Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Economía

Modelo Posfordista, Globalización e Servizos: Análise Detallada

Economía3,28 KB

O Modelo Posfordista e a Globalización

A partir de 1970, tras a crise do petróleo, naceu o modelo posfordista, que se basea en:

  • O desenvolvemento de novas tecnoloxías e industrias.
  • A satisfacción dos gustos individuais de cada consumidor.
  • Un sistema de produción flexible, automatizado e especializado.
  • A incorporación dos países emerxentes ao desenvolvemento industrial.

A Importancia da Investigación

Dúas innovacións supuxeron unha revolución: a procura de novos materiais para as industrias tradicionais e o desenvolvemento da nanotecnoloxía.

A Descentralización da Produción

A globalización da economía é o contexto en que se desenvolve a actividade industrial actual. A descentralización produtiva consiste en desprenderse dalgunha fase...

Seguir lendo "Modelo Posfordista, Globalización e Servizos: Análise Detallada" »

O Estado de Benestar: Definición, Beneficios e Desafíos

Economía2,57 KB

O Estado de Benestar: Definición e Fundamentos

O Estado de Benestar é unha concepción que considera que é responsabilidade do Estado conseguir o pleno emprego, un sistema de seguridade social que cubra a totalidade da poboación, a xeneralización de servizos básicos de educación e sanidade para todos e a garantía dun nivel de vida digno incluso para os máis desfavorecidos.

Beneficios e Tipos de Gasto Social

O gasto social diríxese a tres tipos de destinatarios:

  • Os gastos por prestacións de carácter contributivo. Os seus beneficiarios son aqueles que contribuíron previamente coas súas cotizacións á Seguridade Social. Exemplos inclúen as pensións contributivas, as prestacións por desemprego ou por incapacidade laboral.
  • O segundo
...
Seguir lendo "O Estado de Benestar: Definición, Beneficios e Desafíos" »

Crac do 29: Causas e Consecuencias na Bolsa

Economía3,9 KB

O Crac do 29: Causas e Consecuencias

A seguinte imaxe é unha gráfica lineal na que se mostra a cotización na Bolsa de Nova York. No eixe X móstrase a evolución ao longo dos anos e no eixe Y móstrase o índice de cotizacións de valores. Nela podemos ver como a liña vai subindo ata o ano 1929. Isto débese ás dúas seguintes causas:

Superprodución

  • Sector agrario: Durante a Primeira Guerra Mundial, os Estados Unidos convértense no principal provedor de produtos agrícolas. Os produtores endéudanse para aumentar a produción. Ao rematar a guerra, a demanda baixa, pero, como teñen que pagar os créditos, seguen producindo o mesmo, a prezos máis baixos, pero ninguén lles compra.
  • Sector industrial: Durante os anos 20, a demanda de bens
...
Seguir lendo "Crac do 29: Causas e Consecuencias na Bolsa" »

Eficiencia Técnica e Económica na Producción

Economía4,54 KB

1. Que se entende por eficiencia técnica e económica?

Entendemos por eficiencia técnica cando obtemos a máxima produción cuns recursos dados. E entendemos por eficiencia económica cando obtemos a máxima produción co mínimo custo posible.

9. Que é a función de produción?

Unha vez elixida a técnica máis eficiente, hai que decidir que cantidade producir. Para responder a esta cuestión, as empresas estudan a súa función de produción, cuxo propósito é coñecer como varía a produción cando aumenta algún dos factores, mantendo constantes os demais.

En resumo, a función de produción é aquela que analiza o que ocorre coa cantidade producida cando incrementamos algún dos factores produtivos, mantendo constantes os demais factores.

...
Seguir lendo "Eficiencia Técnica e Económica na Producción" »

Análise do Mercado de Traballo: Produtividade e Salarios

Economía2,44 KB

Produtividade Marxinal do Traballo

A produtividade marxinal do traballo é o incremento que se obtén na produción como consecuencia da incorporación dun novo traballador.

Os Salarios e a Mellora da Produtividade

A produtividade do factor traballo depende non só do capital humano, senón tamén da calidade dos bens de produción dispoñibles e dos avances tecnolóxicos. Unha mellor formación dos traballadores, xunto coa mellora dos equipos produtivos e o progreso tecnolóxico, posibilitaron un enorme impulso da produtividade do traballo nos países desenvolvidos nas últimas décadas.

Que é o Capital Humano?

O capital humano refírese á formación e experiencia dunha persoa, empresa ou un país.

Imperfeccións do Mercado de Traballo

Nos mercados...

Seguir lendo "Análise do Mercado de Traballo: Produtividade e Salarios" »

O Mercado de Traballo: Compoñentes, Oferta e Demanda

Economía2,58 KB

O mercado de traballo e os seus compoñentes

Traballo: é a achega, tanto física coma intelectual, que realiza o ser humano para contribuír á produción de bens e servizos. O salario é a remuneración que reciben os traballadores pola súa achega á produción.

Quen é quen no mercado de traballo

Neste mercado, o papel das empresas e das economías domésticas é o inverso ao que teñen nos mercados de bens e servizos. No mercado de bens, ofértannos as empresas e demándannos as familias; no mercado de traballo, son as empresas as que demandan traballadores, e as familias as que ofrecen o seu traballo.

Debemos distinguir como se clasifica a poboación en función do seu acceso ao traballo:

  • Poboación de 16 ou máis anos: poboación total que
...
Seguir lendo "O Mercado de Traballo: Compoñentes, Oferta e Demanda" »

Guía Completa de Financiamento Empresarial en Galego

Economía3,71 KB

Guía Completa de Financiamento Empresarial

O financiamento é crucial para o desenvolvemento e a supervivencia de calquera empresa. Comprender as súas fontes e características é fundamental para unha xestión económica eficiente. A continuación, detallamos as principais formas de financiamento empresarial:

1. Fondos Propios

Os fondos propios son os recursos que non teñen que ser devoltos a ninguén, xa que son propiedade da empresa. Forman o patrimonio neto e inclúen:

  • O capital achegado polos socios á empresa.
  • O autofinanciamento ou recursos xerados pola propia empresa, como os beneficios que non se reparten entre os socios.

2. Fondos Alleos ou Débedas

Os fondos alleos son fondos prestados ás empresas por terceiros e que teñen que ser...

Seguir lendo "Guía Completa de Financiamento Empresarial en Galego" »

Sectores económicos e sistemas

Economía4,12 KB

Sectores económicos e sistemas: guía completa

Sector primario

Está formado polas actividades económicas relacionadas coa obtención de recursos naturais, agás a minería. Son as seguintes:

  • Agricultura
  • Gandaría
  • Silvicultura
  • Pesca

Sector secundario

Está formado polas actividades relacionadas coa transformación de materias primas en produtos manufacturados:

  • Minería
  • Actividades industriais
  • Produción de enerxía
  • Construción

Sector terciario ou de servizos

A diferenza dos dous sectores anteriores, non produce bens materiais, senón inmateriais (servizos). Por exemplo:

  • Comercio
  • Turismo
  • Transporte e comunicación
  • Banca e finanzas

Análise do grao de desenvolvemento

Canto maior sexa a porcentaxe de poboación activa adicada ao sector primario, menor será o...

Seguir lendo "Sectores económicos e sistemas" »

O Crack do 29: Antecedentes, Hechos e Consecuencias

Economía3,67 KB

A) Antecedentes

A economía norteamericana dos anos anteriores ao 29 caracterizábase polas ganancias xeradas por La Bolsa. A facilidade coa que se obtían beneficios en La Bolsa empuxou á xente a investir os seus aforros na compra de accións. Os bancos estimulaban concesións ilimitadas de créditos para a compra de accións. Os poucos que advertían dos riscos sobre o sistema foron etiquetados como agoreros.

B) Hechos

O 24/10/29 (xoves negro), La Bolsa de Nova York derrumbouse. Os prezos das accións caeron en picado. A Bolsa de NY Wall Street decidiu pechar. A situación volveu a repetirse, levando á quiebra a miles de investidores. O medo empuxou aos accionistas a retirar os seus fondos do banco, esgotando o diñeiro líquido.

C) Consecuencias

A...

Seguir lendo "O Crack do 29: Antecedentes, Hechos e Consecuencias" »

Guía Completa sobre Produtos Tecnolóxicos e Vendas

Economía5,9 KB

Produtos Tecnolóxicos

P. tecnolóxico: Deseñados para mellorar a vida e as necesidades dos seres humanos. Aplícanse un conxunto de tecnoloxías que conseguen mellorar as funcionalidades existentes de ditos bens ou servizos.

Clasificación

  • Bens: tanxibles
  • Servizos: Satisfacer algunha necesidade humana
  • Procesos: Aplicación tecnolóxica que mellora un proceso productivo
  • Existentes: Xa existían pero con tecnoloxía nova
  • Puros: sen tecnoloxía non poden existir

Analise ABC

  • Categoría A: unidades vendidas / +% de ingresos
  • Categoría B: +- unidades vendidas / +- % de ingresos
  • Categoría C: + unidades vendidas / - ingresos

Innovación Tecnolóxica

  • Segundo a súa aplicación: Innovación do produto / do proceso
  • Segundo a súa orixinalidade: Innovación radical
...
Seguir lendo "Guía Completa sobre Produtos Tecnolóxicos e Vendas" »