Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Ciencias sociais

O Estado: Conceptos, Funcións e Formas de Goberno

Ciencias sociais3,97 KB

O Estado: Definición e Autoridade

O Estado é a unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e todos os seus habitantes están sometidos á súa autoridade.

O Territorio

O territorio está delimitado por fronteiras que o diferencian dos demais Estados.

A Poboación

A poboación que vive nun territorio constitúe os cidadáns dese Estado. Os cidadáns teñen dereitos recoñecidos que o Estado debe respectar, pero tamén teñen obrigas.

O Poder do Estado

Para regular o territorio e a poboación, o Estado dita un conxunto de leis que deben ser obedecidas. Ademais, tamén ten institucións como a policía ou o exército.

A Diversidade de Estados

O mundo está formado por uns 200 Estados. A súa diversidade maniféstase en varios aspectos:...

Seguir lendo "O Estado: Conceptos, Funcións e Formas de Goberno" »

Glosario Galego: Termos de Cultura, Administración e Dialectos

Ciencias sociais5,26 KB

Glosario de Termos Galegos: Cultura, Administración e Lingüística

Vocabulario de Tradicións, Festas e Relixión

Manteigada
Bola feita de manteiga e outros ingredientes.
Cruceiro
Cruz monumental de pedra nas encrucilladas.
Romeiro
Persoa que vai en romaría.
Sanandrés
Figuriñas de pan pintadas con cores (típicas da romaría de Santo André de Teixido).
Senteira
Persoa que vende imaxes de santos.
Rosquillas
Doce redondeado cun burato.
Devoto
Que sente admiración por algo ou alguén.
Candea
Peza de cera cunha mecha no interior.
Exvoto
Obxecto (xeralmente de cera) colocado nun santuario en cumprimento dun voto.
Santuario
Templo onde se venera un santo que é o centro de peregrinación.

Terminoloxía de Gandería e Cabalos

Garañón
Cabalo líder.
Crina
Pelo do cabalo.
...
Seguir lendo "Glosario Galego: Termos de Cultura, Administración e Dialectos" »

O Estado: Concepto, Tipos, Funcións e Estrutura Organizativa

Ciencias sociais3,34 KB

O Estado: Concepto, Tipos e Funcións Esenciais

Definición e Características do Estado

O Estado é un conxunto de institucións creadas para organizar a vida e a actividade das persoas que viven nun mesmo territorio e que están gobernadas polas mesmas leis baixo un mesmo poder.

O Estado caracterízase pola súa soberanía, exercida de forma democrática ou non democrática.

Formas de Soberanía Estatal

Formas Democráticas
  • Monarquía Parlamentaria
  • República Parlamentaria
  • Estados Liberais
  • Estados Sociais
  • Estados Centralistas
  • Estados Descentralizados
Formas Non Democráticas
  • Monarquía Absoluta
  • Ditadura

Transformación do Estado e Globalización

Actualmente, o Estado está transformado pola globalización económica e a rexionalización, que crean un sistema...

Seguir lendo "O Estado: Concepto, Tipos, Funcións e Estrutura Organizativa" »

Economía e Sociedade na Monarquía Hispánica: Séculos XVI e XVII

Ciencias sociais3,42 KB

Economía e Sociedade na Monarquía Hispánica (Séculos XVI-XVII)

Século XVI: Expansión e Contradicións

A demografía e a poboación aumentan moi pouco. Aproximadamente o 75% da poboación residía en Castela, incluíndo Portugal, que formaba parte da Coroa Española nese momento. A poboación era escasa en xeral.

Agricultura e Gandería

Houbo unha expansión das terras de cultivo, xa que se ampliaron as áreas dispoñibles. Tálanse bosques que servían para a construción de barcos, debido a dúas razóns principais:

  • Necesidades da Armada.
  • Ampliación das terras agrícolas.

A gandería tamén experimentou un notable aumento, chegando a uns 2,5 millóns de cabezas de gando.

Artesanía e Comercio Americano

A artesanía aumentou pola demanda americana,...

Seguir lendo "Economía e Sociedade na Monarquía Hispánica: Séculos XVI e XVII" »