A Revolución Agrícola e o Capitalismo en Gran Bretaña
A Revolución Agrícola
Serie de innovacións na agricultura que fixeron posible un gran incremento na produción de alimentos e productividade agrícola en Gran Bretaña. As tres innovacións agrarias máis importantes foron:
O Sistema Norfolk
Que combinaba sementeira de cereais con plantas forraxeiras e permitiu suprimir o barbeito que esixía deixar unha parte do solo sen cultivar para recuperar a súa fertilidade. Se incrementou a cabana gandeira, cuxo esterco tamén mellorou a fertilidade da terra.
Novas Ferramentas, Cultivos e Fertilizantes
Permitiron aumentar e diversificar a produción de alimentos.
Cambios de Estrutura da Propiedade
Cercado e privatización nos campos abertos e comunais.
Liberalismo Económico
Os principios económicos do liberalismo foron elaborados por un conxunto de pensadores británicos que se coñece como a escola clásica (Adam Smith, John Stuart Mill, Thomas Malthus e David Ricardo).
Adam Smith
Defendía a supremacia do individuo fronte aos estamentos ou grupos organizados e consideraba que a procura do propio interese era o motor do desenvolvemento económico. Os intereses contrapostos equilibranse no mercado a través dunha "man invisible" que axusta a oferta e a demanda. É o libre xogo de ambas as dúas o que consegue un equilibrio óptimo. Deste xeito, o Estado debe absterse de calquera intervención na economía e debe eliminar os monopolios. Así, a visión de Adam Smith non descartaba a intervención pública en ámbitos como a educación para adultos pobres, a xustiza ou o exército.
Thomas Robert Malthus
Sinalou que o crecemento da poboación desequilibraría a súa relación cos recursos existentes, o cal habería de empeorar o nivel de vida da maioría das persoas.
Capitalismo
Configurouse como un sistema no que a terra, as fábricas e a maquinaria, e o que se produce con eles, son propiedade privada. Esta concéntrase só nunha parte da poboación, a burguesía ou capitalistas, mentres a maioría, os asalariados ou proletariado, non posúen máis que a súa capacidade para o traballo, que alugan a cambio dun salario. No mercado uns demandan emprego e outros ofrecen traballo, fixándose un salario en función da oferta e a demanda.
O capitalismo é un sistema de iniciativa libre non planificada que ten como obxectivo a procura do máximo beneficio individual. Os propietarios pretenden maximizar o beneficio obtido coa súa propiedade mentres que os asalariados perseguen un salario máis alto. Os desaxustes entre a oferta e a demanda provocan crises periódicas que se corrixen axustando os salarios ou a oferta. Desapareceron as crises de subsistencia, pero non as situacións de crise económica.