Estados Unidos: Hexemonía e Sociedade de Consumo nos Anos Vinte
Estados Unidos: Hexemonía e Sociedade de Consumo
Estados Unidos despois da Primeira Guerra Mundial
O período posterior á Primeira Guerra Mundial foi moi favorable para os Estados Unidos, que acadaron o dominio no mercado mundial. As súas características xerais foron:
Illamento dos asuntos europeos
Os Estados Unidos convertéronse na primeira potencia do mundo, pero na década dos anos vinte sucedéronse presidentes do partido republicano (Harding, Coolidge e Hoover) que defenderon a posición tradicional da política exterior norteamericana: o illamento dos asuntos europeos e a intervención nos países americanos.
Conservadurismo e puritanismo
Esta situación de illamento viuse estimulada pola propia Revolución Bolxevique rusa e a extensión