  • Os esforzos de todos os combatentes puxeron os medios para gañar a guerra; utilizouse un potente armamento no que os blindados, a potencia destrutiva das bombas e a aviación desempeñaron un papel destacado, e a economía organizouse en función da guerra.

2.4 A primeira etapa da guerra (1939-1942)

Guerra en Europa e norte de África: Alemaña desenvolveu unha guerra relámpago, baseada en ataques masivos realizados por sorpresa co uso conxunto de tanques, unidades motorizadas de infantería e avións. Coa neutralidade de Rusia, os nazis ocuparon case toda Europa occidental. Non conseguiron a rendición do Reino Unido, que resistiu os intensos ataques da aviación alemá durante a Batalla de Inglaterra. Os nazis conquistaron despois o norte de África e os Balcáns, onde acudiron en apoio dos italianos, e invadiron a URSS (1941).

Guerra no Pacífico: por a súa parte, Xapón bombardeou e destruíu en 1941 a flota estadounidense atracada na base naval de Pearl Harbor (Hawai). Isto provocou a entrada de EE.UU. no conflito, e o Pacífico converteuse nun novo escenario de guerra.

2.5 A segunda etapa da guerra (1942-1945)

Iniciouse coa retirada das potencias do Eixe: Xapón foi frenado por EE.UU. no Pacífico; Alemaña foi derrotada polos británicos no norte de África e polos rusos en Stalingrado; e Italia foi invadida polos Aliados.

A partir de 1944, os Aliados puxeron en marcha grandes ofensivas. Tras o desembarco de Normandía (1944) e a liberación da Europa occidental, os Aliados penetraron en Alemaña; no leste, o Exército Vermello soviético dirixiuse cara a Berlín, entrando na cidade en maio de 1945. Este feito provocou o suicidio de Hitler, dous días antes de que Mussolini fose capturado e executado. Xapón continuou loitando no Pacífico, e só se rendeu tras os bombardeos atómicos realizados por EE.UU. sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki (6 e 9 de agosto de 1945).

2.6 As conferencias de paz

-En 1945, antes de finalizar a guerra, os Aliados reuníronse en tres conferencias:

  1. e 2. Nas conferencias de Yalta e de San Francisco creouse a ONU. Os seus obxectivos eran manter a paz e a seguridade internacional, fomentar a cooperación internacional e asegurar o respecto á igualdade de dereitos, á libre determinación dos pobos e aos dereitos humanos fundamentais. Promulgouse en 1948 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  2. Na conferencia de Potsdam decidiuse dividir Alemaña e a cidade de Berlín en catro zonas de ocupación militar: estadounidense, francesa, británica e soviética.

-En 1946, finalizada xa a guerra, asináronse tratados de paz con diversos países e reaxustáronse as fronteiras de Europa. A URSS ampliou as súas fronteiras no Báltico e no leste, a costa de Polonia. Alemaña foi dividida nas zonas de ocupación establecidas en Potsdam. Italia quedou ocupada por un exército anglo-americano e perdeu as súas colonias; Xapón quedou baixo o control de EE.UU.; e a Europa oriental quedou ocupada por millóns de soldados rusos.

Descargar

PDF Word HTML