Consumo e Investimento na Economía: Indicadores e Factores Clave
O que non se gasta se aforra. O aumento do nivel de aforro derivado dun euro adicional de renda denomínase propensión marxinal a aforrar.
Importancia do consumo na evolución da economía
Case dúas terceiras partes do PIB destínanse ao consumo. Un aumento dun euro no gasto en consumo xera un incremento do PIB en máis de 0,6 euros. Por iso, a súa evolución é unha preocupación continua dos gobernos, xa que a súa variación pode producir desequilibrios na economía.
Indicadores para analizar a avaliación do consumo
Para analizar a avaliación do consumo, contamos cunha serie de indicadores:
- A enquisa continua de orzamentos familiares: recolle as expectativas do gasto das familias, así como o grao de optimismo ou pesimismo sobre o futuro.
- Matriculacións de automóbiles: é un indicador moi fiable sobre a evolución do consumo nun país.
- Vendas en grandes superficies: a evolución das vendas en hipermercados e grandes establecementos proporciónanos datos para medir o consumo.
- Outros indicadores: consumo de gasolina, enquisa de comercio polo miúdo, importación e exportación dos bens de consumo.
*Ver exercicios libreta.
O investimento económico
O investimento económico supón a adquisición de bens de produción, co fin de producir outros bens.
Tipos de investimento económico
Dentro dos investimentos económicos podemos distinguir entre:
- Investimento de substitución: cando se fai para substituír maquinaria e equipos desgastados.
- Investimento de renovación: busca substituír equipos que funcionan pero que quedaron desfasados ou obsoletos por outros mellores tecnoloxicamente.
- Investimento de extensión ou de ampliación: cando se adquiren novos equipos co obxecto de aumentar a produción.
Factores dos que depende a demanda de investimento
- Tipos de xuro: para investir necesítase financiamento. Se suben os tipos de xuro, resultarán máis caros os préstamos e, moitas empresas, non investirán. A comparación deses xuros coa rendibilidade que se espera conseguir do investimento é a clave da decisión.
- Capacidade realmente utilizada: se a empresa non utiliza toda a súa capacidade non hai razóns para investir.
- Confianza no futuro: as decisións de investimento son decisións de futuro que condicionan a vida da empresa durante varios anos. Un estado xeral de confianza no futuro anima ao investimento. Un estado de dúbida ou desconfianza provoca un ambiente pouco propicio para investir.