Crac do 29: Causas e Consecuencias na Bolsa

Economía3,9 KB

O Crac do 29: Causas e Consecuencias

A seguinte imaxe é unha gráfica lineal na que se mostra a cotización na Bolsa de Nova York. No eixe X móstrase a evolución ao longo dos anos e no eixe Y móstrase o índice de cotizacións de valores. Nela podemos ver como a liña vai subindo ata o ano 1929. Isto débese ás dúas seguintes causas:

Superprodución

  • Sector agrario: Durante a Primeira Guerra Mundial, os Estados Unidos convértense no principal provedor de produtos agrícolas. Os produtores endéudanse para aumentar a produción. Ao rematar a guerra, a demanda baixa, pero, como teñen que pagar os créditos, seguen producindo o mesmo, a prezos máis baixos, pero ninguén lles compra.
  • Sector industrial: Durante os anos 20, a demanda de bens de consumo é alta. Cando a maioría da poboación xa dispón destes bens, a demanda baixa, pero a produción non. A industria está estancada. Baixan os prezos e introdúcese a venda a prazos, pero as vendas seguen sen aumentar.

Especulación bolsista

A xente confía na economía e todos empezan a mercar accións na bolsa. Para mercar máis, porque se estaban a facer ricos, piden créditos poñendo de aval o soldo, a casa, etc.

Por toda a produción e investimento en bolsa anterior, a gráfica ascende ata niveis próximos aos 220. Pero logo vén un descenso ata o 140 debido a que comezan os primeiros problemas da bolsa. O 24 de outubro do 29, 13 millóns de accións ponse en venda, intuíndo un problema. Os bancos, para que a economía non caia, mércanas. Esta compra dos bancos é a culpable dese pequeno ascenso da liña na gráfica. Aínda que dura pouco, pois o martes negro, o 29 de outubro, xa volve descender a liña. Este día foi o grande estalido da bolsa. 33 millóns de accións ponse en venda. O primeiro que creba é a bolsa, e logo vén a crise bancaria. A xente queda pobre e baixa a demanda, isto provoca a crise industrial, pechan 10 mil empresas. Ata 1939 non se recuperan os niveis de produción de 1929. O crac da bolsa esténdese polo mundo, créase así a Gran Depresión. Os Estados Unidos, para intentar recuperar algo do que tiñan, quítanlle a Alemaña todo o que lle deixaran. Na Gran Depresión fréanse as exportacións e importacións, os países que traballan a materia prima perden moito pois baixa o seu valor, baixa a demanda e o comercio de todo o mundo. Nas seguintes eleccións soben ditadores, fascistas... Keynes propón subir os salarios para que a xente consuma e aforre, tamén di que hai que investir en obras públicas, pero soben os impostos. Consecuencias destas medidas: aumenta o poder adquisitivo, aumenta a demanda, aumenta a produción, aumentan os beneficios das empresas e reactívase a economía. Keynes acaba co capitalismo clásico. Os capitalistas táchano de socialista e intervencionista. Para solucionar esta crise hai dous métodos:

Solución tradicional (non keynesiana)

A solución tradicional era que nunha crise baixasen os soldos. O estado non intervén. Baixan os prezos e páranse as exportacións e importacións. Esta política levada ao extremo chámase autarquía.

New Deal

En 1933 hai eleccións. Antes Hoover e agora Roosevelt. Este contrata a Keynes e a economía mellora. Medidas:

  • Fin do capitalismo clásico.
  • Axuda a banqueiros para que poidan dar créditos.
  • Devalúan a moeda e máis xente compra.
  • Emprenden obras públicas e contratan 7 millóns de parados.
  • Comeza o estado de benestar e dan o paro.
  • Para os campesiños pobres fixan prezos mínimos, o que non venden cómpra o estado e premia a quen reduce a produción.
  • Dá a capacidade aos sindicatos de negociar co presidente e as empresas teñen convenios colectivos que regulan as condicións de traballo.

En 1937 a economía mellora e en 1939 alcánzase unha produción similar á de 1929.

Descargar

PDF Word HTML