Eficiencia Técnica e Económica na Producción

Economía4,54 KB

1. Que se entende por eficiencia técnica e económica?

Entendemos por eficiencia técnica cando obtemos a máxima produción cuns recursos dados. E entendemos por eficiencia económica cando obtemos a máxima produción co mínimo custo posible.

9. Que é a función de produción?

Unha vez elixida a técnica máis eficiente, hai que decidir que cantidade producir. Para responder a esta cuestión, as empresas estudan a súa función de produción, cuxo propósito é coñecer como varía a produción cando aumenta algún dos factores, mantendo constantes os demais.

En resumo, a función de produción é aquela que analiza o que ocorre coa cantidade producida cando incrementamos algún dos factores produtivos, mantendo constantes os demais factores.

10. Dada a seguinte función de produción, calcula:

Cantidade de traballo (operarios ao día)

0

1

2

3

4

5

6

Produción total (nº de unidades diarias)

0

10

36

54

62

68

69

Productividade media do traballo

0

10

18

18

15.5

13.6

11.5

Productividade marxinal

0

10

26

18

8

6

1

a) A produtividade media do traballo. (FEITO NO CADRO)

b) A produtividade marxinal (FEITO NO CADRO)

c) Determina o número óptimo de traballadores. Xustifica a túa resposta.

Onde se acada a produtividade máxima por traballador é cando PMe = (óptimo técnico). Polo tanto, no noso exemplo, o número óptimo de traballadores estará entre 2 e 3, xa que é para ese número de traballadores onde a PMe é maior.

Representa graficamente a función de produción. Por que ten esa forma?

A función de produción ten esa forma pola lei de rendementos decrecentes, xa que, segundo este principio, o PM do factor traballo (ou de calquera outro factor) comeza a diminuír a partir dun determinado punto a medida que se utiliza unha maior cantidade del, se se manteñen constantes os demais factores.

15. Unha empresa que fabrica televisores de plasma

soporta uns custos fixos de 50.000 euros e un custo variable unitario de 750 euros. O prezo de venda de cada televisor é de 1.000 euros. Pídese:

FEITO NA CLASE

a. Determinar o punto morto e interpretar o significado do resultado obtido.

b. Representar graficamente a situación anterior.

c. Se a empresa se vise obrigada a reducir o prezo dos televisores un 20% debido á competencia, ¿como se vería afectado o seu limiar de rendibilidade? Razoa a resposta.

Punto morto = CF / (p - CVu) = 50.000 / (1.000 - 750) = 200 unidades. Para unha produción de 200 unidades, o beneficio da empresa sería cero. Esta cantidade refírese ao punto morto.

Se a empresa se vise afectada a baixar o prezo de venda un 20%, teríamos un novo prezo de venda = 1.000 - 20%(1.000) = 800€.

Nese caso, o novo punto morto ou limiar de rendibilidade sería:

Punto morto = CF / (p - CVu) = 50.000 / (800 - 750) = 50.000 / 50 = 1.000 unidades. Tería que fabricar a empresa para chegar ao punto morto, onde o beneficio da empresa é cero. É dicir, debido á competencia, esta empresa verase obrigada a producir moitas máis unidades de televisores para chegar ao punto morto, é dicir, para chegar a beneficios = 0. Neste caso, a competencia fai que a empresa teña que producir máis cantidade de televisores para poder ter beneficios.

Descargar

PDF Word HTML