Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Ciencias sociais

Sociedades Urbanas e Clase Obreira: Condicións Laborais no S. XIX

Ciencias sociais2,31 KB

Sociedades Urbanas

Tipo de sociedade con éxodo rural en zonas desenvoltas e industrializadas. Dábanse en lugares economicamente activos de R.U., Holanda, Francia, Alemaña e norte de Italia. Predominaban os tres grupos de sociedade de clases: burguesía industrial, clases medias e a maioría de proletariado asalariado.

Formación da Clase Obreira

A introdución da máquina é a orixe disto (C.O.). Dentro do proletariado existía xente con diversas orixes: uns viñan do campesiñado, sen ser xa necesarios debido ás novas máquinas ou á perda de terras; outros eran empregados do sistema de traballo a domicilio, e os restantes eran artesáns dos gremios que pecharan. As máquinas prescinden de pericia e abaratan a man de obra contratada, o que...

Seguir lendo "Sociedades Urbanas e Clase Obreira: Condicións Laborais no S. XIX" »

Revolución Industrial: orixes, desenvolvemento e efectos

Ciencias sociais4,66 KB

Orixes da Revolución Industrial

A sociedade do Antigo Réxime estaba estancada a nivel económico, alimentario e demográfico. A agricultura era de subsistencia e a industria artesanal. A poboación carecía de capacidade de compra, transporte lento e había aduanas interiores para o comercio. A metade do século XVIII en Lancashire (Reino Unido), iniciouse o proceso de concentración industrial, creando fábricas e desenvolvendo industrias básicas (têxtil, siderúrxica) en poucas décadas. Este desenvolvemento precisou transformacións na economía e na sociedade (poboación agrícola, produción de manufacturas, banca, comercio e transporte), iniciando o proceso en Reino Unido, expandíndose a outros países e ás colonias, creando un mercado...

Seguir lendo "Revolución Industrial: orixes, desenvolvemento e efectos" »

O Estado: Definición, Tipos e Funcións

Ciencias sociais2,7 KB

O Estado

O Estado é a unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e a cuxa autoridade se someten todos os seus habitantes. Está formado por:

  1. O territorio (delimitado por unhas fronteiras).
  2. A poboación (conxunto de cidadáns que teñen dereitos e obrigas).
  3. O poder do Estado (conxunto de leis e institucións):
    • Policía: manter a orde pública.
    • Exército: defender das agresións.
    • Funcionarios: política.
    • Corpo diplomático: relacións internacionais.

A Constitución

Unha Constitución é a lei máxima onde están reflectidos os dereitos e deberes dos cidadáns.

Por que é Galicia unha nación?

Porque ten un idioma e unha cultura propia.

A Diversidade dos Estados

O mundo ten 200 estados que se diferencian entre si. Uns son vellos e

...

Seguir lendo "O Estado: Definición, Tipos e Funcións" »

O contexto político e institucional da Revolución Industrial

Ciencias sociais2,69 KB

R.INDUSTRIAL: Factores que favoreceron o arranque

O contexto político e institucional de R.U era a 1ª potencia marítima e comercial do mundo desde o século 17. O país favoreceu a liberdade comercial e afastouse do sistema de monopolios doutros países, o que permitiu que a economía alcanzase gran dinamismo.

Industria Pioneira

A finais do século 18 produciuse un cambio económico: apareceron as primeiras fábricas, o que supuxo o nacemento da industria moderna. A forza humana foi reemplazada por máquinas. Na Ind.Textil.Algod, grazas ao desenvolvemento da máquina de fiar e outros instrumentos de traballo, mellorou a produción, o que fixo que fose de máis calidade e máis barato. Na Ind.Siderúrxica, a introdución de fornos de carbón...

Seguir lendo "O contexto político e institucional da Revolución Industrial" »

O Estado: definición, funcións e tipos

Ciencias sociais2,42 KB

O Estado é a unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e á súa autoridade están sometidos todos os seus habitantes. As leis, as institucións, os símbolos e o conxunto de cidadáns.

Funcións principais do Estado

Establece relacións internacionais, garante seguridade nacional, regula a economía e as relacións laborais, proporciona servizos básicos.

Tipos de Estado

Estado benestar: só existe nos países desenvolvidos e é mais forte en Europa que en outros continentes. Co diñeiro dos impostos proporciona os servizos mais básicos aos cidadáns como a sanidade gratuíta e a ensinanza.

Estado frustrado: son os estados que presentan un baleiro poder que lles impide defender os cidadáns e non pode garantir uns servizos...

Seguir lendo "O Estado: definición, funcións e tipos" »

Modernización económica en España durante o s.XIX e XX

Ciencias sociais1,31 KB

Introdución

Durante o s.XIX e as primeiras décadas do XX, España experimentou un período de modernización, no que se levaron a cabo modificacións económicas, xurídicas, demográficas e sociais, baixo o liberalismo político e económico.

Núcleo

Debido á orografía e ás trabas legais, España dividíase en moitos mercados rexionais, que impedían o crecemento económico. A lexislación liberal e o impulso das vías de transporte pretendían crear un mercado integrado que actuara como referente da modernización das estructuras económicas.

Políticas comerciais

Fronte á política de liberdade total do mercado interior, as políticas comerciais van a oscilar entre librecambismo e proteccionismo, con diferentes enfoques e consecuencias....

Seguir lendo "Modernización económica en España durante o s.XIX e XX" »

Conceptos Fundamentais de Ciencias Sociais: Democracia, Estado e ONU

Ciencias sociais3,23 KB

Democracia

A democracia é o goberno do pobo. As decisións dos gobernos deben ser acatadas polos cidadáns, e estes deben tomar parte nas decisións. Debe ter tres características fundamentais:

A participación dos cidadáns

  • Todos os cidadáns maiores de idade deben poder votar.
  • Deben poder presentarse ás eleccións todas as persoas e partidos.
  • Todos eles poden expor o seu programa libremente.
  • As eleccións deben celebrarse periodicamente.
  • Debe garantir a limpeza dos resultados.

A separación de poderes

  • Parlamento (poder lexislativo): Aprobar leis e controlar as accións do goberno.
  • Goberno (poder executivo): Aplicar as leis e administrar o país.
  • Xuíces (poder xudicial): Velar polo cumprimento das leis.

O Estado de Dereito

As leis deben ser respectadas

...

Seguir lendo "Conceptos Fundamentais de Ciencias Sociais: Democracia, Estado e ONU" »

Constitucionalización e Internacionalización Laboral: Análise

Ciencias sociais4,02 KB

4. Do tema 6, «A constitucionalización e a internacionalización das relacións laborais»

Os temas obreiros non só chamaron a atención do lexislador ordinario, senón que tamén acabaron chamando a atención do lexislador extraordinario, mediante a plasmación de tales temas en textos constitucionais e internacionais.

No Estado Español, este fenómeno da constitucionalización e internacionalización da regulación das relacións laborais é propio do século XX, rexistrando unha cronoloxía peculiar marcada por tres grandes fitos, que son o noso ingreso na Organización Internacional do Traballo en 1919, que abre o proceso de internacionalización do Dereito español do Traballo; a promulgación da Constitución da II República de 1931,...

Seguir lendo "Constitucionalización e Internacionalización Laboral: Análise" »

A Democracia: Raíces, Modelos e Evolución Histórica

Ciencias sociais2,23 KB

A DEMOCRACIA E AS SÚAS RAÍCES: demos (pobo) e kratos (goberno)

A raíz grega: No século V a.C. Atenas tiña democracia. Os cidadáns (homes maiores de 30 anos) reuníanse na asemblea para decidir os asuntos públicos.

A raíz republicana: A participación do pobo desapareceu coa polis grega. Naceu o concepto de república, que significa que os gobernantes buscan o ben común e obteñen o dereito a gobernar co consentimento do pobo.

As raíces liberais: As primeiras democracias modernas xorden no século XIX en relación co constitucionalismo, caracterizado pola proclamación de dereitos individuais, separación de poderes e o principio da representación. A democracia baséase na idea da igualdade política.


Modelos de Democracia

A democracia...

Seguir lendo "A Democracia: Raíces, Modelos e Evolución Histórica" »

Formas de Estado e Organización Política

Ciencias sociais3,52 KB

Formas de Estado e Xefatura: Monarquías e Repúblicas

As monarquías son os estados nos que o xefe do Estado é un rei, que posúe o cargo por dereito de nacemento e o transmite aos seus fillos.

Nas repúblicas, o xefe do Estado é un presidente. Nas repúblicas democráticas é elixido polos cidadáns, mentres que noutras é elixido polos grupos que controlan o poder.

A Organización Territorial do Estado

Estruturas Territoriais Comúns

A organización territorial varía segundo o país. Por exemplo:

  • En España: municipios, provincias e comunidades autónomas.
  • En Francia: departamentos.
  • En Suíza: cantóns.

Institucións Estatais e Locais

As institucións pódense clasificar segundo o seu ámbito de poder:

  • Institucións estatais: Aquelas que teñen
...
Seguir lendo "Formas de Estado e Organización Política" »