Sectores económicos e sistemas

Economía4,12 KB

Sectores económicos e sistemas: guía completa

Sector primario

Está formado polas actividades económicas relacionadas coa obtención de recursos naturais, agás a minería. Son as seguintes:

  • Agricultura
  • Gandaría
  • Silvicultura
  • Pesca

Sector secundario

Está formado polas actividades relacionadas coa transformación de materias primas en produtos manufacturados:

  • Minería
  • Actividades industriais
  • Produción de enerxía
  • Construción

Sector terciario ou de servizos

A diferenza dos dous sectores anteriores, non produce bens materiais, senón inmateriais (servizos). Por exemplo:

  • Comercio
  • Turismo
  • Transporte e comunicación
  • Banca e finanzas

Análise do grao de desenvolvemento

Canto maior sexa a porcentaxe de poboación activa adicada ao sector primario, menor será o grao de desenvolvemento económico.

Axentes económicos

  • Familias: Satisfán as súas necesidades consumindo os bens ou servizos que producen as empresas e o Estado, para quen traballan como man de obra.
  • Empresas: Contratan man de obra para producir bens e servizos cos que satisfán ás familias e ao Estado. Fináncianse mediante os gastos do Estado e das familias.
  • Administracións públicas: Producen e distribúen bens e servizos á comunidade e fináncianse cos impostos pagados ao Estado.

Definicións

  • Fontes de enerxía: Son todos os recursos e materias primas que o ser humano necesita para obter enerxía primaria.
  • Recursos naturais: Materias primas que nos ofrece a natureza e que se utilizan para consumir ou fabricar produtos. Necesítanse para facer funcionar unha máquina ou un medio de transporte.
  • Capital físico: Son as materias primas, instalacións, ferramentas, maquinaria, etc.
  • Capital humano: Capacidade de traballo que ofrecen os traballadores.
  • Capital financeiro: É o diñeiro necesario para adquirir o capital físico e retribuír o capital humano.

Sistema económico baseado na tradición

Exemplos:

  1. Inuits
  2. Ianomamis
  3. Masai
  4. Renn de Malaisia
  • Baséanse nas crenzas, costumes e leis.
  • A prioridade era a preservación da comunidade, antes que os bens individuais e o crecemento económico.
  • Autoconsumo e subsistencia.
  • Adquiren moi poucos bens e consomen o que producen.
  • Xeran moi poucos excedentes.

Sistema económico capitalista e libre mercado

  • Réxese pola lei da oferta e a demanda.
  • Libre competencia entre empresas que, teoricamente, provocan un rápido progreso económico.
  • Predominan as empresas privadas.

Desvantaxes

  • Grandes desigualdades económicas e sociais entre os cidadáns.
  • Alternancia de períodos de crecemento económico con outros de crise, causados normalmente pola superprodución, que leva á diminución da produción, á guerra de empresas e ao aumento do desemprego.

Sistema económico autorizado

  • Dirixido polas autoridades do Estado: deciden que producir, canto producir, a que prezo vender eses produtos, etc. Este sistema NON funciona seguindo a lei da oferta e a demanda.
  • Predominan as empresas públicas, non as privadas.

Vantaxes

Sociedades moito máis igualitarias cás do mundo capitalista (non hai grandes desigualdades económicas entre os seus cidadáns).

Desvantaxes

Aínda que son sociedades máis igualitarias, a capacidade de compra global é moito máis reducida cá do mundo capitalista.

Sistema de economía mixta

Réxese basicamente pola lei da oferta e a demanda, pero o Estado tamén intervén nesta economía co obxectivo de axudar ás clases máis desfavorecidas, garantindo que toda a poboación poida acceder a servizos sociais básicos como a sanidade ou a educación.

Descargar

PDF Word HTML