Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Economía

Crac do 1929 e a Gran Depresión: impacto e políticas intervencionistas

Economía4,25 KB

LIMITES E DESEQUILIBRIOS DA EXPANSIÓN

A produción era maior á demanda, moitas industrias viron un crecemento dos stocks (mercadorías almacenadas que non se daban vendido). O comercio mundial estancouse polas recesións do consumo, tarifas aduaneiras e o proteccionismo. A inestabilidade do sistema monetario internacional debida á falta de cooperación internacional e rivalidade entre os centro financeiros (NYC, Londres e París). Descenso dos investimentos de capital nas actividades produtivas. Invertíase na bolsa debido á maior especulación ca nas actividades industriais e comerciais.

CRAC DO 1929

En outubro do 1929 a quebra da bolsa de NY provocou o afundimento dos investimentos e da actividade económica en EEUU. A crise foi mundial....

Seguir lendo "Crac do 1929 e a Gran Depresión: impacto e políticas intervencionistas" »

Consumo e Investimento na Economía: Indicadores e Factores Clave

Economía2,77 KB

O que non se gasta se aforra. O aumento do nivel de aforro derivado dun euro adicional de renda denomínase propensión marxinal a aforrar.

Importancia do consumo na evolución da economía

Case dúas terceiras partes do PIB destínanse ao consumo. Un aumento dun euro no gasto en consumo xera un incremento do PIB en máis de 0,6 euros. Por iso, a súa evolución é unha preocupación continua dos gobernos, xa que a súa variación pode producir desequilibrios na economía.

Indicadores para analizar a avaliación do consumo

Para analizar a avaliación do consumo, contamos cunha serie de indicadores:

  • A enquisa continua de orzamentos familiares: recolle as expectativas do gasto das familias, así como o grao de optimismo ou pesimismo sobre o futuro.
...
Seguir lendo "Consumo e Investimento na Economía: Indicadores e Factores Clave" »

A Revolución Agrícola e o Capitalismo en Gran Bretaña

Economía2,74 KB

A Revolución Agrícola

Serie de innovacións na agricultura que fixeron posible un gran incremento na produción de alimentos e productividade agrícola en Gran Bretaña. As tres innovacións agrarias máis importantes foron:

O Sistema Norfolk

Que combinaba sementeira de cereais con plantas forraxeiras e permitiu suprimir o barbeito que esixía deixar unha parte do solo sen cultivar para recuperar a súa fertilidade. Se incrementou a cabana gandeira, cuxo esterco tamén mellorou a fertilidade da terra.

Novas Ferramentas, Cultivos e Fertilizantes

Permitiron aumentar e diversificar a produción de alimentos.

Cambios de Estrutura da Propiedade

Cercado e privatización nos campos abertos e comunais.

Liberalismo Económico

Os principios económicos do liberalismo...

Seguir lendo "A Revolución Agrícola e o Capitalismo en Gran Bretaña" »

Conceptos Financeiros e Investimentos

Economía4,22 KB

Conceptos Financeiros Básicos

Ratio

É un cociente que relaciona certas magnitudes que se deben referir ao mesmo exercicio económico.

Patrimonio Neto ou Fondos Propios

Capitais que a empresa non ten que devolver porque son propiedade súa.

Capitais Permanentes

É o conxunto formado polo patrimonio neto e o pasivo non corrente.

Fondo de Manobra

Tamén chamado fondo de rotación ou capital corrente, é a parte do activo corrente que está financiada por recursos a longo prazo. É importante para a empresa xa que serve para medir a súa estabilidade financeira.

FM = PN + PNC - ANC

FM = AC - PC

  • Fondo de manobra positivo: a empresa non ten problemas para pagar as débedas a curto prazo.
  • Fondo de manobra nulo ou de cero: o activo non corrente está financiado
...
Seguir lendo "Conceptos Financeiros e Investimentos" »

Formas de acción administrativa: policía, fomento e subvencións

Economía4,16 KB

Formas de acción administrativa

A acción administrativa abrangue diversas formas de actuación da Administración Pública para cumprir os seus fins. Entre elas, destacan a actividade de policía, a actividade de fomento e a actividade de prestación ou servizo público (non desenvolta neste documento).

Actividade da policía

Otto Mayer definiu a actividade da policía como a actividade do poder público que, con vistas ao mantemento da orde pública, limita a liberdade e os dereitos dos administrados, eventualmente exercendo a coacción sobre os mesmos. Esta actividade non é delegable na iniciativa privada.

A policía administrativa divídese en:

  • Preventiva: Busca evitar a desorde pública.
  • Coactiva: Restablece a orde alterada.

Manifestacións

...
Seguir lendo "Formas de acción administrativa: policía, fomento e subvencións" »

O Diñeiro e o Sistema Financeiro: Conceptos Clave

Economía2,82 KB

O Diñeiro e a Oferta Monetaria

O diñeiro é un ben de aceptación xeral que mide o valor dos distintos bens ou servizos e é utilizado como intermediario nos trocos.

Tipos de Diñeiro

  • Metálico: obxecto empregado como patrón monetario. Debería ser duradeiro, por iso empregáronse primeiro os metais. Cuñábase en moedas para que fose máis práctico.
  • Papel:

Evolución do Diñeiro Papel

Moeda representativa: a xente depositaba as súas moedas en bancos polos cales recibían notas representativas de tales depósitos que, á súa vez, representaban as moedas.

Moeda fiduciaria: os bancos descubriron que podían emitir notas por máis valor co ouro depositado.

Papel moeda de curso forzado: pasouse ao papel moeda non convertible.

  • Moeda escritural ou bancaria:
...
Seguir lendo "O Diñeiro e o Sistema Financeiro: Conceptos Clave" »

Traballo, descanso e ocio: sectores e dereitos

Economía2,47 KB

O traballo, o descanso e o tempo de ocio

O traballo defínese como todo tipo de actividade humana, física ou intelectual, que realizan as persoas para obter os medios necesarios para sobrevivir e atender as súas necesidades.

O descanso e o tempo libre

O descanso é o tempo que se emprega para repoñer as forzas que necesitamos para seguir traballando.
O tempo que non se dedica ao traballo nin ao descanso necesario é o tempo de ocio, tamén chamado tempo libre.

Os sectores económicos

Sector primario

Conxunto de actividades relacionadas co aproveitamento directo dos recursos naturais. A agricultura, a gandaría, a pesca e a caza pertencen ao sector primario.

Sector secundario

Actividades que transforman as materias primas, polo que se identifica coa
...
Seguir lendo "Traballo, descanso e ocio: sectores e dereitos" »

Localización Industrial, Dimensión Empresarial e Crecemento

Economía3,78 KB

Localización Industrial e Comercial

Factores na Localización Industrial

  1. Dispoñibilidade e custo do terreo.
  2. Facilidade de acceso ás materias primas.
  3. Existencia de man de obra cualificada.
  4. Nivel de industrialización e infraestruturas da zona.
  5. Transportes e comunicacións.
  6. Existencia de axudas económicas ou fiscais.
  7. Outros: Desenvolvemento económico e social da zona, facilidade para facer negocios, clima laboral e social, etc.

Factores na Localización Comercial e de Servizos

  1. Proximidade á demanda.
  2. Visibilidade do local.
  3. Custo do local.
  4. Facilidade de comunicación e comodidade de acceso.
  5. Existencia de servizos complementarios.

A Dimensión Empresarial

A dimensión ou tamaño da empresa fai referencia á súa capacidade produtiva ou máximo nivel de produción...

Seguir lendo "Localización Industrial, Dimensión Empresarial e Crecemento" »

Necesidades Educativas Especiais: Discapacidade Intelectual e Auditiva

Economía3,12 KB

Necesidades Educativas Especiais (NEE) Relacionadas coa Cognición

Criterios para Definir a Discapacidade Intelectual

Para poder definir a discapacidade intelectual, téñense que ter en conta os seguintes indicadores:

  1. Capacidade intelectual significativamente inferior á media, cun CI aproximadamente de 70 ou inferior nun test de CI administrado individualmente.
  2. Déficit ou alteración na actividade adaptativa (eficacia da persoa para satisfacer as esixencias esperadas para a súa idade e o seu grupo cultural) en polo menos dúas das seguintes áreas: comunicación, coidado persoal, vida doméstica, habilidades sociais e interpersoais, utilización de recursos comunitarios, autocontrol, habilidades académicas funcionais, traballo, ocio, saúde
...
Seguir lendo "Necesidades Educativas Especiais: Discapacidade Intelectual e Auditiva" »

Comprender a Motivación no Traballo: Maslow e Herzberg

Economía3,27 KB

Motivación Laboral: Teorías de Maslow e Herzberg

A motivación é a sensación ou enerxía que impulsa as persoas a actuar nunha dirección determinada. Desde a perspectiva empresarial, é a habilidade para conseguir que os traballadores queiran facer un traballo asignado e, ademais, ben feito, alcanzando así os obxectivos da organización.

Teorías Clave da Motivación

Existen diversas teorías que buscan explicar a motivación humana no ámbito laboral. As máis destacadas son:

  1. Teoría da Xerarquía das Necesidades de Maslow.
  2. Teoría dos Dous Factores de Herzberg.

Teoría da Xerarquía das Necesidades de Maslow

A motivación, segundo Maslow, parte do suposto de que todos os individuos teñen cinco necesidades básicas que deben satisfacer seguindo...

Seguir lendo "Comprender a Motivación no Traballo: Maslow e Herzberg" »