Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

As Revolucións Liberais do Século XIX: Liberalismo e Estado Constitucional

Historia2,98 KB

As Revolucións Liberais: O Fin do Absolutismo

Durante a primeira metade do século XIX, gran parte de Europa experimentou un proceso de profundo cambio político que tiña o seu referente na Revolución Francesa e que significou a implantación de sociedades liberais. O desenvolvemento do liberalismo supoñía a implantación de sociedades liberais. O desenvolvemento do liberalismo supoñía a fin do absolutismo e dos privilexios estamentais, e a regulación da nova sociedade a partir da igualdade dos cidadáns diante da lei.

Deste xeito, a cidadanía constituíase en nación e estruturábase un novo sistema político liberal identificado coa implantación dun Estado Constitucional (en forma de Monarquía ou República), cuxa lexitimación repousaba...

Seguir lendo "As Revolucións Liberais do Século XIX: Liberalismo e Estado Constitucional" »

Glosario de Termos Históricos e Relixiosos Medievais

Historia4,11 KB

Oligarquía

Forma de goberno na cal o poder político é exercido por un reducido grupo de persoas que pertencen a unha mesma clase social.

Emporio

Poboado ou cidade onde concordan xentes de diversas procedencias para establecer relacións comerciais.

Ariano

Seguidor de Arrio, o bispo do norte de África, que consideraba que Xesús non era Deus senón unha creación deste; así, Xesús só sería un home.

Concilio

Asemblea dos bispos da Igrexa Católica que ten capacidade para definir e interpretar a doutrina relixiosa.

Mozárabe

Chámase así a persoa que é cristiá pero que vive en territorio musulmán.

Muladí

Chámase así ao cristián convertido ao Islam.

Parias

Era un tributo que pagaban os reinos musulmáns a algúns reis cristiáns coa finalidade...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos e Relixiosos Medievais" »

Napoleón: Consulado, Imperio e Restauración en Europa

Historia3,88 KB

A Obra de Napoleón en Francia e a súa Influencia en Europa

Napoleón Bonaparte, figura clave na historia de Francia e Europa, xogou un papel crucial tras a Revolución Francesa. A súa traxectoria comeza coa represión da revolta de Vendimiario en 1795, cando estaba encargado da guarnición de París. Tras conseguir éxitos militares que remataron coa Primeira Coalición, Napoleón deu un golpe de Estado o 18 de Brumario (9 de novembro de 1799), proclamándose cónsul e poñendo fin ao Directorio.

O Consulado e a Consolidación do Poder

O Consulado foi un réxime personalista, caracterizado pola concentración do poder en mans de Napoleón. A Constitución do ano VIII (1799) reflectiu esta realidade, xa que non incluía unha declaración de...

Seguir lendo "Napoleón: Consulado, Imperio e Restauración en Europa" »

Termos clave da Historia de España (Séculos XIX-XX)

Historia3,66 KB

Ludismo

Forma de protesta dos traballadores, xurdida en Inglaterra nos inicios da Revolución Industrial, na que os obreiros destruían as máquinas acusándoas de supoñer a perda de postos de traballo e o empeoramento das condicións laborais. O ludismo foi unha das primeiras manifestacións do movemento obreiro. A primeira manifestación de ludismo en España foron os sucesos de Alcoi (destrución de máquinas de fiar en 1821) e, a seguinte, o incendio da fábrica Bonaplata en Barcelona en 1835.

Agrarismo

Movemento de masas do campesiñado galego a finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX. O campesiñado galego organízase en asociacións e sindicatos agrarios para lograr a supresión do sistema foral e loitar contra o caciquismo,...

Seguir lendo "Termos clave da Historia de España (Séculos XIX-XX)" »

Movimentos políticos e tratados na España do século XIX

Historia2,61 KB

Afrancesados:

Nome pejorativo co cal se coñece en España a unha minoría de partidarios da ocupación francesa da Península Ibérica durante a guerra de independencia e que respaldaron a política reformista de Xosé I de Bonaparte. Moitos deles tiñan ideas ilustradas ou liberais e consideraban que era a única posibilidade de introducir as ideas revolucionarias ao país.

Cantonalismo:

Ideoloxía política de carácter republicano federal que tivo o seu auge durante a 1ª República, sobre todo en Cartaxena. Contraria ao republicanismo unitario.

Estatuto Real:

Carta outorgada polo ministro Martínez de la Rosa durante o reinado de María Cristina de Borbón en 1834 na que pretendía realizar concesións políticas aos liberais que, en realidade,...

Seguir lendo "Movimentos políticos e tratados na España do século XIX" »

España (1982-2004): Política Exterior, CEE, OTAN e Gobernos de Aznar

Historia4,34 KB

1.3. A Política Exterior: CEE e OTAN

A política exterior prestou atención a tres zonas principais: Europa, América Latina e o Mediterráneo. Tamén mantivo unha boa relación con EEUU.

O Referendo da OTAN

O primeiro asunto exterior co que se enfrontou o goberno foi o referendo da OTAN. O PSOE prometera en 1982 anular a decisión de entrar na OTAN, mais en 1986 o goberno apoiou a permanencia.

Gran parte da esquerda prefería a saída da OTAN, evidenciándose unha forte oposición ao cambio de postura do goberno.

Relacións Internacionais e Cumes Iberoamericanos

O goberno socialista estableceu por primeira vez vínculos con Israel. Estas políticas facilitaron a Conferencia de Paz sobre Oriente Medio en Madrid en 1991.

En 1991 comezaron a celebrarse...

Seguir lendo "España (1982-2004): Política Exterior, CEE, OTAN e Gobernos de Aznar" »

Crise da Restauración e Ditadura de Primo de Rivera en Galicia

Historia9,56 KB

A Crise da Restauración e a Ditadura de Primo de Rivera

A morte de Fernando VII supón a fin definitiva do absolutismo e do Antigo Réxime, e o establecemento dun sistema liberal doutrinario dividido entre progresistas e moderados e con gran protagonismo do exército. Esta monarquía constitucional entrará en crise con Isabel II dando paso ao Sexenio Democrático, período no que se instaura un sistema liberal democrático que en breve será substituído pola Restauración borbónica e a volta a un sistema liberal doutrinario de corte conservador.

O sistema canovista proporciona unha estabilidade política que funciona ata o desastre de 1898, que supuxo o desprestixio da clase política española, vista, a partir de agora, como incapaz de modernizar...

Seguir lendo "Crise da Restauración e Ditadura de Primo de Rivera en Galicia" »

O nacemento de novos estados en Europa no século XIX

Historia3,24 KB

Que novos Estados se crearon en Europa?

A independencia de Grecia e Bélxica:

Nos imperios plurinacionais xurdiron movementos independentistas, como no Imperio Otomán (Grecia). Noutros lugares, como no Reino dos Países Baixos, Bélxica tamén demandou a súa independencia.

*Grecia (1821-1830):

Grecia formaba parte do Imperio Otomán ou Turco desde había séculos. Aínda que algunhas elites gregas formaban parte da burocracia otomá, a maioría da poboación sentíase marxinada, sometida a fortes impostos e dominada por un pobo de distinta relixión e cultura.

En 1822, os gregos proclamaron a súa independencia en Epidauro, que, ao non ser recoñecida polos turcos, provocou o inicio dunha guerra. A causa grega contou coa solidariedade dos liberais...

Seguir lendo "O nacemento de novos estados en Europa no século XIX" »

A Primeira Guerra Mundial: Resumo Completo e Análise

Historia4,45 KB

Contexto Histórico: A Europa Pre-Guerra

Tras o Congreso de Viena (1815), Europa quedou reconfigurada, pero o século XIX viu o ascenso de novas potencias e rivalidades. A Segunda Revolución Industrial impulsou o crecemento económico e a competencia entre nacións. Eventos clave como a unificación de Alemaña e Italia alteraron o equilibrio de poder, sementando as bases para futuros conflitos.

A Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

Causas do Conflito

  • Causa conxuntural: O asasinato do arquiduque Francisco Fernando, herdeiro ao trono austrohúngaro, e da súa dona en Saraxevo (xuño de 1914).
  • Causas estruturais:
    • Rivalidade económica e imperialista, especialmente polo avance de Alemaña.
    • Enfrontamento territorial entre Alemaña e Francia por Alsacia
...
Seguir lendo "A Primeira Guerra Mundial: Resumo Completo e Análise" »

Atraso e Desenvolvemento Económico en España

Historia2,53 KB

Características do Proceso Industrial Español

O proceso industrial español no século XIX presenta as seguintes características:

  • Predominio das actividades relacionadas co sector primario.
  • Protección arancelaria para defender os produtos propios da competencia internacional.
  • Dependencia do exterior.
  • Forte desequilibrio territorial e rexional, con zonas atrasadas e focos desenvolvidos.

Principios do Capitalismo

Segundo o capitalismo, o Estado non debía intervir nas actividades económicas. A liberdade económica debía ser absoluta e basearse no libre xogo da oferta e da demanda. A man de obra considerábase unha mercadoría máis.

O capital considerábase o factor clave da produción. O seu propietario debía empregalo para obter beneficios continuos...

Seguir lendo "Atraso e Desenvolvemento Económico en España" »